Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

NON É CERTO: OS ANTIBIÓTICOS SERVEN PARA O ARREFRIADO

NON É CERTO: OS ANTIBIÓTICOS SERVEN PARA O ARREFRIADO

Arrefriado / Imaxe:plushbeds.com

Os antibióticos non serven de nada contra o arrefriado, xa que está causado por virus e os antibióticos, por definición, só poden atacar ás bacterias. Para facernos unha idea, unha bacteria é unha pequena célula que leva a cabo todas as funcións básicas e un virus é máis ben como un pequeno vehículo que transporta algúns xenes para infectar outras células.

Así que os antibióticos nada pode facer contra a gripe, a sida, a varíola, os catarros e toda a batería de enfermidades relacionadas con virus. Ademais, tomalos ten dous efectos secundarios directos e potencialmente graves. Por un lado favorécese a resistencia das bacterias que poderían ser prexudiciais, de forma que no futuro ese mesmo antibiótico non servirá para danalas, e por outro atácase á flora intestinal, tan importante para o funcionamento do sistema inmune e a dixestión.

Segundo o CDC, os médicos fan 10.000 millóns de receitas para antibióticos cada ano para enfermidades de orixe viral. En lugar de esperar varios días a que os laboratorios determinen se a enfermidade ten unha orixe viral ou bacteriana, prefiren mandarlle ao paciente un remedio que pode non servir para nada e mesmo ser daniño.

O único remedio para o arrefriado é soarse os mocos e combater os demais síntomas. Os antibióticos mellor “nin cheiralos”!

FONTE: Xornal abc/ciencia

CANTAS FLORES FAN FALTA PARA DRODUCIR UN QUILO DE MEL?

CANTAS FLORES FAN FALTA PARA DRODUCIR UN QUILO DE MEL?

Abella melífera / Imaxe: varbak.com

Cada abella obreira percorre durante os seus escasos 50 días de vida aproximadamente 40 quilómetros, nos preto de douscentos mil voos que leva á cabo, a unha velocidade media de 22 km/h. Nas súas constantes expedicións visita unhas 7.200 flores para fabricar 5 gramos de mel.

Iso significa que, para reunir un quilo deste delicioso e nutritivo néctar, fan falta 1.440.000 flores e a colaboración de 200 obreiras. Non é unha tarefa excesiva, se se ten en conta que nunha colmea adoitan vivir entre 30.000 e 60.000 individuos, dado que a raíña pode chegar a poñer 3.000 ovos nun só día.

A actividade anual das abellas melíferas dunha mesma colonia alcanza unha produción media de entre 20 e 30 quilos de mel. O produto fabricado a partir do néctar das flores pode ser monofloral, se é dunha soa variedade de flor (azar, romeiro, lavanda), ou multifloral, de varias especies.

O mel das abellas usábase no antigo Exipto e en Grecia para embalsamar os mortos, xa que este produto contén substancias bactericidas e conserva da putrefacción os xugos das plantas, as raíces, as flores, as froitas e ata a carne. Á súa vez, o veleno de abella é 500.000 veces máis forte que calquera antibiótico coñecido.

FONTE: Revista Muy Interesante

NON É CERTO: O PELO E AS UNÑAS MEDRAN DESPOIS DE MORTO

NON É CERTO: O PELO E AS UNÑAS MEDRAN DESPOIS DE MORTO

Araúde / Imaxe: blogcrypt.com

Por sorte para os deseñadores de ataúdes, sarcófagos e demais mobiliario fúnebre, isto non é certo. O que acontece é que a pel dos defuntos sécase e retráese, co que pode darse o efecto de que o pelo, a barba e as uñas seguen medrando.

Para que crezan, as células teñen que seguir activas, consumindo enerxía e obtendo nutrientes a través do torrente sanguíneo. E isto só pasa cando estamos vivos.

En realidade os zombís non necesitarían comer, porque están mortos. É dicir, ningunha das súas células necesitaría enerxía porque non crecería nin se dividiría.

FONTE: Xornal abc/ciencia

MIGALOO, A BALEA BRANCA

 

Migaloo (“persoa branca” na linguaxe nativa dunha rexión autraliana, na Gran Barreira de Coral) é unha balea chepuda que ten entre 22 e 25 anos, mide 14 metros e pesa ao redor de 35 toneladas.

O curios desta balea é que é branca. Avistada por primeira vez en 2001 na baía de Byron, ao leste de Australia, nun principio creuse que era unha balea albina, debido á súa cor, pero en 2004, os científicos tiveron a fortuna de tomar mostras da súa pel, dun anaco que quedou ao seu paso. Este material respondeu moitas preguntas que xiraban en torno a Migaloo.

Despois dunha análise de ADN, concluíuse que Migaloo é unha balea chepuda tipo leucístico, o que quere dicir que ten un xene recesivo que dá cor branca á súa pel; en cambio, os ollos permanecen dunha cor regular. Posteriormente confirmouse a súa especie, de tipo " hipo-pigmentada".

