Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

O DÍA D PARA A SONDA ROSETTA APROXÍMASE

O DÍA D PARA A SONDA ROSETTA APROXÍMASE

Ilustración comparativa do tamaño do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko coa cidadr dos Ánxeles./ ESA /ANOSMICOVNI

 

Xa neste blog teño falado da nave espacial robótica da ESA Rosetta.

Pois ben, o próximo 12 de novembro, comezará unha nova e arriscada aventura da historia da exploración espacial: o módulo Philae separarase nese momento da sonda Rosetta que está a dar voltas arredor do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, e iniciará un descenso de sete horas de duración en caída libre ata chegar ao chan do núcleo cometario. Para que vos fagades unha idea do tamaño deste cometa, na fotografía superior tedes unha comparacióm cunha cidade americana.

Nunca ata agora se intentou unha manobra así e as experiencias de descenso de robots adquiridas en Marte ou mesmo na lúa Titán de Saturno non serven de moito porque o pequeno núcleo do cometa, a diferenza deses obxectos do Sistema Solar visitados in situ por artefactos terrestres, apenas ten gravidade.

Espectacular aventura!

A ESTRELA MÁIS LUMINOSA DA VÍA LÁCTEA

A ESTRELA MÁIS LUMINOSA DA VÍA LÁCTEA

Estrela Cygnus OB2 12 / Imaxe: orionsarm.com 

 

A estrela máis luminosa da Vía Láctea, a nosa galaxia, é Cygnus OB2 12, unha hiperxigante azul 6 millóns de veces máis luminosa e 110 veces máis masiva que o Sol.

Atópase na constelación do Cisne, a 5.500 anos luz.

Espectacular!

ROSETTA A TAN SÓ 26 KM DO SEU COMETA

ROSETTA A TAN SÓ 26 KM DO SEU COMETA

Combo de catro fotografías do cometa de Rosetta ESA/ROSETTA/NAVCAM 

 

Rosetta segue aproximándose ao seu cometa. Coa data do 11 de novembro no horizonte, día no que o módulo Philae pousarase no 67/P Churyumov-Gerasimenko, a sonda enviou catro imaxes que compoñen unha nova montaxe do astro que foron tomadas o 26 de setembro desde a nave espacial da ESA. Nese momento, Rosetta estaba a uns 26 quilómetros do centro do cometa.

Na montaxe, unha rexión con actividade pódese ver no pescozo do cometa. Estes chorros son un produto da sublimación de xeos e gases que escapan do interior do núcleo do astro de Rosetta .Os ángulos sobrepostos e lixeiramente diferentes das catro imaxes de Rosetta que compoñen a montaxe son o resultado do efecto combinado da rotación do cometa, rotación entre as primeiros e últimos imaxes tomadas na secuencia, e o movemento da nave espacial durante ese mesmo tempo.

misión Rosetta , unha sonda que concluíu unha viaxe de dez anos polo Sistema Solar ata chegar ao seu cometa. O lugar elixido, ao que os científicos denominan «punto J» e que ocupa unha superficie dun quilómetro cadrado, atópase na «cabeza» do 67/P Churyumov-Gerasimenko, só a 4 quilómetros do seu extremo exterior, e revelouse como o máis idóneo dos cinco que preseleccionaran os expertos, aínda que non é absolutamente perfecto.

FONTE: Xorna La Voz de Galicia/Sociedade

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?

Colorido das follas en outono / Imaxe: abc.es

 

Dende o pasado día 23 estamos en outono. Hai un aspecto desta estación, case un tópico, que a marca: as follas das árbores comezan a amarelar e a caer ao chan, crocantes e resecas. E alí onde conviven as árbores de folla perenne e os de folla caduca, a cúpula das árbores convértese no capricho dun pintor con bo ollo para os matices verdes, amarelos, laranxas, ocres e vermellos vivos.

