Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

QUENLLA FOCIÑUDA

 

A quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni), está considerada como un fósil vivinte. A curiosidade deste lamelibranquio é o fociño longo e plano que lembra a folla dunha espada. As mandíbulas pódense proxectar (tal como podedes observar no vídeo) ata o remate do fociño. Ten de 35 a 53 dentes superiores e de 31 a 62 inferiores.

Realmente espectacular!

KINGDOM TOWER: A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO

KINGDOM TOWER: A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO

Imaxe do rañaceos Kingdom Tower na cidade de Jeddah, Arabia Saudí / AS+ GG

Kingdom Tower, o que será o edificio máis alto do mundo iniciou a súa fase de construción. O 27 de abril empezouse a traballar sobre chan, na cidade de Jeddah (Arabia Saudí), tras varios meses de probas e traballos de preparación. A obra, dirixida polo arquitecto estadounidense  Adrian Smith, está prevista que finalice no 2018, aínda que a data exacta dependerá da evolución do proxecto.

A torre, cuxo prezo estimado é de case 900 millóns de euros, superará o record do edificio máis alto do mundo ao alcanzar os 1.000 metros de altura. Actualmente, ostenta esta posición o rañaceos  Burj Khalifa (Dubái), con 827 metros.

O rañaceos, de máis de 500.000 metros cadrados, contará con 107 pisos que darán cabida a oficinas, apartamentos residenciais e un hotel. O edificio contará con 59 ascensores e 12 escaleiras mecánicas. Ademais, dispoñerá dun observatorio para poder divisar as espectaculares vistas cara ao Mar Vermello, así como dunha terraza no ceo.

FONTE: Xornal El Mundo/Arquitectura

AVES RARAS: O CÓNDOR DE CALIFORNIA

AVES RARAS: O CÓNDOR DE CALIFORNIA

O Cóndor de California / Zoo de San Diego

O cóndor de California (Gymnogyps californianus) formou parte da mitoloxía dos nativos americanos. Algunhas tribos crían que era capaz de matar seres humanos e beber o seu sangue, mentres que outras pensaban que, de cando en vez, comía a Lúa, o que daba explicación aos ciclos lunares. Outros grupos matábanos de forma ritual para facer traxes cerimoniais coas súas plumas.

Pero non foi iso o que acabou co cóndor (en 1981 a súa poboación reducíase a só 21 aves), senón a caza, a intoxicación por perdigóns e a perda de terras silvestres que sufriu durante o século pasado. Os conservacionistas realizan grandes esforzos para salvar esta ave da extinción con intentos de reprodución e cría en catividade, pero é unha tarefa difícil.
 

FONTE: Xornal abc/ciencia

"SELFIE" DO CURIOSITY EN MARTE

 

 

Xa estamos afeitos a que o rover Curiosity da NASA, que roda por Marte en busca de sinais de vida, entre outros obxectivos, se fotografe a si mesmo ante a vermella paisaxe marciana. Ninguén escapa á tentación das autofotos, nin sequera fóra da Terra, pero o que fixeron os responsables de 360cities.net é darlle outras “dimensións” ao autorretrato. O novo «selfie» do robot explorador pode contemplarse en 360º, un traballo impresionante que permite botar unha ollada panorámico ao que o rodea, dende o chan ao ceo enteiro, e ampliar a imaxe para distinguir ata as moutas de po sobre o xenial artefacto rodante.

O mosaico, composto por imaxes tomadas pola cámara MAHLI no extremo do brazo robótico do Curiosity o 27 de abril de 2014, mostra ao rover sobre Windjana, un afloramento de pedra pedra de gra no monte Remarkable e un lugar onde podería volver escavar.

Os movementos e rotacións da torre no brazo robótico permiten a MAHLI adquirir as diferentes imaxes que compoñen o mosaico, nada menos que 138 nunha anchura de 30.000 pixeis.

É como estar alí mesmo!

