Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO II : FAIA ANTÁRTICA

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO II : FAIA ANTÁRTICA
Faia antártica / Rachel Sussman

Esta faia viviu en Queensland, Australia, durante uns 12.000 anos. Reprodúcense por clonación, novos brotes, que son xeneticamente idénticas. A especie denomínase faia antártica porque antes de que estivese cuberta de xeo, estas árbores formaban parte da vexetación do lugar. Cando se separou de Gondwana hai 180 millóns de anos e o sur se fixo máis frío, as faias medraron en climas máis axeitados.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

FENÓMENOS METEOROLÓXICOS: TORNADOS E MANGAS

 

Esta fin de semana aconteceu na nosa localidade un fenómeno meteorolóxico pouco habitual: unha manga mariña. Falouse tamén de tornado. Son termos a diferenciar.

O tornado é un fenómeno meteorolóxico que se produce a raíz dunha rotación de aire de grande intensidade e de pouca extensión horizontal, que se prolonga dende a base dunha nube nai, coñecida como cumulunimbus. A base desta nube atópase a altitudes por debaixo dos 2 Km e caracterízase polo seu gran desenvolvemento vertical, onde o seu tope acada aproximadamente os 10 Km de altura ata a superficie da terra ou preto dela.
A nube é de cor branca ou gris claro mentres que o funil permanece suspendido da nube nai, cando este fai contacto coa terra preséntase dunha cor gris escura ou negra debido ao po e entullos que son succionados do chan polo violento remuíño.
Estes turbillóns chamados tamén chemineas ou mangas, xeralmente rotan en sentido contrario ás agullas do reloxo, no hemisferio Norte. Nalgunhas ocasións preséntanse como un cilindro, cuxo diámetro varía entre a base da nube e a superficie do chan e o seu diámetro inferior é aproximadamente de 1 Km alcanzando algunhas veces os 100 metros.

Cando o tornado se orixina no océano ou no mar en vez de formarse en terra firme, denomínase: Tromba Mariña. As trombas ou mangas mariñas seguen unha dirección vertical, aínda que algunhas veces inclínanse ou curvanse. A súa cor é gris escuro, non obstante, cando as ilumina o sol toman unha cor amarelenta.
Despois de formadas aumentan o seu tamaño. A súa duración polo xeral é de media hora. Antes de desaparecer empezan por diminuír o seu diámetro ata que o mar recobra o seu aspecto normal.

Algunhaz veces pode tocar terra, como foi o caso da nosa localidade, causando pequenos desperfectos.

FONTE:www.onsa.org.ve

OCUPANTES DE CORPOS II : CYMOTHOA EXIGUA

OCUPANTES DE CORPOS II : CYMOTHOA EXIGUA
O crustáceo Cymothoa exigua substitúe á lingua do peixe / Savannah State University

 

O crustáceo  Cymothoa exigua, parasito achado principalmente no Golfo de California, aférrase á lingua dos peixes e bebe o seu sangue ata que o órgano se atrofía e se desintegra. Cando iso acontece, o parasito substitúe á lingua, mesmo nas súas funcións. O convidado aliméntase das mucosas do seu anfitrión sen que este sufra ningún dano nin deixe de alimentarse con normalidade. Trátase do único parasito coñecido que substitúe con éxito a un órgano.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

OS DEZ SERES VIVIENTES MÁIS VELLOS DO MUNDO I : ESTROMATÓLITOS

OS DEZ SERES VIVIENTES MÁIS VELLOS DO MUNDO I : ESTROMATÓLITOS

Estromatólitos / Rachel Sussman

Os estromatólitos son unha especie de "rochas biolóxicas". Están formadas por láminas de carbonato como resultado da actividade metabólica dos microorganismos, principalmente cianobacterias. Un dos exemplos vivos máis coñecidos encóntrase na costas occidentais de Australia. Aparecen no rexistro fósil dende hai 3.500 millóns de anos e representan as primeiras evidencias de vida na terra.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

OCUPANTES DE CORPOS I: CARACOIS ZOMBIS

OCUPANTES DE CORPOS I: CARACOIS ZOMBIS
Un caracol infectado, cun dos seus tentáculos xa colorido / Thomas Hahmann