Ao contrario que os artistas, a natureza non ten por que ser caprichosa. E o feito de que haxa tantas cores responde unha cuestión puramente práctica. O motivo en primeiro termo é que as plantas acumulan pigmentos nas súas follas para absorber a luz e con ela a enerxía necesaria para crecer e sobrevivir a través da fotosíntese. En segundo termo é que moitas delas tamén producen pigmentos para algo moi distinto, ou sexa, protexerse da radiación solar.

Ao igual que a luz do Sol non é igual de intensa nin ten a mesma cor en todas as partes, por exemplo na copa dunha árbore, nas profundidades do sotobosque ou nunha cidade neboenta, as follas das plantas tampouco poden selo “se queren” aproveitala ao máximo. Por iso acumulan distintos pigmentos e as follas teñen cores moi variadas. Pero entón, a que se deben os cambios de cor?

As follas adoitan ser verdes todo o ano porque acumulan clorofila, un pigmento que se atopa no interior dos cloroplastos. Estes son un compoñente das células vexetais que participa no proceso de aproveitar a enerxía do sol para transformar o dióxido de carbono do aire e a auga do chan en azucres aproveitables pola planta. Grazas a estes azucres as plantas poden medrar e custearse o seu funcionamento e no camiño producen un residuo fundamental para a vida, o osíxeno. Todo este proceso coñécese como fotosíntese.

A produción de clorofila require temperaturas cálidas e luz solar. Cando chega o outono e os días fanse máis curtos, a cantidade de luz diminúe e por iso a produción deste pigmento tamén decrece. Como resultado, as follas das plantas de folla caduca, perden a súa coloración verdosa en outono.

Ademais da clorofila, as follas teñen uns pigmentos coñecidos como carotenoides e flavonoides, que poden darlle ás follas as súas cores amarelas, laranxas e vermellas. Entre eles destacan os beta-carotenos, que lle dan a cor laranxa ás cenorias, a luteína, que lle dá a cor amarela ás xemas de ovo, e o licopeno, que lle dá a cor vermella aos tomates.

As cores destes pigmentos adoitan pasar desapercibidos nas follas porque a clorofila enmascáraos durante o verán. Pero cando chega o outono, tanto as clorofilas coma os carotenoides e flavonoides degrádanse, pero os pigmentos verdes fano máis rapidamente. Por iso, as follas póñense amarelentas, alaranxadas ou avermelladas.

Hai uns flavonoides que se producen nalgunhas plantas baixo certas circunstancias. Trátase dos antocianinas. Son uns pigmentos que parecen ter función protectora fronte á luz solar e estar implicados na absorción do excedente de radiación.

En ocasións prodúcense cando os días fanse máis curtos e a clorofila xa comezou a degradarse e a absorber a luz solar. Danlle as follas cores vermellas, moradas e azuladas.

Á parte de alterar a produción de pigmentos, as plantas de folla caduca desfanse das follas para pasar o inverno. Reabsorben parte dos nutrientes e “cortan” a subministración de zume que vai cara a elas. Por iso, no caso de que se reabsorban todos os pigmentos, as follas acaban volvéndose marrons. Nalgún momento do proceso, caerán ao chan.

Disfrutade deste espectáculo de cor!

FONTE: Xornal abc/ciencia

MARTE, PUNTO DE ENCONTRO ESPACIAL

MARTE, PUNTO DE ENCONTRO ESPACIAL

Marte, o planeta vermello / Imaxe:lonostro.es 

 

Que Marte estivo históricamente no punto de mira de todas as axencias espacias do mundo non é nada novo, pero nestas últimas datas danse coincidencias curiosas.

Por un lado a Mars Science Laboratory (MSL), conocida como Curiosity, vehículo explorador tipo rover, da NASA, que aterrou nese planeta no cráter Gale o 6 de agosto de 2012.

Por outro lado, a sonda Maven (Mars Atmosphere an Volatile Evolution) da NASA tamén chegou o pasado día 21.

Finalmente, 48 horas despois que a nave americana, chegou a nave orbitadora  Mars Orbiter Mission (MOM), informalmente coñecida como Mangalyaan, da axencia epacial ISRO da India, que chegou a órbita deste planeta o pasado mércores.

