Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

SERPES VOADORAS

 

Algunhas serpes poden voar. Soa como un pesadelo espantoso, pero nas selvas do sueste asiático deslízanse polo aire coma se fosen un látego en forma de "S". Poden percorrer 30 metros dende unha árbore alta, toda unha fazaña para un animal aparentemente tan pouco aerodinámico. Pero, que mantén no aire estes réptiles? 

Segundo os investigadores que publican un estudo no  The Journal of Experimental Biology, todo o corpo da serpe defórmase para xerar o impulso necesario para permanecer no aire. As serpes dobran as súas costelas ao lanzarse para estirar e aplanar o corpo cambiando o seu perfil dun círculo a un arco de semicírculo, parecendo a versión dun “ovni”.

Existen cino especies de serpes voadoras, que pertencen ao xénero Chrysopelea. Os científicos non saben con que frecuencia ou por que voan exactamente, pero cren que é probable que o fagan para escapar doutros depredadores, pasar dunha árbore a outro sen ter que descender ata o chan ou, quizais, mesmo para cazar as súas presas por sorpresa.

Para coñecer a capacidade aerodinámica das serpes, os investigadores, do Instituto Politécnico de Virxinia, utilizaron unha impresora 3D coa que reproduciron o corpo dunha destas serpes voadoras e recrearon as mesmas condicións que provoca o aire nun tanque con auga (aínda que a auga é moito máis densa e pegañenta que o aire, os científicos din que as condicións son comparables) a diferentes velocidades. Desta forma, puideron comprobar como a forma ondulada da serpe favorecía o seu deslizamento.

Os investigadores cren que os animais reais obteñen mellores resultados que os do seu modelo de estudo. Seguirán investigando máis sobre estas piruetas aéreas que poden parecer aterradoras, pero que son un auténtico espectáculo da natureza.

FONTE: Xornal abc/ciencia

 

O GOLFIÑO NO RÍO ARAGUAIA

O GOLFIÑO NO RÍO ARAGUAIA

O fociño alongado e fino permítelle cazar fácilmente a este exemplar de golfiño Araguaia / Nicole Dutra

No medio do Amazonas (o bosque tropical máis extenso do mundo, onde se encontra máis da metade da biodiversidade a escala mundial) discorre un río de máis de dous mil quilómetros de lonxitude, o río Araguaia. As súas augas, que cruzan a parte central de Brasil e desembocan no Atlántico, albergan a unha especie de golfiño de río descoñecida ata agora, bautizado como golfiño Araguaia (Inia Araguiaensis). A primeira vez que se tivo constancia dos golfiños de auga doce foi no ano 1918. Agora, case un século despois, volveuse descubrir unha nova especie. Os golfiños de río, grazas ao seu longo e fino fociño dentado, cazan doadamente os peixes. Ademais, o seu colo, a diferenza dos golfiños de océano, permítelle maior mobilidade xa que as súas vértebras cervicais non están fusionadas. Os autores desta investigación, publicada na revista científica Plos One, sinalan que o seu obxectivo era estudar ás dúas especies de golfiños que coñecían ata o momento na zona (Inia geoffrensis e Inia boliviensis), xa que gran cantidade da fauna do Araguaia compórtea coa conca do Amazonas, pero as dúas concas separáronse dende a transición do Plioceno ao Plistoceno, polo que considéraron que eran dúas esepcies distintas. Para comprobalo, recolléronse, en total, mostras de ADN mitocondrial de 121 golfiños: 45 individuos de Inia boliviensis, 44 de Inia geoffrensis e 32 de Inia araguaiensis. Tras comparar os resultados, puideron observar as diferenzas que existían do golfiño araguaia con outros golfiños de río: principalmente menos dentes e algunhas pequenas diferenzas na forma e tamaño do cranio e as mandíbulas.

Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorios, este grupo de científicos pertencentes á Universidade Federal do Amazonas (UFAM) concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 golfiños araguaia. Ademais, con respecto á súa distribución,  contan que tamén se atopan no río Tocantis, que se une no curso baixo do Araguaia e que xuntos desembocan no Atlántico.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

 


PINNACLE ISLAND: O MISTERIOSO DÓNUT DE MARTE

PINNACLE ISLAND: O MISTERIOSO DÓNUT DE MARTE

Imaxe do lugar onde apareceu a rocha en Marte, antes e despois do seu achado / NASA

O seu tamaño e forma son similares a un dónut, e ten bordos de cor branca resplandecente cun centro de cor vermella rubí. Así é a misteriosa rocha que   encontrou o rover Opportunity nun lugar onde "non" había nada doce días antes".

As imaxes captadas polo robot nunha zona de
Marte denominada "Murray Ridge" xeraron un gran balbordo no equipo que leva a misión, que xa está a barallar posibles explicacións para a repentina aparición desta rocha.

O achado presentouse nun acto no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) no que se celebraban os 10 anos de servizo de Opportunity en Marte. Durante a reunión, mostráronse as fotografías enviadas polo rover con 12 días de diferenza, na que se pode ver practicamente a mesma paisaxe coa diferenza da presenza dunha rocha, bautizada como "Pinnacle Island".

Opportunity encontrábase parado na devandita zona debido ao mal tempo en Marte. Agora, os expertos mantivérono alí ata que poidan resolver o porqué deste sorprendente achado.

Ata o momento, baralláronse dúas posibles explicacións: ou ben a rocha foi lanzada a ese lugar despois dun impacto dun meteorito ou, a que consideran máis probable, chegou alí tras desprenderse polo paso do propio Opportunity.

A NASA recoñeceu que o rover está a ter problemas para moverse nestes días e que as súas rodas poderían ter provocado o desprendemento dalgúns entullos na rocha na que se asentou.

En canto ao tipo de rocha, unha inspección inicial indica que é moi rica en xofre e potasio. Ademais, parece estar en posición boca abaixo, é dicir, que a parte visible non se tería visto afectada pola atmosfera marciana, talvez durante millóns de anos. A NASA continuará agora coas investigacións sobre estes restos.

Hai xa unha década que o robot Opportunity aterrou en Marte. Xunto ao seu xemelgo, Spirit, que aterrou tres semanas antes, forma parte do Programa de Exploración de Marte da NASA para poder encontrar signos de auga no bordo dun cráter.

FONTE : Xornal El Mundo/Ciencia

O VOO SINCRONIZADO DOS IBIS

O VOO SINCRONIZADO DOS IBIS

Cinco Ibis eremitas voan en formación / Markus Unsöld (AP/NATURE)

Os ibis voan en bandada con tal precisión de movementos que deixaron pampos un grupo de científicos do Royal Veterinary College de la Universidad de Londres (Reino Unido). Nun estudo da revista Nature , o equipo de investigadores mediu cada aletada de 14 aves durante 43 minutos. Quedaron "asombrados" polo grao de control dos animais sobre os seus movementos e os dos compañeiros.

Estas aves, como os pelicanos, as gansas e outras especies que migran en bandada, voan formadas en V e axitan as ás por orde: Primeiro a ave situada no pico da V (por diante da bandada), e as que a seguen, unha detrás doutra, de forma gradual. Os científicos cren que así, as correntes de aire creadas polas de diante son aproveitadas polas de detrás para aforrar enerxía, cunha exquisita precisión de ritmo. O voo pódese visualizar como unha onda permanente; dúas aves separadas pola distancia xusta dunha onda teñen as ás na mesma posición exacta durante o voo.

O equipo, composto por investigadores británicos, alemáns e austríacos, estudou un grupo de aves da especie
Ibis eremita, criados en catividade no Zoo de Vienna. Estes ibis aprenderon a seguir os seus criadores humanos nunha avioneta, o que permitiu aos científicos vixiar a súa ruta migratoria ata Italia, onde pasan o inverno. Cada paxaro levaba un aparato de GPS e outro que mide a aceleración do aleteo no lombo.

