Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

LECCIÓN DE XEOGRAFÍA DENDE O ESPAZO

 

Este vídeo mostra como os astronautas estadounidenses Mike Hopkins e Rick Mastracchio (participantes na 38ª expedición á Estación Espacial Internacional) sinalan os obxectos xeográficos da superficie da Terra dende a panorámica que lles ofrece a torre de control do módulo observatorio da EEI.

Hopkins e Mastracchio comezaron a súa lección pola xeografía de Europa, destacando Sicilia e o monte Etna. Logo ensinaron Estados Unidos: San Francisco, a ponte Golden Gate, a base aérea Edwards, Houston e Nova York. Tampouco esqueceron as súas cidades natais, nos estados Misuri e Connecticut.

Toda unha lección de xeografía!

FONTE: rt.com/ciencia

HOXE PASA PRETO DA TERRA O ASTEROIDE 2014 RC

HOXE PASA PRETO DA TERRA O ASTEROIDE 2014 RC

Traxectoria do asteroide 2014 RC / Imaxe: slate.com 

 

Un asteroide duns 20 metros de diámetro, descuberto hai só uns días e denominado 2014 RC, pasará preto da Terra hoxe domingo. Preto significa aproximadamente 34.000 quilómetros da superficie do planeta, dez veces máis preto que a Lúa, seguindo unha traxectoria que pasa a menor altura que a órbita xeoestacionaria (36.000 quilómetros) na que operan moitos satélites de telecomunicacións e meteorolóxicos. Non supón ningunha ameaza para a Terra ou para eses satélites, dixo a NASA. Cocretamente, ás 20.18 hora peninsular, o obxecto celeste pasará sobre Nova Zelanda.

O 2014 RC foi descuberto o pasado 31 de agosto polo sistema de Rastrexo Celeste Catalina, en Arizona (EUA) e, independentemente, unha noite despois, polo telescopio Pan-Starrs 1, en Hawai. Os astrónomos estimaron o tamaño do obxecto, eses 20 metros aproximados, polo seu brillo.

No seu paso preto da superficie terrestres, o 2014 RC será un obxecto escuro, invisible a simple vista, pero poderase observar con telescopios mesmo de astrónomos afeccionados, sinala a axencia espacial estadounidense. O asteroide volverá no futuro, dada a órbita que segue, ás proximidades da Terra, pero os expertos non identificaron polo momento encontros perigosos.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

A EXPLICACIÓN AO MOVEMENTO DAS ROCHAS NO VAL DA MORTE

 

Un equipo de investigadores de Estados Unidos filmou e documentou por primeira vez o ata agora o misterioso movemento das rochas de Racetrack Playa, no Val da Morte (California, EE.UU). Despois dunha década de investigacións e numerosos intentos, conseguiron entre decembro de 2013 e xaneiro de 2014 varias filmacións das rochas deslizándose sobre a superficie desta zona desértica (en inverno, cuberta parcialmente por auga e cristais de xeo). Os detalles desta investigación publícanse esta semana na revista científica PLoS.

As imaxes (fotografías e vídeo a velocidade rápida) captadas polo equipo de Richard Norris ratifican a hipótese sobre os motivos do misterioso movemento das rochas de Racetrack Playa presentada no ano 2011.

Esta hipótese afirma que nalgunhas das ocasións en que a zona de Racetrack cóbrese dunha fina capa de auga e cristais de xeo, algunhas rochas quedan parcialmente cubertas de xeo e este fenómeno facilita que se despracen sobre o lama semixeado impulsadas simplemente polo vento. O movemento das rochas deixa uns evidentes rastros no lama que poden ser observados durante anos nas zonas que quedan ao descuberto nas longas épocas secas.

FONTE: Xornal La Vanguardia

RAS QUE PASAN DE ESTAR CONXELADAS Á VIDA

RAS QUE PASAN DE ESTAR CONXELADAS Á VIDA

Unha ra da madeira de Alaska crea un hibernáculo para pasar conxelada o longo inverno / Uwe Anders

 

As ras da madeira de Alaska (Lithobates sylvaticus ) pasan o duro inverno conxeladas. Literalmente. Estes animais teñen unha tolerancia extrema ao frío, de forma que poden quedarse quietos meses e meses nos seus hibernáculos, creados entre a follaxe do chan, acadando temperaturas de 20ºC baixo cero. Despois, milagrosamente, "volven á vida" durante a primavera. O truco consiste en cubrir as súas células con glicosa (un tipo de azucre) que reduce o secado e estabilízaas, o que os científicos chaman un proceso de crioprotección.

Os investigadores cren que, algún día, os seus "trucos" terán unha aplicación na ciencia do transplante de órganos humanos, atopando o xeito de conxelar os órganos sen sufrir danos gañaríase máis tempo para doalos ás persoas necesitadas.

FONTE: Xornal abc/ciencia

"RECEITA" PARA REXENERAR O NOSO CORPO COMA UN LAGARTO

"RECEITA" PARA REXENERAR O NOSO CORPO COMA UN LAGARTO

O lagarto anolis pode perder a cola e despois crear unha nova / Joel Robertson

Os lagartos teñen unha capacidade propia dun superheroe de ficción. Poden rexenerar a súa cola despois de perdela, creando un membro completamente novo que substitúe ao anterior, e con todas as súas funcións intactas.

