Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ANDORRA? X

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Valira. Nace no circo de Els Pessons, na parroquia de Encamp (Andorra). Logo dunha ampla curva cara ao norte e occidente, o río toma un sentido sur, dirixíndose a Andorra la Vella a capital do país, que atravesa. Pouco despois da localidade de Sant Julià de Lória, o Valira entra en Cataluña, pola provincia de Lleida, desembocando no río Segre algo máis ao sur de La Seu d’Urgell. Un afluente no curso superior teñen tamén o nome de Valira, o Valira d’Ordino (dito tamén da Massana, do Nord ou ribera de Ordino) e o propio Valira é dito Valira d’Encamp (dito tamén de Orient, de Canillo ou de Soldeu). Ambos os dous únense en Escaldes-Engordany, recibindo o Valira d’Ordino pola beira dereita. Un afluente, pola esquerda, do Valira, o río Runer, fai de fronteira entre Andorra e España.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Entre lagos e estanques, Andorra, conta con máis de 70 en todo o país. Cal é o lago máis grande de Andorra? 

- Lago d’Engolasters

- Lago de Juclà

- Lago de les Truites

- Lago de Estanyó

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxes: reddit.com e andbus.net

#DígochoEu: Activa sempre a autenticación en dous pasos para evitar sustos cos #cibercarrachos!

Atención cos 😈 #cibercarrachos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANDORRA? IX

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte é Comapedrosa. Pico dos Pirineos escrito tamén Alt de Coma Pedrosa, está localizado no noroeste deste micro-Estado e ten unha altitude de 2.942 msnm. Séguelle Rocha Entravesada con 2.928,6 msnm.



E imos coa pregunta de hoxe!

9. Moitos son os ríos deste micro-estado, case todos relacionados con Francia e España, pero cal é o río mais grande de Andorra?

- Ariège

- Runer

- Valira

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE ANDORRA? VIII

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canillo. Esta é a parroquia máis extensa con 120,86 km². A máis poboada é a capital Andorra a Vella con 22.250 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!



8. Cal é o punto máis alto de Andorra?

- Comapedrosa

- Entravessada

- Portelleta

- Medacorba

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE ANDORRA? VII

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 85.000 habitantes. Exactamente 85.101 habitantes. Recibe cada ano 10,2 millóns de visistantes polo turismo e o status de paraíso fiscal.

E imos coa pregunta de hoxe!



7. Tal como dixemos, Andorra está dividida en 7 parroquias: Canillo, Encamp, Ordino, La Massana, Andorra a Vella, Sant Juliá de Lòria e Escaldes-Engordany. Cal é a parroquia máis extensa de Andorra?
 

Mañá a solución e unha nova pregunta! 

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxes: andorra-solutions.com/es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE ANDORRA? VI

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Catalán. É o idioma oficial pero non só se fala nese idioma en Andorra, a saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a poboación, aproximada, de Andorra?

- 50.000 habitantes

- 75.000 habitantes

- 85.000 habitantes

- 100.000 habitantes

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: commons.wikimedia.org e lugares de nieve.com

#DígochoEu: Ollo que 'potra' en galego non é o que pode parecer

Potra ten moitos significados en galego, pero ningún é *potra 🐴. O animal en cuestión é poldra!
#DígochoEu

 

CANTO SABES DE ANDORRA? V

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Realmente non é un Principado é co-principado parlamentario constitucional. Fundado en 1278, a xefatura do Estado recae nos copríncipes, o bispo de La Seu d’Urgell e o presidente da República Francesa, representados respectivamente por Joan Enric Vives i Sicília e Emmanuel Macron. O Consello Xeral (Consell General) é o órgano lexislativo e trátase dun parlamento unicameral de representación mixta e paritaria da poboación nacional e das sete parroquias, composto por 28 membros elixidos cada catro anos. O Goberno é o órgano executivo. Actualmente está composto polo presidente do goberno, Xavier Espot, elixido polo Consello Xeral, e once ministros. Os Comuns son órganos de representación e administración civil das parroquias, similares aos concellos.

               Joan Enric Vives i Sicília / Emmanuel Macron / Xavier Espot

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a lingua oficial de Andorra?

- Francés

- Español

- Catalán

- Portugués

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e Natalia Montane/lavanguardia.com