Comprender como os voos en grupo permiten aforrar enerxía a estas aves podería axudar á industria aeronáutica, especialmente para máquinas como drones e ornitópteros (avións cuxas ás se moven de forma similar ás dos paxaros).

FONTE: Xornal El País/Ciencia 

O DELFÍN CLIMENE: O RESULTADO DUNHA HIBRIDACIÓN NATURAL

O DELFÍN CLIMENE: O RESULTADO DUNHA HIBRIDACIÓN NATURAL

Delfín Climene (Stenella clymene) / PLoS ONE 

A hibridación natural, é dicir o resultado do cruzamento entre individuos de especies diferentes, é un proceso común en plantas, peixes e mesmo aves pero moi pouco habitual en mamíferos.

Un estudo xenético publicado esta semana na prestixiosa
revista PLoS ONE  mostra, en cambio, un dos primeiros casos documentados de hibridación natural en cetáceos. O traballo encabezado por expertos do Museo Americano de Historia Natural, Wildlife Conservation Society, Instituto Sakler de Xenómica Comparada e Universidade de Lisboa indica que o pequeno  delfín Climene  (Stenella clymene), tamén coñecido como delfín acróbata pola súa habilidade nos saltos, é o resultado dunha hibridación natural do delfín listado (Stenella coeruleoalba) e o delfín xirador ou acróbata de fociño longo (Stenella longirostris).

O resultado deste cruzamento é unha especie que, entre outras características, herdou a habilidade para saltar sobre a auga dun dos seus proxenitores (non se sabe con certeza, pero posiblemente sexa o pai) e o fociño curto do outro proxenitor (posiblemente a nai sexa da especie do delfín listado).

A clasificación do delfín Clímene supuxo un desafío para os taxonomistas, que inicialmente consideraron que era unha subespecie do delfín Stenella longirostris. En 1981, as análises morfolóxicas exhaustivas estableceron que se trataba dunha especie distinta mentres que os datos xenéticos aclararon agora que a orixe do delfín Clímene é unha mestura directa de dúas espécies moito máis coñecidas e estendidas polo Atlántico.

Como base na investigación, os autores examinaron o ADN nuclear e mitocondrial de mostras de pel obtidas a partir dos dous delfíns en liberdade por medio de dardos de biopsia e delfíns falecidos obtidos a través de eventos de varamento. Usando mostras de 72 delfíns individuais, os investigadores ampliaron un marcador de ADN mitocondrial e seis marcadores de ADN nuclear como medio para analizar a evolución da relación entre o delfín listado e os seus parentes máis próximos.

O equipo descubriu que mentres que o xenoma mitocondrial do delfín Clímene se parecía máis ao delfín listado, o xenoma nuclear revelou unha relación máis estreita co delfín xirador.

FONTE: Joaquim Elcacho /Xornal La Vanguardia/Natural

A CANLE DE PANAMÁ: PASADO, PRESENTE E FUTURO

 

A canle de Panamá é unha canle de navegación, localizada en Panamá , no punto máis estreito entre o mar Caribe (océano Atlántico) e o océano Pacífico. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes tiñan que dar a volta o Cabo de Fornos, o que provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX e o que levamos do XXI.

Pero cos anos os barcos foron medrando e as dimensións da canle son as mesmas que na súa inauguración polo que os maiores barcos que hoxe circulan son os denominados Panamax (determinados polas dimensións das cámaras das esclusas da canle, isto é: 33,53 metros de anchura por 320 metros de lonxitude).

Ante esta situación e coa aparcición dos barcos que superan as medidas da canle (denominados Post-Panamax), a competencia da canle de Suez (moito máis ancha) e as posibles rutas alternativas que empezan a posicionarse, fixeron que tralo referendo nacional do 22 de outubro de 2006 no que o pobo panameño cun 76,8% do voto, o proxecto dun novo carril de tráfico ao longo da canle construíndo un novo xogo de esclusas fose aprobado.