Recentemente foi avistada en Australia (os días 17, 18 e 19 de xuño) durante poucos minutos pero a impresión que causou nos afortunados observadores foi espectacular. É a balea máis buscada por biólogos e medios, xa que só se deixa ver en breves ocasións.

FONTE: veoverde.com e xornal farodevigo.es

"A BESTA" ACHÉGASE Á TERRA

"A BESTA" ACHÉGASE Á TERRA

Recreación dun asteroide nas proximidades da Terra / SLOOH

 

Chámano “A Besta” polo seu tamaño, unha rocha de 325 metros de diámetro, a envergadura dun portaavións clase Nimitz, achegarase á veciñanza da Terra hoxe domingo pola mañá, segundo informan dende o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA. As dimensións deste asteroide, cuxo auténtico nome responde a 2014 HQ124, non deben asustarnos. Non ten ningunha posibilidade de chocar contra a Terra no seu sobrevoo, xa que pasará aproximadamente a tres veces a distancia entre o noso planeta e a Lúa.

Este asteroide xigantesco foi descuberto o 23 de abril polo Explorador Infravermello de Campo Amplo (WISE) da NASA. Moverase a 14 km/s, 17 veces máis rápido que un tiro dun rifle, cando rexistre a súa maior aproximación á Terra.

Os científicos admiten o seu desconcerto polo feito de que un asteroide tan grande fose descuberto fai tan só dous meses, xa que o tempo co que son observadas estas rochas é crucial no caso de que, nun futuro, poidamos facer algo para defendernos dun probable impacto. Se “A Besta” chegase a chocar contra a Terra, cousa que non fará, a enerxía liberada mediríase aos megatóns dunha bomba de hidróxeno.

FONTE: Xornal abce/ciencia 

AVES RARAS: EGOTELO DE NOVA CALEDONIA

AVES RARAS: EGOTELO DE NOVA CALEDONIA

Aegotheles savesi / Imaxe: es.wikipedia.org   

Esta misteriosa especie non foi vista dende 1998. O egotelo de Nova Caledonia (Aegotheles savesi) converteuse practicamente nun fantasma para os observadores de aves e os investigadores. Só coñécense dous exemplares, conservados en museos de Liverpool (Reino Unido) e Italia. A ave é endémica da illa de Nova Caledonia, no Océano Pacífico Sur, ao leste de Australia. Caracterízase polo seu bo tamaño e patas longas. En perigo crítico, é pouco probable que existan máis de 50 exemplares vivos.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

ALL-SKY FIREBALL NETWORK: UN PROGRAMA PARA VELOS METEOROS QUE BOMBARDEAN A TERRA

ALL-SKY FIREBALL NETWORK: UN PROGRAMA PARA VELOS METEOROS QUE BOMBARDEAN A TERRA

Cámaras empregadas polo programa / Imaxe:fireballs.ndc.nasa.gov

Un proxecto da NASA, coñecido como All-sky Fireball Network, permite ver en tempo real os entre 4.000 e 5.000 meteoros que bombardean a Terra nun día. Unha ducia de cámaras que vixían o ceo rexistran o paso do que se coñece como bólidos, luzadas máis brillantes que Venus que cruzan o ceo a gran velocidade. A súa aglomeración determina a existencia dunha chuvia de estrelas.

Para este proceso tamén contan coa axuda de radares, como o Canadian Meteor Orbit Radar (CMOR), co que se enumeran os meteoros, aos que nomea despois a Unión Astronómica Internacional. Tamén se miden as velocidades que abranguen dende os 12 ata os 66 km/s.

Este tipo de programas non tratan só de protexer o planeta, senón que tamén permiten obter pistas de onde crean os bólidos e de cal é a súa procedencia, un cometa ou un asteroide. Ademais, resulta importante no deseño de futuras naves espaciais.

Na web deste programa de busca de meteoros pódese ver o planeta en parcelas, as que vixían as 12 cámaras, e observar o ceo. Ademais, hai gráficos nos que quedan marcados os bólidos que pasan e por onde o fan.

Se queres coñecer esta web preme AQUÍ.

FONTE: Xornal abc/ciencia

AVES RARAS: O IBIS XIGANTE

AVES RARAS: O IBIS XIGANTE

O Ibis xigante / Imaxe: Omaliss Keo

 

O Ibis xigante (Thaumatibis gigantea) e un paxaro enorme, o membro máis grande da súa familia. Orixinario de Camboia, ten «un status case mítico» para os observadores de aves, naturalistas e conservacionistas debido á súa rareza e tamaño excepcional. Segundo explican dende o programa EDGE do ZSL  , dedicado á conservación de especies, os lugares de hábitat deste ave reducíronse moito. Despois de ocupar vastas áreas de terra firme no sueste asiático, agora a poboación, moi diminuída, concéntrase en Camboia, con algúns exemplares en Laos e Vietnam. Xa extinta en Thailandia, crese que está ao bordo da desaparición noutros lugares. Está clasificada en perigo crítico, debido aos efectos da caza e a actividade humana.

FONTE: Xornal abc/ciencia