Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

"INDULTO REAL" PARA ALAN TURING

"INDULTO REAL" PARA ALAN TURING

Alan Turing de novo / SHERBORNE SCHOOL AFP-PH-HNI

A figura do matemático Alan Turing (1912-1954), pai da computación moderna e home clave para a vitoria británica na Segunda Guerra Mundial por crackeo do código "irrompible" nazi Enigma, recibiu finalmente un indulto real que trata de emendar a súa condena penal por ser homosexual, un feito que lle levou ao suicidio.

A máquina electromecánica de Turing, considerada unha precursora dos ordenadores modernos, logrou desbloquear o código utilizado polos submarinos alemáns no Atlántico. O seu traballo en Bletchley Park está considerado clave para o final da II Guerra Mundial.

Non obstante, Turing foi despedido do seu posto de traballo e someteuse a unha castración química mediante inxeccións de hormonas femininas tras ser declarado culpable de ter relacións sexuais cun home, un delito considerado grave en 1952. De feito, as prácticas homosexuais foron ilegais no Reino Unido ata 1967.

Turing suicidouse en 1954, 41 anos de idade, tras inxerir cianuro.

O Ministro de Xustiza británico, Chris Grayling, afirmou que o indulto da raíña Isabel entra en vigor inmediatamente, como merecida homenaxe a "un home excepcional, cunha mente brillante,".

Máis vale tarde que nunca!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O DINOSAURO "PUNKI"

O DINOSAURO "PUNKI"

Dinosauro "pico de parulo" / Current Biology

Os restos dun interesante dinosauro momificado, pois conservou partes brandas, que viviu hai uns 72 millóns de anos na actual Alberta (Canadá)  causaron unha enorme sorpresa ao equipo de Australia, Italia e Canadá que o estaba a investigar. O dinosauro "pico de parrulo" (un hadrosáurido) canadense tiña a cabeza tocada cunha crista de tecido brando, que os investigadores equiparan á dos galos. Moitos hadrosáuridos tiñan cristas óseas, relacionadas coas foxas nasais, polo que as súas funcións deberon de ser olfactivas ou sonoras. Pero este non é o caso do novo achado, polo que a utilidade, no caso de tela, deste tipo de pequena crista branda sería diferente; e para defenderse ou combater con outros individuos mellor sería dotarse dun apéndice máis robusto, así que ben puido ter un papel de exhibición social (pois as cristas coñecidas, xa sexa actuais ou fósiles, humanos excluídos, están sempre asociadas a comportamentos de apareamento).

As primeiras reaccións á publicación desta hipótese sospeitan que a crista puidese non ser tal estrutura senón algunha outra parte da pel da cabeza ou do colo do animal que quedase situada nesa curiosa posición durante os procesos de fosilización. Pero os autores do traballo cren que outro exemplar semellante, procedente de Estados Unidos, podería ter tamén a devandita estrutura. Mentres estes aspectos paleontolóxicos se resolven definitivamente podemos fantasiar que, dado que as cristas das aves actuais coas que se compara están presentes en ambos os dous sexos, a primeira "tribo urbana" recoñecible visualmente polos seus toucados remontaríase, polo menos, ao Cretácico Superior norteamericano.

FONTE: Blogosaurio/Xornal El Mundo/Ciencia 

FELICITACIÓN NAVIDEÑA GALÁCTICA

FELICITACIÓN NAVIDEÑA GALÁCTICA

Imaxe da estrella RS Puppis tomada polo telescopio Hubble / NASA

A novas imaxes que o telescopio Hubble  captou da estrela RS Puppis   e a súa nebulosa parecen ser unha felicitación de Nadal anticipada, a xulgar pola forma de grilanda que as nebulosas crearon en entorno a ela.

Estas fumatas de aspecto sedoso corresponden con diferentes períodos de luminosidade dunha estrela variable, é dicir, cuxa luminosidade varía ao longo do tempo. Grazas a estas fases os astrofísicos poden medir distancias cosmolóxicas de certa envergadura. A RS Puppis pertence ao tipo de Cefeideas (o nome vén da estrela delta Cefei, que é o prototipo destas estrelas variables) e é a que presente uns cambios máis regulares. Precisamente, foron as Cefeideas as que permitiron descubrir, a principios do século XX, que o Universo era moito máis grande do que se pensaba.

O fenómeno que resulta coñécese como "eco de luz".

FONTE: Xornal El mundo/Ciencia

O DINSOSAURO "MEI LONG"

O DINSOSAURO "MEI LONG"

Recreación artística do dinosaurio “Mei long

A paleontoloxía trata de descifrar calquera aspecto relacionado coa vida pretérita, mediante restos denominados fósiles.

Mei long  é un fósil sensacional. Trátase dun  troodóntido do Cretácico Inferior  atopado na provincia chinesa de  Liaoning, que ao seu belo nome engade a non menos fascinante característica de mostrarnos algo que vai moito máis alá da súa anatomía ou do seu parentesco coas aves ( mèi=sono profundo e lóng=dragón).    

 Pero os fósiles sorpréndennos porque encerran moita máis información codificada que a da súa propia identidade. E Mei non só exhibe impudicamente todos os seus trazos corporais. Tamén conservou durante moito máis de cen millóns de anos a súa alma, o seu comportamento. Morreu anicado, nunha postura típica das aves actuais, coa cabecita escondida entre o corpo e unha das súas patas dianteiras, talvez buscando protección ante unha avalancha de cinzas volcánicas.

