Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VI: YUCCA SCHIDIGERA

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO VI: YUCCA SCHIDIGERA

Iuca de Mojave / Imaxe: Rachel Sussman

Pode parecer que esta mata está formada por moitas plantas diferentes, pero en realidade é un único exemplar. A iuca do deserto de Mojave en California (Yucca schidigera, tamén coñecida como "daga española"), clónase a si mesma ata aguantar na Terra durante 12.000 anos. Cada anel pode ter seis metros de ancho. Medra a un ritmo lento de apenas un centímetro por ano. 

OCUPANTES DE CORPOS V: HYMENOEPIMECIS ARGYRAPHAGA

OCUPANTES DE CORPOS V: HYMENOEPIMECIS ARGYRAPHAGA

Larva da Hymenoepimecis argyraphaga adherida á Plesiometa argyra

Unha avespa de Costa Rica chamada Hymenoepimecis argyraphaga   é protagonista dun dos casos de "posesión" parasitaria máis estraños do mundo. A avespa paraliza á araña Plesiometa argyra para adherirlle un ovo no seu abdome. Cando o ovo rompe, a larva perfora a pel da araña e vive de chuparlle o sangue. Pasado un tempo, inxecta á súa anfitriona unha substancia química que a obriga a tecer unha arañeira moi diferente á que faría normalmente. A larva mata e come a araña e tece un botón na arañeira, moi forte e deseñada especificamente con ese fin. Unha semana e media máis tarde, transfórmase nunha avespa.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

OS DEZ SERES VIVINTES MAÍS VELLOS DO MUNDO V: BAOBAB

OS DEZ SERES VIVINTES MAÍS VELLOS DO MUNDO V: BAOBAB
Baoban Glencoe / R.S.

 

O baobab  Glencoe Baobab, en Sudáfrica, é posiblemente a árbore máis corpulenta do mundo. O seu madeiro ten un diámetro de 15,9 metros. A árbore divídese en varios madeiros preto do chan. En novembro de 2009 dividiuse en dúas partes, abrindo un oco enorme. A súa idade estimada é de 2.000 anos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

OCUPANTES DE CORPOS IV: KOLLASMOSOMA SENTUM

OCUPANTES DE CORPOS IV: KOLLASMOSOMA SENTUM
Kollasmosoma sentum / C. van Achterberg

 

A Kollasmosoma sentum é unha especie descuberta en Madrid e descrita o pasado ano. A avespa parasita voa a tan só un centímetro do chan en busca de formigas. En canto localiza o seu obxectivo, lánzase en picado como un bombardeiro para depositar un ovo sobre a vítima en menos de 1/20 de segundo. Cando o ovo eclosiona, a larva aliméntase da propia formiga. O animal foi incluído no «top ten» de novas especies de 2012 elaborado polo Instituto Internacional para a Exploración de Especies da Universidade Estatal de Arizona.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

OCUPANTES DE CORPOS III: SACCULINA CARCINI

OCUPANTES DE CORPOS III: SACCULINA CARCINI
A Sacculina carcini obriga aos cangrexos a levar os seus propios ovos / Hans Hillewaert

 

A especie parasitaria  Sacculina carcini , parente próximo dos afamados percebes, converte os cangrexos en nais (forzosas) de aluguer. Cando só é unha larva, o parasito introdúcese no corpo do cangrexo, aliméntase dos nutrientes do seu sangue e pon os seus ovos. Isto significa que o cangrexo queda estéril se é unha femia, ocupándose dos ovos do parasito coma se fosen os seus. Curiosamente, se se trata dun cangrexo macho tamén asumirá o papel maternal . Cando as novas larvas desenvolvéronse o suficiente como para existir por si mesmas, o cangrexo sobe a unha rocha alta e comeza a abanearse arriba e abaixo ata expulsar as larvas, coma se fosen os seus propios fillos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO IV: A WELWITSCHIA

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO IV: A  WELWITSCHIA
Welwitschia / Rachel Sussman

 

A  Welwitschia , de aspecto estraño e fascinante, é típica do deserto de Namibia. Pode vivir 2.000 anos e a súa floración prodúcese cada cen. A planta está formada por un madeiro groso do que parte unha raíz forte que lle serve para detectar augas subterráneas e dúas únicas follas que se curvan a medida que medran ao longo de toda a vida da planta sen caer nunca.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO III : A LLARETA

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO III : A LLARETA
Llareta (Azorella compacta) / Rachel Sussman

 

A llareta (Azorella compacta) pode alcanzar os 3.000 anos de antigüidade. Vive no deserto de Chile e tamén pode encontrarse en Perú, Bolivia e Arxentina. Parente do perexil, a súa aparencia acolchada alberga miles de botóns de flores de talos longos que están tan densamente empaquetados que poden soportar o peso dun ser humano.

Debido a que é seca e densa, queima ben, como a turba, así que o seu uso como combustible polos paisanos pon en perigo a súa supervivencia.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

OCUPANTES DE CORPOS II: PARAGORDIUS TRICUSPIDATUS

OCUPANTES DE CORPOS II: PARAGORDIUS TRICUSPIDATUS
O parasito obriga ao grilo a botarse á auga / Pascal Goetgheluck

 

O  Paragordius tricuspidatus é un parasito dos grilos probablemente adquirido por inxestión accidental dos ovos. Unha vez dentro, o verme medra de tres a catro veces o tamaño do artrópodo, ocupando todo o seu corpo agás a cabeza e as patas, segundo explican na revista científica do Smithsonian. O parasito produce proteínas que secuestran o sistema nervioso central do grilo, e cando o verme está próximo a madurar, ordénalle botarse á auga, onde é probable que morra. Mentres tanto, o parasito aproveita para saír pola parte traseira do seu anfitrión e atopa o lugar ideal para reproducirse.

FONTE: Xornal abc/Ciencia