Toadas elas tratarán de investigar este planeta tan enigmático coñecido como o planeta vermello.

O XOTACABRAS

O XOTACABRAS

 Xotacabras / Imaxe:ibc.lynxeds.com

 

De seguro que moitos nunca oistes falar deste animal: O XOTACABRAS.

Tanto o seu nome común como o científico (Caprimulgus) fan referencia á crenza segundo a cal se dedican a chupar leite das ubres das cabras.

A súa lenda, que non ten absolutamente nada que ver coa realidade, xorde dos seus hábitos nocturnos e de velos tradicionalmente revoloteando cerca do gando. Calquera ave nocturna é sospeitosa de infinitas maldades na cultura popular, pero neste caso xa hai que botarlle imaxinación para converter a unha ave en mamífero en lugar de optar pola explicación máis sinxela e real: os nosos amigos son aves insectívoras e, xustamente xunto ao gando, os insectos son abundantes. Non lle fan noxos a ningún insecto, aínda que a súa especialidade son as couzas e bolboretas nocturnas. Isto de saír de noite fai que pasen desapercibidos, pero ademais a súa plumaxe é unha excelente camuflaxe que os mimetiza coa súa contorna e convérteos en case invisibles, cousa moi útil porque nidifican no chan.

O Caprimulgus europaeus, é unha ave de 24-28 cm de lonxitude e de 52-59 cm de envergadura, con plumaxe moteado de pardo, branco, ocre, gris ou negro. O seu voo é errático, con cernidos espasmódicos e planeos coas ás en V.

Son migratorios e xustamente estes días comeza a súa viaxe de retorno ás súas zonas de invernada do centro de África. Aquí só nos acompañan na tempada primavera-verán, na crucial época de cría.

FONTE: asturnatura.com e lavoz.es

ESPECTACULAR VÍDEO "TIMELAPSE" DENDE A ISS

 

Coas imaxes  de alta resolución capturadas polo astronauta Alexander Gerst  dende a Estación Espacial Internacional (ISS), a ESA (Axencia Espacial Europea), realizou este  fantásico vídeo empregando unha técnica denominada timelapse, que consiste en utilizar fotografías de gran calidade unidas cunha cadencia de 25 tomas por segundo para crear un vídeo que permite ver as transformacións que provoca o paso do tempo en apenas un momento.

Espectacular!

UN PEIXE "FRANCOTIRADOR": TOXOTES JACULATRIX

 

O peixe arqueiro (Toxotes jaculatrix) é famoso polos seus atinados disparos para conseguir o seu alimento. As súas balas non son outra cousa que potentes chorros de auga que chuspe para derrubar incautos insectos, arañas ou mesmo pequenas lagartas que roldan nas follas ou ramas ao bordo da auga. A súa puntaría é asombrosa e a súa presa cae á auga nun abrir e pechar de ollos. De feito, para poder "ver" este arqueiro en acción hai que utilizar a cámara lenta.

A fazaña ten mérito. Entre outras cousas porque cando a luz pasa da auga ao aire se produce un fenómeno coñecido como refracción. Unha corrección que aplica, pola conta que o ten, para asegurarse de que o chorro de auga que chuspe chegará ao incauto animalillo no que previamente puxo o ollo. O mellor dito os seus grandes ollos que, situados moi preto da boca, danlle unha boa visión binocular.

Por se isto non fose bastante asombroso, un estudo publicado no último número da revista "Current Biology" asegura que estes peixes son en realidade "francotiradores" moito máis hábiles do que ninguén tivese podido imaxinar. E é que o peixe utiliza a auga como unha ferramenta, e é o primeiro animal, que se saiba, capaz de cambiar as propiedades hidrodinámicas dun chorro segundo o "aconselle" a ocasión.

Ata metro e medio de distancia pode chegar o seu potente chorro. E é capaz de disparar ata sete veces seguidas. Conségueo formando un tubo coa lingua e o teito da boca polo que a auga sae a gran velocidade cando pecha de golpe as súas branquias.

FONTE: Xornal abc/ciencia