FONTE: Luis Alcalá/Blogosaurio/Xornal El Mundo

O MISTERIOSO HEXÁGONO DE SATURNO

O MISTERIOSO HEXÁGONO DE SATURNO

O hexágono de Saturno pola sonda Cassini /NASA

O xigantesco hexágono de Saturno é unha das estruturas máis misteriosas do Sistema Solar. Situado na atmosfera do polo norte do planeta, a súa orixe aínda non foi esclarecida de todo. O que si se sabe é que esta fortísima corrente de aire é xigantesca, de 30.000 km de lonxitude e que no seu centro caben catro Terras, con ventos de 300km/h e que responde a un patrón regular do círculos concéntricos, espirais e figuras serpeantes. Ademais, é extraordinariamente lonxevo, xa que se coñece dende hai tres décadas. Agora, a nave espacial Cassini da NASA obtivo as imaxes en máis alta resolución conseguidas ata agora deste raro fenómeno de seis lados.

Non hai nada parecido noutro lugar do Sistema Solar!

POR QUE NON NOS MAREA O MOVEMENTO DE ROTACIÓN DA TERRA

POR QUE NON NOS MAREA O MOVEMENTO DE ROTACIÓN DA TERRA

Oído / Imaxe:cepvi.com

Cando xiramos sobre patíns, bailamos dando voltas ou montamos nunha nora, mareámonos doadamente. Non obstante, estamos a xirar sen parar na xigantesca nora que é a Terra sen ningún problema. E iso que o noso planeta dá unha volta sobre si mesmo aproximadamente cada 24 horas, o cal significa que movémonos a 1.276 km/h. Pero non o notamos. Por que?

O profesor Antonio Ruiz de Elvira, catedrático de Física da Universidade de Alcalá, dá a explicación: O mareo é un efecto secundario do mecanismo para manter o equilibrio en tres dimensións, as tres canles semicirculares perpendiculares entre si dos oídos. Cando xiramos a cabeza lentamente, o corpo decátase e tensa músculos distintos para manternos ergueitos. Pero cando a movemos moi rápido, o cerebro non sabe como actuar, e ás veces caemos por descoordinación muscular.

Non obstante, o movemento, como dixeron Galileo e Einstein, só ten significado se é relativo, se o relacionamos con algo que non se move. Nun avión, de noite e sen turbulencias, non sabemos que nos movemos. Isto mesmo pásanos coa Terra: para os nosos oídos estamos parados, pois todo o que nos rodea nóvese connosco.

FONTE: Antonio Ruiz de Elvira/Xornal El Mundo/Ciencia

A MORTE DE "MING", O ANIMAL MÁIS VELLO DO MUNDO

A MORTE DE "MING", O ANIMAL MÁIS VELLO DO MUNDO

A vella ameixa «"Ming", de 507 anos, morta durante a súa inspección / Universidade de Bangor

A historia da morte da ameixa "Ming", o animal máis vello do mundo, uns 507 anos, ás mans dos seus investigadores conseguiu captar a atención de medio mundo ata o punto de converterse nunha absurda e surrealista trama de novela negra. Ante as queixas dalgúns enfurecidos amantes dos animais e a aparición dalgunhas interpretacións erróneas do suceso, os científicos que examinaron o exemplar, da Escola de Ciencias do Mar da Universidade de Bangor en Gales (Reino Unido), víronse obrigados a facer público un comunicado con algunhas aclaracións ao respecto. Aseguran que xamais tiveron a intención de rematar coa vida dun exemplar tan lonxevo, xa que antes de abrir a cuncha para examinala, proceso no que a ameixa morre inevitablemente, non podían saber de ningún xeito a súa idade.

O vello "Ming", da especie Arctica islandica, foi recuperado en 2006 durante unha campaña en augas costeiras islandesas que formaba parte dun proxecto de investigación sobre os cambios climáticos nos últimos 1.000 anos. Estas ameixas resultan moi útiles neste tipo de estudos, xa que conteñen rexistros moi significativos dos cambios climáticos mariños incrustados nas súas cunchas.

Para levar a cabo a investigación, os científicos recolleron espécimes vivos e restos de cunchas nun número restrinxido co fin de garantir un impacto mínimo nas poboacións. «Ming» foi recollida xunto con moitas outras ameixas e como que é imposible determinar a idade das ameixas ata que se abriron as súas cunchas, non había indicios da súa avanzada idade.

Os investigadores insisten en que "a idea de que sabiamos de antemán que era a especie máis lonxeva e foi destruída deliberadamente é claramente incorrecta".  

De tolos!

FONTE: Xornal abc/ciencia

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (VII)

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (VII)

 

O 17 de decembro de 2012, a NASA estrelou intencionalmente dúas naves espaciais contra a Lúa. As dúas sondas xemelgas da misión Gravity Recovery and Interior Laboratory (Grail)    , destinada a elaborar un mapa de gravidade do noso satélite, encaixáronse contra unha montaña do polo norte lunar debido a que non tiñan nin suficiente altura nin combustible para seguir coas súas investigacións científicas. Outra sonda da axencia espacial estadounidense, a Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO)  , fotografou os restos das naves na zona de impacto, que vedes na parte superior.

FONTE: Xornal abc/ciencia