Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

AVES RARAS: O KAKAPO

AVES RARAS: O KAKAPO

O kakapo de Nova Zelanda / Shane McINnes

 

O Kakapo  (Strigops habroptilus) de Nova Zelandia, tamén chamado loro curuxa polo seu curioso aspecto facial, é o loro máis pesado do mundo. Grande e rexo, adoita gañar entre o 60% e o 100% do seu peso corporal cando chega a tempada de cría. A diferenza dos loros típicos, que son rechamantes, alegres e voan, o Kakapo é solitario e non voa, debido a que evolucionou en ausencia de mamíferos depredadores. Hai anos, a especie estaba estendida e era común en todo o país, pero “a caza, a introdución de mamíferos depredadores, a queima xeneralizada de bosques e a degradación do hábitat polos herbívoros introducidos causaron unha caída catastrófica dos seus números”, explican dende o programa EDGE . Os esforzos dedicados á súa conservación favoreceron o aumento da poboación a uns escasos 125 exemplares.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN MORCEGO PESCADOR

UN MORCEGO PESCADOR

O morcego patudo para alimentarse introduce as súas patas na auga e arrástraas ata dar coa súa presa / imaxe: A. ALBERDI

Ten un tamaño moi pequeno, non pesa máis de 10 gramos, pero as súas longas patas outorgáronlle o nome de “morcego patudo” (Myotis capaccinii). Para alimentarse introduce as súas longas extremidades na auga e arrástraas ata dar coa súa presa. Deste xeito non só caza insectos suspendidos na superficie, senón tamén pequenos peixes.

Ata agora, os científicos pensaban que o facían de forma esporádica durante o período estival. Grazas ás gravacións do morcego cazando durante a noite tomadas polo equipo de Ecoloxía e Evolución do Comportamento da Universidade do País Vasco, os biólogos demostraron que esta técnica de arrastre, denominada «trawling», utilízana para atrapar peixes durante todo o ano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia 

UN ANEL DE DIAMANTES NO ESPAZO

UN ANEL DE DIAMANTES NO ESPAZO

A nebulosa Abell 33 e a estrela HD 83535 forman un "anel de diamantes" no espazo / Imaxe: VLT/ESO 

Parece un anel de diamantes no espazo, unha xoia cósmica, pero en realidade trátase da nebulosa Abell 33, que forma unha ilusión óptica xunto a unha estrela no espazo. Esta espectacular imaxe, que recorda a unha sortella cun diamante engarzado, captouse coa axuda dun dos telescopios máis grandes do mundo situado en Chile, o Telescopio VLT (Very Large Telescope) do Observatorio Europeo Austral.

De feito, a capacidade que ten este telescopio para obter imaxes de obxectos celestes afastados axudou a capturar esta «reliquia estelar situada» a uns 2.500 anos luz da Terra.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

NON É O QUE PARECE: LITHOPS

NON É O QUE PARECE: LITHOPS

A arte da imitación está moi lograda nestas plantas de África, que se confunden coas pedras / WIKIPEDIA

Miradas dende lonxe, custa distinguir a estas plantas das pedras que as rodean. O seu nome xenérico reflicte esa dificultade: Lithops. ("lithos", pedra, e "ops", forma). Comunmente coñéceselles como pedras vivas ou pedras flor. Poden encontrarse en floristerias como ornamentais, porque o seu cultivo é doado. Son plantas esA arte da imitación está moi lograda nestas plantas de África, que se confunden coas pedraspecializadas para almacenar auga, e provén de África.

Foron descritas en 1815, no "Catalogus geographicus", polo botánico inglés John William Burchell. Son case idénticas ás pedras do lugar onde viven. Con esta camuflaxe evitan que os animais as coman. Cuestión da súa supervivencia!

FONTE: Xornal abc/ciencia

NON É O QUE PARECE: IMPATIENS PSITTACINA

NON É O QUE PARECE: IMPATIENS PSITTACINA

Esta flor chamou a atención do botánico que a describiu polo seu aspecto  de cacatúa voando 

Impatiens psittacina ten unha curiosa forma cando se mira de perfil. Pertence á familia Balsaminaceae e precisamente foi o seu aspecto o que atraeu a atención do botánico que a describiu, Joseph Dalton Hooker, ao que lle pareceu unha "cacatúa en voo". Encóntrase en Thailandia, Birmania e a India. Hai quen se pregunta en internet se é unha montaxe de photoshop. Só hai que captala no ángulo axeitado.

Outra curiosidade: o nome do xénero, Impatiens (impaciente), fai referencia a que as vaíñas explotan ao tocalas cando as sementes están maduras no seu interior.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

NON É O QUE PARECE: CALEANA MAJOR

NON É O QUE PARECE: CALEANA MAJOR

Un parrulo ou unha flor? As orquídeas son expertas en imitar formas de animais / MacChristiansen

Parece un parrulo que acaba de comezar o voo, pero en realidade é unha orquídea que medra en Australia. Popularmente coñéceselle como parrulo voador, aínda que o seu nome científico é Caleana major. Mide apenas dous centímetros e aparece en ramalletes de 3 ou 4 sobre o mesmo talo. Poliniza a unha avespa, que intenta aparearse coa flor. Esta pseudocópula só beneficia á planta, que logra que o seu pole quede adherido ao insecto. Cando a avespa voa en busca doutra parella, fai de celestina e deixa o seu pole na seguinte planta.

FONTE: Xornal abc/ciencia

NON É O QUE PARECE: PERISTERIA ELATA

NON É O QUE PARECE: PERISTERIA ELATA

No interior desta flor escóndese unha pomba

Orixinaria de Ecuador, Colombia e Panamá, esta planta, da familia das orquídeas, denominada Peristeria elata, está en perigo de extinción. Coñécese tamén como flor do Espíritud Santo, pola forma do seu o seu labelo que parece unha pomba. O seu olor parécese moito ao da cervexa. O seu aspecto atractivo faina vulnerable.

FONTE:Xornal abc/ciencia

NON É O QUE PARECE: DRÁCULA SAULII

NON É O QUE PARECE: DRÁCULA SAULII

 

Drácula saulii é unha especie de orquídea epífita de crecemento cespitoso que está estreitamente relacionado co xénero Masdevallia. É unha flor do máis peculiar.

De descubrimento recente, 2006, provén de Perú, tamén na cordilleira dos Andes. Pódense cultivar e parecen caras de mono colgando dunha maceta.

FONTE: Xornal abc/ciencia