ROSETTA A TAN SÓ 26 KM DO SEU COMETA
Combo de catro fotografías do cometa de Rosetta ESA/ROSETTA/NAVCAM
Rosetta segue aproximándose ao seu cometa. Coa data do 11 de novembro no horizonte, día no que o módulo Philae pousarase no 67/P Churyumov-Gerasimenko, a sonda enviou catro imaxes que compoñen unha nova montaxe do astro que foron tomadas o 26 de setembro desde a nave espacial da ESA. Nese momento, Rosetta estaba a uns 26 quilómetros do centro do cometa.
Na montaxe, unha rexión con actividade pódese ver no pescozo do cometa. Estes chorros son un produto da sublimación de xeos e gases que escapan do interior do núcleo do astro de Rosetta .Os ángulos sobrepostos e lixeiramente diferentes das catro imaxes de Rosetta que compoñen a montaxe son o resultado do efecto combinado da rotación do cometa, rotación entre as primeiros e últimos imaxes tomadas na secuencia, e o movemento da nave espacial durante ese mesmo tempo.
A misión Rosetta , unha sonda que concluíu unha viaxe de dez anos polo Sistema Solar ata chegar ao seu cometa. O lugar elixido, ao que os científicos denominan «punto J» e que ocupa unha superficie dun quilómetro cadrado, atópase na «cabeza» do 67/P Churyumov-Gerasimenko, só a 4 quilómetros do seu extremo exterior, e revelouse como o máis idóneo dos cinco que preseleccionaran os expertos, aínda que non é absolutamente perfecto.
FONTE: Xorna La Voz de Galicia/Sociedade
0 comentarios