A realización deste megaproxecto foi encargado a un consorcio, o Grupo Unidos pola Canle (GUPC), no que participa a empresa española  Sacyr, que de seguro coñeceredes pois nestes días está nos medios de comunicación por pedir un sobrecustesde 1.600 millóns de dólares (1.177 millóns de euros) por problemas xeológicos non detectados.

No vídeo superior tedes toda a historia da canle de Panamá e tamén os datos desta ampliación, que fan desta canle unha obra faraónica do seculo XX e, por agora, do século XXI.

A ESTRELA E OS MAGOS DE ORIENTE

A ESTRELA E OS MAGOS DE ORIENTE

Os Magos de Oriente, a Estrela e o Portal / Imaxe:blogdeoaxaca.org 

No evanxeo de San Mateo lese: " Onde está o neno que naceu para ser o rei dos xudeus? Vimos a súa estrela no leste e viñemos aquí a renderlle homenaxe". Tras preguntar isto ao rei Herodes, os Magos de Oriente volven ver a estrela que, segundo se deduce da súa pregunta, perderan.

A estrela aparece no evanxeo como outros cumprimentos das profecías do Antigo Testamento: "... virá unha estrela nacida de Jacob [...] que desfará as esquinas de Moab e destruirá os descendentes de Sheth". Na tradición cristiá, unha estrela que se move guía uns ’Reis’ cara ao portal de Belén. Este aparece só no evanxeo San Lucas, pero nel non hai estrela nin magos.

Antonio Ruiz Elvira, catedrático de Física Aplicada, recorda que "non" hai rexistro histórico desa estrela". Arredor do ano cero non pasou ningún cometa polo sistema solar. Giotto pintou unha das primeiras estrelas de Belén tras ver o cometa Halley... en 1301. Pero non se viu nas datas do nacemento. Os rexistros de Babilonia non describen ningún evento astronómico de importancia, nin sequera unha conxunción de planetas. A estrela de Belén introduciuse para poder dicir que se cumprira unha das profecías sobre un Mesías para o pobo de Israel. Hoxe iso non interesa, e o Mesías non é un guerreiro liberador dunha pequena rexión do planeta, senón un sabio que sinala que o que hai que liberar é a mente humana de ideas absurdas.

FONTE: Antonio Ruíz de Elvira / Mario Viciosa / Daniel Izeddin / Xornal El Mundo

STEVIA

STEVIA

Stevia rebaudiana Bertoni / Imaxe: losproductosnaturales.com 

Cada día desaparece das nosas mesas máis azucre, fundamentalmente por causas relacionadas coa obesidade e diabetes, aínda que tamén pola cultura á figura corporal. Súplese fundamentalmente por sacarina e aspartamo, pero recentemente aparece nos supermercados a stevia, un edulcorante capaz de adozar os alimentos cunha potencia de 300 veces máis dulzor que o azucre común, sen achegas apenas calorías nin provocar unha elevación da glicemia en sangue, polo que se admitiría o seu uso en diabéticos.

Pero que é a stevia?

A planta Stevia rebaudiana Bertoni, comunmente chamada stevia ou estevia, foi mencionada por primeira vez polo botánico e médico español Pedro Jaime Esteve (1500-1556) que a encontrou no nordés do territorio que hoxe se chama Paraguai, por iso leva o seu nome o xénero no nome científico.  O resto do mesmo é na honra de dous científicos (Rebaudí e Bertoni) que a estudaron e clasificaron en primeiro lugar.

A stevia é un pequeno arbusto herbáceo que non adoita superar os 80 cms de alto, de folla perenne, e da familia dos crisantemos. A súa folla  é a parte máis doce da planta e onde residen as súas propiedades terapéuticas. As flores   son pequenas e brancas, e non demasiado vistosas. As sementes desta planta son aquenios moi lixeiros que son diseminados polo vento e teñen unha capacidade de xerminación mais ben escasa.

A pesar de que a stevia estívose a vender en Xapón durante case 40 anos, non foi senón ata 2008 que en Estados Unidos se aprobaron os produtos con esta planta como un aditivo da comida. Na Unión Europea non foi senón ata 2011.