Dende hai moito tempo, os científicos perseguen a clave de tan extraordinaria capacidade. Agora, investigadores da Universidade Estatal de Arizona (EUA) deron un paso máis para resolver o misterio. Descubriron a «receita» xenética que utiliza o lagarto para a súa transformación. O achado, descrito na revista PLoS ONE, podería servir no futuro para crear distintos tecidos do corpo humano, incluída, segundo din os seus autores, a medula espiñal.
Os investigadores utilizaron ferramentas de análise molecular de nova xeración para examinar os xenes que participan na rexeneración da cola dunha especie de lagarto anoles (Anolis carolinensis), que, cando é atrapado por un depredador, pode perdela para logo volver crecerlle.

“Os lagartos comparten basicamente a mesma ’caixa de ferramentas’ de xenes que os humanos. Son os animais máis próximos ao home que poden rexenerar apéndices enteiros. Descubrimos que poden activar polo menos 326 xenes en rexións específicas para rexenerar a súa cola, incluídos xenes involucrados no desenvolvemento embrionario, responsables dos sinais hormonais e a cura das ferida. A rexeneración non acontece nun instante, de feito, ao lagarto lévalle máis de 60 días rexenerar unha cola funcional. Forma unha estrutura rexeneradora complexa con células que crecen en tecidos nun número de sitios distintos ao longo da cola, manifestan os investigadores.

Eles cren que esta «receita» xenética pode axudar no futuro para enjaezar os mesmos xenes en células humanas e rexenerar cartilaxe, músculos e mesmo medula espiñal, reparando defectos de nacemento e tratando enfermidades como a artrite.

FONTE: Xonal abc/ciencia

NON É CERTO: AS GOMAS DE MASCAR PÉGANSE AO INTESTINO

NON É CERTO: AS GOMAS DE MASCAR PÉGANSE AO INTESTINO

O muro das gomas de mascar de Seattle (EEUU) / Imaxe: blicu.net 

 

Tragar unha goma de mascar pode ter consecuencias... inocuas. Salvo que traguemos moitos ao mesmo tempo. Caso no que poden pegarse a outros obxectos non dixeribles (moedas, sementes, etc) e fomar un tapón no intestino que nos levaría ao médico.

Cando chegan ao sistema dixestivo, á parte dunha pequena cantidade de edulcorantes e aromas, a maior parte da goma de mascar non se pode dixerir, posto que está feito de gomas e aceites vexetais indixeribles. Por iso son expulsados ao exterior sen ser moi modificados.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN PEIXE QUE "COME MADEIRA": PANAQUE SCHAEFERI

UN PEIXE QUE "COME MADEIRA": PANAQUE SCHAEFERI

Carachama xigante (Panaque schaeferi) / Imaxe: abc.es

Unha expedición científica descubriu ao longo do 2010 na Amazonía este estraño animal de 70 centímetros de longo, ao que os poboadores indíxenas denominan carachama xigante. Pertence á orde dos siluriformes da familia loricarildae. A carachama xigante pode ser encontrada en diferentes concas hidrográficas sudamericanas.

As carachama xigante ou Panaque schaeferi, como é coñecida en ámbitos científicos, considéranse moi importantes dende o punto de vista ecolóxico xa que interveñen na degradación da materia orgánica debido a que son xilófagos (consumen térmites da auga).

Caracterízase por ter os dentes en forma de culler para raspar os madeiros de árbores que caen á auga. A robustez dos seus dentes e musculatura adaptada permítelle cortar anacos de madeiros. O especímen máis grande descuberto talla 73 centímetros.

FONTE: es.acam.wikia.com

QUE TEMPO HAI NA LÚA?

QUE TEMPO HAI NA LÚA?

Superlúa de maio / Imaxe:viudasdegila.com

 

Probablemente foi un dos maiores retos e logros da humanidade cando, o día 21 de xullo de 1969, o comandante Neil Armstrong, á fronte da misión Apollo 11, pisou por primeira vez a Lúa. Moito choveu dende aquel histórico momento..., pero na Terra.

E no noso satélite? Que tempo hai alá arriba? Ben, a resposta é que alí nin chove, nin hai vento, nin hai nubes..., e todo isto porque non hai atmosfera como na Terra (en realidade, posúe un exiguo halo gasoso ao seu arredor, pero é tan tenue que non podemos consideralo atmosfera). Por exemplo, os cráteres que forman a súa característica superficie non se erosionan por esta ausencia total de vento. O mesmo que a famosa pegada que deixou Armstrong ao pisar por primeira vez a Lúa. Está intacta.

E como non venta, outra curiosidade é que o son non se pode transmitir. Se puidésemos viaxar á Lúa non nos poderiamos escoitar posto que o son necesita un medio de transporte físico (como o aire) para que chegue aos nosos oídos. O aire é unha combinación de gases, principalmente osíxeno e nitróxeno, que forman a atmosfera terrestre. A Lúa non ten aire porque a súa atmosfera non ten a combinación de gases axeitada, os gases que a rodean saen do seu interior porque a súa forza gravitacional é seis veces máis débil que na Terra. De feito, unha persoa que teña unha masa de 60 quilogramos aquí abaixo pesará 588 newtons, mentres que alá  arriba só 96 newtons (a sexta parte).

FONTE: Jovi Esteve/Xornal El País