Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

NON É O QUE PARECE: DRÁCULA SIMIA

NON É O QUE PARECE: DRÁCULA SIMIA

Drácula simia / Imaxe: Jardineriaon

Unha das orquídeas máis sorprendenes son as do xénero  Dracula. Algunhas, como a Drácula simia, teñen formas caprichosas, que asemellan a cara dun mono. Deulle nome o botánico Luer en 1978, cando a descubriu nos Andres (Ecuador). Florecen a 2.000 metros de altura.

O nome do xénero Drácula débese aos dous longos esporóns (sépalos), que recordan os cairos do famoso vampiro. E o da especie, simia, non cabe dúbida, ten que ver coa cara que aparece no seu interior.

FONTE: Xornal abc/ciencia

INSECTOS RAROS: CIGARRAS CON INCRIBLES ADAPTACIÓNS

INSECTOS RAROS: CIGARRAS CON INCRIBLES ADAPTACIÓNS

Non se sabe para que lle serve a este curioso isecto o seu peculiar toucado. Probablemente para disuadir a prosibles predadores / Museo de Historia Natural de Berlín

Bocydium globulare é o nome deste curioso insecto, parente das cigarras. Esta reprodución, a grande escala, atópase no museo de Historia Natural de Berlín. Durante moito tempo pensouse que era froito da fantasía do seu autor, Alfred Keller (1902-1955). Non obstante existe e pertence a unha familia de auténticos "bichos raros" que se poden atopar nas copas das árbores das selvas brasileiras, aínda que hai que buscalos con atención porque non chegan a un centímetro. Para camuflarse os membros do xénero Bocydium desenvolveron incribles adaptacións, que imitan cornos, pelo...O resultado é realmente curioso.

FONTE: Xornal abc/ciencia

INSECTOS RAROS: O GRILOTOUPA

INSECTOS RAROS: O GRILOTOUPA

Esas "temibles" poutas pertencen a un grilotoupo, un insecto emparentado cos saltóns / Imaxe: PhotoDings 

O grilotoupa  ou alacrán ceboleiro (Gryllotalpa grillotalpa) é outro capricho da natureza e a especialización. Trátase dun ortóptero (saltón) especializado en cavar tobos, como as toupas, polo que as súas patas dianteiras están adaptadas para horadar a terra, en especial as das femias, e transformáronse en potentes patas escavadoras. Os machos utilízanas para facer tobos nos que se refuxian para cantar e atraer a súa parella. Ten un impresionante escudo rodeando o colo que lle dá un aspecto máis raro aínda. Mide uns cinco centímetros e é bastante frecuente en Europa. Aliméntase de raíces e en maior medida de pequenos insectos que encontra no chan.

FONTE: Xorbal abc/ciencia 

INSECTOS RAROS: A "MANTIS" ALIENÍXENA

INSECTOS RAROS: A "MANTIS" ALIENÍXENA

É unha rama seca ou un insecto? / Imaxe:fotonatura.org

Aínda que parece sacada dunha película de alieníxenas, a Empusa pennata pódese atopar en España, Portugal e Francia. Quizais é menos coñecida que o seu parente, a barbanteda (Mantis religiosa). Divisalas require certa habilidade, porque mimetíznser co ámbito e quedan inmóbiles durante longo tempo. Logo lanzan atinados golpes para atrapar as súas presas. Podería lembrar tamén un insecto pau.

FONTE: Xornal abc/ciencia

AS DUNAS DE "STAR TREK" DE MARTE

AS DUNAS DE "STAR TREK" DE MARTE

Dunas con forma de V captadas pola sonda MRO /NASA

A espectacular imaxe con forma de V recorda ao emblema das naves de Star Trek , que levaban o Capitán Kirk e Spock nos seus uniformes. Pero aínda que custa crelo, son dunas sobre a superficie de Marte, nun gran crater preto dunha rexión denominada Mawrth Vallis. A impactante fotografía foi captada o pasado mes de decembro pola sonda Mars Reconaissance Orbite  (MRO).

A curiosa estrutura das dunas débese ás formas que se van forxando polo efecto dos ventos que moldean a area, e pola propia topografía do cráter marciano.

A sonda MRO é unha nave lanzada en 2005 para explorar Marte, co fin de examinar potenciais zonas de aterraxe para futuras misións na superficie e realizar transmisións para estas. É o cuarto satélite artificial que orbita Marte (uníndose a Mars Express, Mars Odyssey e Mars Global Surveyor). En outubro de 2006 comezou a súa inserción en á órbita marciana para realizar detalladas análises da súa topografía.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia 

RESOLTO O MISTERIO DO DONUT DE MARTE

RESOLTO O MISTERIO DO DONUT DE MARTE

O lugar onde apareceu a rocha en Marte, antes e despois do seu achado / NASA

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) resolveu o misterio sobre unha curiosa rocha atopada en Marte a finais de xaneiro, que parecía saír da nada e alcumada popularmente como “donut de marmelada” (Pinnacle Island) pola súa peculiar aparencia, similar á deste doce, de catro centímetros de diámetro, de cor branca e o seu centro vermello.

O que sorprendeu os científicos non foi só o seu estraño aspecto senón, sobre todo, que non encontraban explicación a como chegara alí, xa que só estaba na segunda de dúas fotografías tomadas tan só con dúas semanas de diferenza polo robot Curiosity sobre a mesma porción de superficie no planeta Marte.

A NASA puxo fin ao misterio ao explicar que a enigmática rocha non era máis que un anaco desprendido dunha rocha maior que desprazara coas súas rodas o propio robot, un enxeño espacial que inspecciona a superficie de Marte en busca de novos descubrimentos sobre este planeta dende o 6 de agosto de 2012.

FONTE: Xornal El Mundo

INSECTOS RAROS: GURGULLO XIRAFA

INSECTOS RAROS: GURGULLO XIRAFA

O gurgullo xirafa / Imaxe: Edwin Giesbers

 

Este gurgullo de 2,5 centímetros é un dos escaravellos máis raros e vive exclusivamente en Madagascar. O seu nome científico é  Trachelophorus giraffa , en alusión ao longo colo articulado dos machos desta especie, que é tres veces maior ao das femias, lembrando a unha grúa. Sérvese do seu longo colo para construír o niño e tamén para loitar cos seus competidores á hora de encontrar parella.

FONTE: Xornal abc/ciencia

INSECTOS RAROS: FORMIGA PANDA

INSECTOS RAROS: FORMIGA PANDA

O seu pacífico aspecto engana. En realidade é unha avespa provista dun potente aguilón / Imaxe: Chris Lukhaup

Non é unha formiga nin ten nada que ver cun oso panda, salvo no aspecto. Pero parece deseñada a partir deses dous animais, como unha especie de Frankenstein animal. En realidade trátase dunha avespa da familia mutilidae, insectos conocios como formigas de veludo polo lanuxe que recobre o seu corpo. Descrita por primeira vez en 1938, deseguida recibiu o alcume formiga Panda (Euspinolia militaris) polo seu aspecto "parecido" ao panda xigante. A pesar do seu simpático e pacífico aspecto, ten un potente aguillón para atrapar as súas presas. É endémica dos bosques de Chile.

FONTE: Xornal abc/ciencia