Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Unha baralla non é só un conxunto de naipes

Unha baralla no é só un conxunto de naipes, ten moitos significados. Queres sabelos? Pois atende a explicación de Esther!

#DígochoEu

CANTO SABES DE KENYA? XVIII (FIN)

Remato coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurais, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 2. Morgan Freeman (1 de xuño de 1937, Memphis-Tennessee-Estados Unidos). Actor, director e documentalista. Oscar ao mellor actor dd reparto en 2005. É o único que non é nado en Kenya. O resto sí:

1- Wangari Muta Maathai (Nyeri, 1 de abril de 1940-Nairobi, 25 de setembro de 2011) foi unha política e ecoloxista kenyana. Foi a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004.

3- Clive Froome (Nairobi, 20de maio de 1985), naceu en Kenya xa que os seus pais (orixinarios da cidade de Brighton) trasladáronse alí por motivos laborais.  En maio de 2008, adoptou a nacionalidade británica, a dos seus pais e avós.

4- Kelvin Kiptum (Condado de Elgeyo-Marakwet, 2 de decembro de 1999 - Kaptagat, 11 de febreiro de 2024)​ foi un deportista kenyano que competía en atletismo, especialista na maratón.

E así remato esta serie, esperando que axudara a coñecer un chisco mellor este sorprendente país.

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Cantas reviravoltas hai que dar para que non digas *voltereta!

*Voltereta é incorrecto en galego, pero Esther danos moitas alternativas a esta palabra!

#DígochoEu

#DígochoEu: Sabes o que é ‘alancar’?

Alancar significa dar un paso moi longo! Pero temos sinónimos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE KENYA? XVII

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurais, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

 A contestación correcta á pregunta de onte é Inglés e Suahili. Son moitas linguas as que se falan en Kenya pois, como dixemos, hai un total de 52 grupos étnicos (os lingüistas enumeran un total de 61 variantes lingüísticas, incluídas as linguas indias e os dialectos). De todas elas a Constitución prevé o inglés e o suahili como as dúas linguas oficiais do Estado, e o suahili como lingua nacional. O inglés, legado da época colonial británica, o seu uso está moi estendido, sobre todo como lingua de ensino nas escolas. O suahili, a lingua bantú con máis falantes do mundo, é a segunda lingua oficial  é tamén a lingua franca en toda África Oriental. En Kenya é a lingua máis falada,​ sobre todo nas zonas rurais.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
 

17. Desta listaxe de persoas moi coñecidas de Kenya, en diferentes ámbitos, hai unha que non é Kenyano. Cal é?

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.fiverr.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE KENYA? XVI

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurais, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Kikuyu (kĩkũyũ). É grupo étnico máis numeroso de Kenia (22% da poboación) con máis de 5 millóns de persoas. Viven nas terras do interior, entre a zona do monte Kenyaa e o Gran Val do Rift no oeste. A súa lingua étnica é o gĩkũeũ. O segundo grupo étnico esta moi axustado entre Luhya 14% e Luo 13%.



E imos coa pregunta de hoxe!

16. Dos seguintes linguas 2 son oficias en Kenya. Cales son?

- Kikuyu

- Inglés

- Luhya

- Suahili

- Luo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org e bbc.com/mundo

#DígochoEu: Os #cibercarrachos queren enganarnos facéndonos ‘phishing’ co noso servizo de correo!

Os #cibercarrachos 😈 queren enganarnos facéndonos ‘phishing’ co noso servizo de correo! Non piques!

#DígochoEu

#DígochoEu: Que ricas son as froitas da primavera!

Esther ensínanos algúns momes das froitas de tempada!

#DígochoEu