Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

O CABALIÑO DE MAR PIGMEO

 

O cabaliño de mar pigmeo (Hippocampus bargibanti) é unha especie de peixe óseo (Teleósteos) da orde dos Syngnathiformes. A súa camuflaxe é tan notable que non foi descuberto ata 1969 cando, estudando nun laboratorio australiano unha gorgonia(Cnidario) do xénero Muricella apareceu este pequeno peixe.

Viven na rexión que conforma o Triángulo de Coral, no sueste de Asia, dende o sur tropical de Xapón, a Filipinas, Indonesia, o leste de Palau, Papua Nueva Guinea, Illas Salomon, Fiji, Vanuatu e a Grande Barreira de Australia. O seu nome "pigmeo" provén do seu pequeno tamaño que alcanza un máximo de 2,7 centímetros dende a punta da cola ata o extremo do morro. 

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO IX: PIÑEIROS BRISTLECONE

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO IX: PIÑEIROS BRISTLECONE

Piñeiros bristlecone / Imaxe: Rachel Sussman

Algúns dos piñeiros bristlecone que se encontran nas Montañas Brancas de California teñen máis de 4.500 anos de antigüidade. Un deles, coñecido como «O Vello», ten 4.679 anos. Estes piñeiros non só son lonxevos, son ascetas. Sobreviven con moi pouca auga e alimentos durante toda a súa vida ao estar situados nunha zona de pedra calcaria que contén poucos nutrientes. Por ese motivo, inviste moi pouca enerxía no seu crecemento e non son moi altos. O máis alto apenas ten 18 metros.

FONTE: Xornal abc/ciencia

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VIII: ACTINOBACTERIA DE SIBERIA

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VIII: ACTINOBACTERIA DE SIBERIA
Actinobacteria de Siberia / Imaxe:Rachel Sussman

 

Actinobacterias de Siberia, Rusia, achadas nunha capa de xeo. Análises do ADN determinaron que teñen entre 400.000 e 600.000 anos. Sorprendentemente, a bacteria non permanecera latente baixo o permafrost (capa de xeo permanente nos niveis superficiais do chan das rexións moi frías ou periglaciares, como é a tundra), senón que reparara o seu material xenético de forma continua.

FONTE: Xornal abc/ciencia

O OVO: UN ALIMENTO CON NÚMEROS E LETRAS

O OVO: UN ALIMENTO CON NÚMEROS E LETRAS

Código nos ovos de galiña / Imaxe:cuidatesano.com

O ovo é un dos alimentos con maior presenza nas cociñas domésticas. A súa gran versatilidade faino un produto apto para numerosas preparacións culinarias, dende crus para a elaboración de salsas, a outras receitas como fritos ou escaldados.

Os ovos de categoría A son de primeira calidade, frescos, son os considerados aptos para o consumo humano e que deben cumprir cuns requisitos concretos: a casca debe estar limpa e intacta; a clara debe ser transparente, sen manchas, de consistencia xelatinosa e sen materias estrañas; a xema debe ser visible ao trasluz como unha sombra; non debe ter olores estraños. Os ovos que non cumpren os requisitos da categoría A clasifícanse como de categoría B. Dentro deste grupo hai os que son aptos para o consumo humano, pero que se destinan á elaboración de ovoproductos na industria alimentaria, onde se elimina do ovo calquera risco sanitario para obter ovoproductos seguros. Os ovos de categoría B que non son aptos para o consumo humano, úsanse para fins non alimentarios ou destrúense.

Os ovos de categoría A, os únicos aptos para o consumo humano, levan un código composto dunha serie de díxitos. O primeiro número indica como se criou a galiña (0 = produción ecolóxica; 1 = camperas, son as que ademais de estar nunha nave como as criadas no chan, teñen acceso durante o día ao aire libre; 2 = chan, están en naves e dispoñen de certa liberdade de movemento; 3 = gaiolas, case todas as galiñas poñedoras de ovos se crían en gaiolas). O segundo e terceiro díxitos son letras, que indican o Estado membro do cal proceden (É para España). O resto de díxitos indican o produtor (provincia, municipio e explotación gandeira).