FONTE: Xornal abc/ciencioa

AVES RARAS: AGUIA FILIPINA

AVES RARAS: AGUIA FILIPINA

Aguia filipina / Imaxe: Alain Pascua

É unha das rapazas máis grandes e poderosas do mundo. Os nativos crían que a impresionante aguia filipina ( Pithecophaga jefferyi ) alimentábase só de monos, pero estudos máis recentes revelaron que a especie captura unha gran variedade de animais, dende roedores e morcegos a porcos e lagartos monitor. Endémica das Filipinas, leva en perigo de extinción os últimos 40 anos. O país nomeouna ave nacional, o que aumentou a súa protección.

FONTE: Xornal abc/ciencia

AVES RARAS: O KAGU

AVES RARAS: O KAGU

O kagu, coa súa fermosa plumaxe cincenta / Roger Le Guen

 

O kagu (Rhynochetos jubatus) é unha ave non voadora de incrible aspecto debido á súa sorprendente plumaxe branca cincenta, o que lle valeu o nome do "fantasma da selva". O único representante de toda unha familia taxonómica, ten unha gran crista, patas longas e unha "chamada" peculiar, que se pode escoitar a máis dunha milla de distancia. É endémica de  Grand Terre, a illa máis grande de Nova Caledonia. Encóntrase en perigo pola perda do seu hábitat natural e a depredación de cans domésticos, gatos e porcos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

NON É O QUE PARECE: ORQUÍDEA "ABELLA"

NON É O QUE PARECE: ORQUÍDEA "ABELLA"

A avespa da imaxe confunde á orquídea "abella" cunha femia da súa especie / NATURAMEDITERRANEO

A esta orquídea coñécese popularmente como orquídea "abella" polo seu aspecto. O seu nome científico é Ophrys speculum. En realidade aparenta ser a femia dunha especie de avespa denominada Campsoscolia ciliata.

O labelo inferior da flor ten un aspecto moi parecido en tamaño, forma e peluxe á femia da avespa. Os machos confúndense con moita frecuencia e van de flor en flor en busca dunha parella de verdade. A incauta avespa en cada viaxe transporta o pole a outra planta. Esta é unha estratexia frecuente no xénero Ophrys. A orquídea, mendiante este mimetismo tan perfecto, logra aproveitarse dos insectos que as polinizan sen ofrecelos nada a cambio, como néctar ou aceites.

Esta planta florece de xaneiro a maio e pódese atopar en toda a Península e Baleares.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

UN RAIO VERDE SAE DA LÚA DE SANGUE

UN RAIO VERDE SAE DA LÚA DE SANGUE

Un raio verde sae da lúa de sangue, nesta espectacular imaxe difundida pola NASA / Dan Long 

A fotografía que observan sobre estas liñas non foi recreada con efectos especiais. É real, non hai trampa nin cartón, e ten unha explicación. Tanto o feixe de luz verde coma o disco lunar de cor vermella son auténticos, e foron capturados durante a madrugada do 15 de abril e a NASA deuna a coñecer.

A lúa vermella é doada de explicar, xa que a imaxe foi tomada durante a eclipse total de lúa que tanto chamou a atención a pasada semana. Inmersa na sombra, a Lúa eclipsada reflicte a luz arrubiar atenuada por todos os atardeceres e amañeceres da Terra. E o feixe de luz verde é... un láser. Disparado dende o telescopio de 3,5 metros do Observatorio Apache Point no sur de Novo México (EUA), utilízase para medir a distancia da Terra á Lúa cunha precisión milimétrica. O obxectivo é o retrorreflector instalado no noso satélite natural polos astronautas durante a misión do Apolo 15 en 1971 e que aínda é útil. Coñecendo o que tarda o pulso láser en regresar, un equipo experimental da Universidade de California San Diego é capaz de medir a distancia e proporcionar unha proba da relatividade xeral, a teoría da gravidade de Einstein. O raio verde aparece cando a atmosfera do noso planeta dispersa parte da intensa luz do láser.

Este experimento con láser durante unha eclipse total utiliza a Terra como un interruptor da luz cósmica. O rendemento do reflector lunar é mellor cando a luz solar natural está bloqueada que cando o astro está iluminado pola luz do Sol durante unha lúa chea normal, un efecto coñecido como un efecto coñecido co suxestivo nome da maldición da Lúa chea.

Todo ten explicación!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia