Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

ESTE ANO DURARA 1 SEGUNDO MÁIS

ESTE ANO DURARA 1 SEGUNDO MÁIS

Cronómetro / Imaxe: gisiberica.com

Este ano 2015, será un segundo máis longo, debido a que os reloxos axustaranse para adaptarse a unha diminución na rotación da Terra. Así o aconsellou o Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia (IERS), do Observatorio de París, ás autoridades responsables da medición e a distribución do tempo.

O segundo intercalar ou adicional agrégase ao Tempo Universal Coordinado (UTC) para manter a escala de tempo dos reloxos atómicos, os máis precisos do mundo, acorde á rotación da Terra. A escala de tempo producida por estes reloxos é moito máis estable e fiable que a baseada na rotación do noso planeta e, sen o segundo adicional, ambas as dúas escalas separaríanse cada vez máis.

O segundo extra non se engadirá o último día do ano co final das badaladas, senón que se fará xusto antes da media noite do 30 de xuño, cando os reloxos estean a punto de cambiar o 1 de xullo.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UNHA RA QUE NON PON OVOS E PARE AOS SEUS CÁGADOS

UNHA RA QUE NON PON OVOS E PARE AOS SEUS CÁGADOS

Ra Limnonectes larvaepartus e os cágados despois de parilos / Imaxe: plosone.org

O herpétólogo (que se adica ao estudo de réptiles e anfibios) Jim McGuire, da Universidade de California Berkeley, observou a primeira proba directa dunha ra que dá a luz a cágados en lugar de poñer ovos. A nova especie foi descuberta hai unhas décadas na Isla de Sulawesi (Indonesia). Especulárase con que daba a luz directa os cágados, aínda que nunca se observara nin o apareamento da ra nin o “parto”.

McGuire e Ben Evans, da Universidade McMaster en Ontario, Canadá, nomearon á especie Limnonectes larvaepartus e descríbena na revista PLoS ONE.

As ras desenvolveron unha sorprendente variedade de métodos reprodutivos. En efecto, a maioría das ras machas fertiliza os ovos despois de que a femia os pon. Pero ao redor dunha ducia de especies, incluíndo as ras con cola de California, desenvolveron formas para fertilizar os ovos dentro do corpo da femia.

Non obstante, os mecanismos da fertilización interna son pouco coñecidos menos en dúas especies de ras con cola de California, unhas das cales desenvolveu unha especie de pene en forma de cola que facilita a transferencia de esperma. As ras con cola depositan os seus ovos fertilizados debaixo das pedras nos regueiros, pero outras ras con fertilización interna dan a luz ranitas, réplicas en miniatura dos adultos.

Aínda que a fecundación interna é extremadamente rara entre ras, hai moitas outras variacións reprodutivos estrañas. Algunhas ras levan ovos en bolsas nas costas, cágados en bolsas, ou cágados transportados en buratos nas costas. As dúas especies coñecidas de ras de incubación gástrica, xa extinguidas, eran famosas por tragar os seus ovos fertilizados, que se desenvolvían no seu estómago, e daban a luz ranitas pola boca. Dous xéneros en África tamén participan na fertilización interna e dan a luz ranitas sen pasar por unha etapa de cágado de vida libre.

As ras con cairos (chamadas así por dous apéndices como cairos da mandíbula inferior que utilizan na loita) puideron evolucionar nun máximo de 25 especies en Sulawesi, aínda que L. larvaepartus é só a cuarta en ser descrita formalmente. Cun peso que oscila de 2-3 gramos a 900 gramos, L. larvaepartus está no rango de 5-6 gramos.

A nova especie parece preferir dar a luz os cágados en pequenos charcos ou lonxe das correntes, posiblemente para evitar as ras con cairos máis pesadas. Existe algunha evidencia de que os machos tamén poden protexer os cágados.

McGuire encontrou por primeira vez a ra recén descrita en 1998, ano en que comezou a estudar a incrible diversidade de réptiles e anfibios en Sulawesi, unha illa ao leste de Borneo e o sur das Filipinas. A illa é unha mestura xeográfica, despois de formarse a partir da fusión de varias illas hai uns 8-10 millóns de anos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN PAPEL SOBRE O QUE SE PODE ESCRIBIR UNHA E OUTRA VEZ

UN PAPEL SOBRE O QUE SE PODE ESCRIBIR UNHA E OUTRA VEZ

Pepel reescribible / Yin Lab, UC Riverside

Desenvolvido por primeira vez en China cara ao ano 150 dC, o papel é aínda un dos principais soportes da escritura. O 90% de toda a información nas empresas segue conservándose en papel, a pesar de que a maior parte se desbota despois dun só uso. As consecuencias desta práctica son claras: un gasto importante en papel (tamén en cartuchos e tinta), e unha serie de problemas ambientais como a deforestación e a contaminación química do aire, a auga e a terra. Pero, e se puidésemos escribir no mesmo papel tantas veces como quixeramos?

Químicos da Universidade de California Riverside, fabricaron no laboratorio un novo papel sobre o que se pode escribir unha e outra vez, que ten por base a propiedade de conmutación de cor duns produtos químicos comerciais chamados colorantes redox. A tinta forma a capa de obtención de imaxes do papel. A impresión conséguese mediante o uso de luz ultravioleta para fotoblanquear o colorante, agás as partes que constitúen o texto no papel. O novo papel reescribible pódese borrar e escribir máis de 20 veces sen perda significativa de contraste ou resolución.

O novo papel ten forma de película de cristal ou de plástico para que as letras e patróns poidan imprimirse en varias ocasións, conservarse durante días, e despois borrarse por simple quentamento.

O papel está dispoñible en tres cores primarias: azul, vermello e verde, producidos polo uso de tintas redox comerciais azul de metileno, vermello neutro e verde ácido, respectivamente. A tinguidura inclúe nanocristais de óxido de titanio (serven como catalizadores), entre outros compoñentes.

O proceso de borrado pode facerse en menos de 10 minutos cun quentamento de 115ºC, algo que non supón ningún problema, xa que nas impresoras láser convencionais o papel xa se quenta a 200ºC. “As letras imprimidas permanecen lexibles en alta resolución en condicións ambientais durante máis de tres días, o tempo suficiente para as aplicacións prácticas como a lectura dos xornais”. “Mellor aínda, o noso papel reescribible é sinxelo de facer, ten un baixo custo de produción, baixa toxicidade e baixo consumo de enerxía” manifestan os inventores.

No laboratorio seguen a traballar agora para aumentar o número de veces que o papel reescribible se pode imprimir e borrar, cun obxectivo de 100 veces, para reducir o custo total. Ademais, o equipo explora formas de estender a lexibilidade dos textos imprimidos ou imaxes durante máis de tres días para ampliar os seus usos potenciais, como a impresión multicolor.

FONTE: Xornal abc/ciencia

O CERVO DE ALMISCRE DE CACHEMIRA

O CERVO DE ALMISCRE DE CACHEMIRA

O cervo de almiscre de Cachemira / Julie Larsen Maher © WCS

Vive! Máis de 60 anos despois do seu último avistamento confirmado, un estraño cervo con cairos de vampiro persiste nas escarpadas abas boscosas do nordés de Afganistán.

Esta é a conclusión dun equipo de investigación dirixido pola Wildlife Conservation Society (WCS), que confirmou a presenza desta estraña especie durante as últimas enquisas.

Coñecido como cervo de almiscre de Cachemira (Cupreus del Moschus), é unha das sete especies similares que se encontran en Asia. O último avistamento científico en Afganistán foi logrado por un equipo de investigación danés que atravesou a rexión en 1948. O novo estudo foi publicado na revista Oryx.

A especie está clasificada como “En Perigo” na Lista Vermella da UICN, debido á perda de hábitat e a caza furtiva. As súas glándulas odoríferas son cobizadas polos traficantes de fauna silvestre e considéranse máis valiosas que o ouro, uns 40.000 euros o quilo no mercado negro.

Os distintivos cairos de sabre do sexo masculino utilízanse durante a época de celo para competir con outros machos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

IMAXE DA TERRA E A CARA OCULTA DA LÚA

IMAXE DA TERRA E A CARA OCULTA DA LÚA

A Lúa e a Terra captadas pola sonda "Chang’e 5" / XINHUA NEWS

A misión lunar experimental chinesa Chang’e 5 T 1 enviou unhas imaxes únicas que agrupan a cara oculta da Lúa, cunha vista en segundo plano da Terra.As imaxes foron tomadas coa cámara de vixilancia de paneis solares da nave espacial.

Esta misión lanzouse o 23 de outubro para realizar un voo de ida e volta de oito días arredor da Lúa e espérase o seu regreso á Terra para primeiros de novembro.

A misión é unha proba previa de Chang’e-5, cuarta sonda lunar de China que ten como obxectivo recoller mostras da superficie da Lúa, actualmente fixada para 2017.

A órbita de voo de proba tiña un perixeo de 209 quilómetros, e alcanzou un apoxeo duns 380.000 quilómetros a metade de camiño arredor da Lúa, se ben non entrou en órbita lunar.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O PEIXE NAPOLEÓN

O PEIXE NAPOLEÓN

Viñeta de Ramón, no xornal El País do pasado sábado, na que denuncia a situación na que  se atopa este peixe

 

O Peixe Napoleón (Cheilinus undulatus), tamén denominado Peixe Humphead ou Maorí, é o membro máis grande da familia dos lábridos, podendo superar os dous metros de lonxitude e os 200 kg de peso. Habitan en arrecifes, e aliméntanse fundamentalmente de crustáceos. Actualmente a súa poboación encóntrase en perigo debido á sobrepesca. Esta especie está catalogada na Lista Vermella da UICN.

As súas característica física máis salientables, ademais do seu enorme tamaño, é unha protuberancia sobre a cabeza, que lle outorga un perfil moi característico. Son hermafroditas, nacendo sempre femias. Durante os primeiros anos de vida poden transformarse en machos, sen que saiban os motivos ou os mecanismos que desencadean este cambio.

A pesar das súas dimensións, son animais pacíficos e non representan ningún perigo para os humanos. A súa carne é moi cotizada na gastronomía dalgúns países orientais.

FONTE:wikipedia.org

COMO FUNCIONA A ILUMINACIÓN LED?

COMO FUNCIONA A ILUMINACIÓN LED?

Iluminación LED / Imaxe:bohemprojects.com 

 

A pasada semana os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura foron galardoados co premio Nobel de Física por inventar o diodo emisor de luz LED azul.

Mentres que unha lámpada normal conta cunha vida útil dunhas 5.000 horas, a vida útil dun LED é superior ás 100.000 horas de luz: estamos a falar de 11 anos de continua emisión lumínica.

Pero, como funcionan realmente os LED? Funcionan esencialmente baixo o principio que enunciou no seu día Albert Einstein segundo o cal algúns materiais ao ser sometidos a corrente, xeran luz. A base da tecnoloxía LED está baseada no díodo, este é un compoñente electrónico de dúas puntas que permite a circulación de enerxía a través del nun só sentido.

Os díodos emisores de luz (LED) son semicondutores. Cando os electróns pasan a través deste tipo de semicondutor, convértese en luz. Se se compara coas lámpadas incandescentes, as luces LED son máis eficientes en converter a enerxía en luz. E é por iso polo que, se as tocamos irradian menos calor que o resto de lámpadas.

Os LED teñen unha estrutura na que podemos destacar catro compoñentes básicos. Por un lado teriamos o material emisor semicondutor, que montado sobre un chip-reflector determina a cor da luz. Despois temos os postes condutores, o cátodo e o ánodo, e o cable condutor que a través do que se xuntan os dous polos. O cuarto elemento é unha lente que protexe ao material emisor do LED.

Ao pasar a electricidade a través dun deses díodos, os átomos excítanse a un gran nivel. Nese momento almacenan unha gran cantidade de enerxía e necesitan expulsala. Ao facelo, os electróns chegan ata o chip-reflector, momento no que se produce a luz.

FONTE: Xornal abc/ciencia

OS KOBs DO CINTURÓN DE KUIPER

OS KOBs DO CINTURÓN DE KUIPER

Recreación artística dun obxecto do cinturón de Kuiper / NASA, ESA, and G. Bacon (STScI)

 

Escudriñando as escuras e afastadas fronteiras do noso Sistema Solar, o telescopio espacial Hubble descubriu tres novos obxectos no cinto de Kuiper (KBOs) que poderían ser visitados pola sonda New Horizons unha vez rematada a súa misión en Plutón, ao que chegará o próximo mes de xullo.

Os KBOs foron detectados durante un programa especialmente deseñado polo equipo que opera a New Horizons para buscar obxectivos alcanzables pola sonda unha vez esta remate a súa misión principal.

O cinto de Kuiper é un vasto anel de residuos do material orixinal a partir do cal se formou o Sistema Solar. O anel rodea por completo o noso sistema planetario, e os obxectos que o compoñen, os KBOs, pertencen a unha clase única e que nunca foi visitada ou estudada por misión espacial ningunha. De feito, ese material orixinal contén valiosas pistas sobre o nacemento dos planetas que nos acompañan arredor do Sol.

Os KBOs encontrados co Hubble son unhas dez veces máis grandes que un cometa típico, pero apenas alcanzan entre o un e o dous por cento do tamaño de Plutón. A diferenza dos asteroides, os KBOs non reciben calor do Sol e son, polo tanto, auténticas mostras conxeladas e intactas do que foi o Sistema Solar cando empezou a formarse hai uns 4.600 millóns de anos. En concreto, os tres KBOs achados polo Hubble poderían ser, segundo os datos dispoñibles, os "ladrillos" a partir dos cales se formaron os planetas ananos como Plutón.

O equipo de New Horizons empezou a buscar obxectos accesibles no cinto de Kuiper en 2011, usando algúns dos maiores telescopios terrestres, e acharon varias ducias de KBOs, aínda que ningún deles estaba ao alcance das escasas reservas de combustible da sonda unha vez rematada a súa misión en Plutón.

A finais de setembro, os investigadores lograron identificar un KBO "definitivamente accesible" e outros dous que podrecían selo tamén, aínda que se necesita seguir as súas órbitas durante algúns meses antes de estar completamente seguro de que poden ser alcanzados pola New Horizons.

Os KBOs son extremadamente difíciles de localizar, xa que son pequenos, non brillan e resultan case imposibles de ver sobre o fondo estrelado da constelación de Saxitario, que actualmente está na mesma dirección que Plutón. Os tres KBOs encóntranse a uns 1.500 millóns de km máis alá de Plutón. Dous deles teñen uns 55 km de ancho e o terceiro, máis pequeno, mide uns 25 km.

A New Horizons, lanzada en 2006, é a primeira misión espacial que visitará Plutón. Cando cumpra o seu obxectivo principal, a NASA intentará aproveitar a nave para levar a cabo outras investigacións. Calcúlase que a finais de 2016, a nave poderá dedicarse ao estudo dos KBOs. Para entón, terá percorrido unha distancia de 6.500 millóns de km dende a Terra.

FONTE: Xornal abc/ciencia