Os ovos de galiña da categoría A clasifícanse segundo o tamaño. Os pequenos ou S pesan menos de 53 gramos; os medianos ou M pesan 53 gramos e 63 gramos; os grandes ou L pesan entre 63 gramos e 73 gramos; os super grandes ou XL pesan 73 gramos ou máis.

FONTE: Revista Consumer/Seguridade Alimentaria

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VII: O PANDO

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VII: O PANDO

O Pando / Rachel Sussman

O Pando ou "xigante tremente" é unha colonia vexetal xurdida dun único chopo tremente masculino (Populus tremuloides) que cobre aproximadamente medio quilómetro cadrado preto de Fish Lake, en Utah (EUA), e que conta cuns 47.000 talos individuais. É un só organismo, conectado por un enorme sistema de raíces baixo terra. Pesa unhas 6.600 toneladas, o que os converte no organismo máis pesado do mundo. Ten 80.000 anos de antigüidade, polo que tamén é un dos máis vellos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

A "CARA" DE MARTE

A "CARA" DE MARTE

A cara ce Marte / Imaxe: NASA

Aínda que Marte é un dos obxectos celestes máis observados e estudados, e aínda que o ser humano foi capaz de colocar na súa órbita e na súa superficie un número de instrumentos, sondas e rovers nada desdeñable, o planeta segue suscitando a imaxinación e as fantasías humanas.

Unha das imaxes máis famosas foi captada pola sonda Viking 1 en 1976. Trátase da "cara de Marte", unha figura que recorda perfectamente a un rostro humano, que mide uns 3 quilómetros de longo por 1,5 de quilómetros e está situada na rexión de Cidonia.

Os amantes da ufoloxía pronto interpretaron o achado como a proba da existencia dunha civilización extraterrestre, pero a cara non é tal. Só é unha formación xeolóxica natural, un humilde montículo capaz de enganar os nosos sentidos. O cerebro tende a facernos recoñecer as formas que xa coñece.

FONTE: Xornal abc/ciencia

HOXE PODEMOS VER UNHA ECLIPSE DE LÚA PARCIAL

HOXE PODEMOS VER UNHA ECLIPSE DE LÚA PARCIAL

Eclipse lunar / Imaxe: xornal abc/ciencia

Hoxe, xoves 25 de abril, producirase a segunda  eclipse de Lúa máis breve do século XXI. Será parcial, así que só unha parte do noso satélite natural permanecerá na escuridade. Será visible dende España, sen necesidade de prismáticos nin telescopio e durara sobre media hora.

A súa secuencia será a seguinte:
-Primeiro contacto coa penumbra: 20:01:26. Non visible, a Lúa está baixo o horizonte.
-Primeiro contacto coa sombra: 21:50:23. Visible.
-Máximo da eclipse: 22:07:21. Visible.
-Ultimo contacto coa sombra: 22:24:19. Visible.
-Ultimo contacto coa penumbra: 00:13:16 do 26 de abril. Visible.

Non perdades este espectáculo!

CHUVIA DE METEOROS: LÍRIDAS

CHUVIA DE METEOROS: LÍRIDAS

Líridas /Imaxe: xornal abc/ciencia

Chegou o momento de gozar dunha das chuvias de estrelas máis espectaculares do ano xunto ás Perseidas, Leónidas e Cuadrántidas. As Líridas alcanzan a súa máxima actividade esta noite.

Son meteoros de velocidade alta que radian da Lira ou Lyra, constelación da que toman o nome. O corpo proxenitor das líridas é o cometa Thatcher (C/1861 G1) de longo período.

O mellor momento para observalas é a partir das 22:00 horas, cando a constelación de Lira se levanta sobre o horizonte nordeste.

Non perdades este espactáculo!