 

O verme platihelminto Leucochloridium paradoxum, que habita no norte de Europa, invade no seu estado de larva o aparato dixestivo dos caracois e alcanza os seus ollos provocando o inchazón dos tentáculos oculares, que adquiren o aspecto dunha eiruga. O caracol sofre unha especie de cegueira e en vez de ocultarse nas sombras para evitar a depredación, paséase por calquera sitio como un "zombi" co seu novo aspecto. Isto aumenta as probabilidades de ser devorado polas aves, que cren estar a tomar un bocado exquisito. Unha vez acontece, as larvas comezan a desenvolverse, acadando o estado adulto e reproducíndose. Os ovos serán liberados nas feces das aves e posteriormente consumidos polos caracois, dando lugar a un novo ciclo.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

ANDORCA: BALEA OU GOLFIÑO?

ANDORCA: BALEA OU GOLFIÑO?

Andorca (Orcinus orca) / Imaxe: www.elhogarnatural.com

As baleas orcas, en galego candorcas, tamén coñecidas como orcas asasinas, gobernan o mar. Os únicos perigos aos que se enfrontan son os seres humanos, xa que non existe outra criatura no mar que poida ser unha ameaza para elas.

As candorcas (Orcinus orca) pertencen á orde Cetacea, familia Delphinidae, polo que en realidade son delfíns, de feito é o delfín máis grande que existe, a pesar de chamalas "baleas".

As candorcas son principalmente depredadoras, capaces de atacar mesmo a baleas (zanón pola que os baleeiros españois do século XVIII ao velas alimentarse de baleas denomináronas asasinas de baleas. Dise que un tradutor cometeu un erro ao traducir a frase ao inglés, traduciuna como killer whale, o que á súa vez en español quere dicir balea asasina) e a varios outros mamíferos mariños como focas ou leóns mariños. Non obstante, son consideradas como un dos animais máis fastosos do mundo.

As andorcas locen máis como baleas pequenas que como delfíns. De feito a IWC (Comisión Baleeira Internacional) inclúenas na súa lista de baleas. Ao longo da historia moitos baleeiros cazáronas; en 1979 os soviéticos mataron a case 1.000 exemplares no Antártico. Debido a que as baleas grandes están en perigo de extinción, algúns baleeiros optaron por cazalas, xa que estas non están ameazadas.

Un cúmulo de circunstancias facilitan esta confusión tan xeralizada!

QUE SERA?

QUE SERA?

 

Que será esta especie de bolsiña que podemos atopar cando damos un paseo pola praia ou polos rochedos costeiros, de aspecto coriáceo, de cor castaña, máis clara ou máis escura, cuns zarciños que están adosados a ela, cunha abertura por un dos extremos?

 

Pois ben, estas formacións teñen unha procedencia animal. Veñen sendo, nin máis nin menos, que as envolturas do ovo (chamada petaca) de peixes como a pintarroxas, e cumpren o mesmo papel que a caca dos ovos de galiña, ou sexa, protexer ao embrión mentres se desenvolve no interior. Cando chega o momento da eclosión, saen polo extremo máis recto. Os zarciños serven para que este ovo quede suxeito ás algas, deste modo, evitan que as ondas ou correntes os despracen dun lado para outro, á deriva.


FONTE: www.anabam.org

QUE SERÁ?

QUE SERÁ?

 

Esta especie de bolsa globosa, case que de aspecto cadrado, cor negra e con dúas prolongacións en cada extremo podemos atopalas con moita frecuencia nas nosas praias e rochedos costeiros. Pero,  que sera?

 Estas bolsiñas son o "envoltorio" dos ovos da raia, ese animal plano mariño emparentado coas quenllas, xa que ámbolos dous son peixes cartilaxionosos. Esas prolongacións vanlle servir a este ovo para suxeitarse ás algas e, deste xeito, evitar que as correntes mariñas os despracen libremente. De aspecto coriáceo cando está seco, esta bolsa fai o mesmo oficio que a cáscara do ovo de galiña: protexer ao embrión.

 

FONTE: anabam.org