Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #Cibercarrachos: Ollo coas chamadas do teu “banco”!

Atento! Coidados coa téncica da chamada do "teu banco"

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? XII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é Magdalena. Tamén chamado río Grande da Magdalena, ten un curso de auga de 1.538 km de lonxitude ao longo do oeste de Colombia, desde o seu nacemento nos Andes, no departamento do Huila, ata a súa foz no mar das Antillas, no océano Atlántico. A súa conca abrangue 263.858 km². O seu principal afluente é o río Cauca, con 1.349 km de lonxitude. Excluímos o Amazonas por pasar por varios países como Perú, Colombia e Brasil.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o lago máis grande de Colombia?

- Tota

- Calima

- Sochagota

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Mais ou pero?

Mais ou pero? Cal é a correcta? Esther sácanos desta dúbida!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? XI

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristobal Colón. Orixinalmente chamado Gonawindua polos Kogui, é parte do sistema montañoso da Serra Nevada de Santa Marta. Ten unh altitude de 5.775 m s. n. m. Hai controversia en canto á súa altitude, xa que o pico Simón Bolívar é considerado xemelgo do pico Cristóbal Colón, pero na maioría de datos mundiais, o pico Cristóbal Colón é nomeado o máis alto por só un metro máis de altura. Aínda así, os dous picos son os máis altos da Serra Nevada de Santa Marta.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o maior río de Colombia, deixando de lado ao Amazonas?

- Atrato

- Magdalena

- Cauca

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE COLOMBIA? X

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é República. Colombia é unha república unitaria e descentralizada organizada en 32 departamentos e unha capital de distrito. O sistema de goberno colombiano caracterízase por ser presidencialista, do mesmo xeito que o resto de gobernos de rexión. O presidencialismo colombiano xerou unha concentración do poder en mans do ejecutivoque queda reafirmada coa Constitución de 1.991. O presidente da república é o xefe de estado, de goberno e suprema autoridade administrativa tal e como indica a Constitución de 1991 e elíxese por voto directo e secreto de todos os cidadáns do país por un período de catro anos sen posibilidade de ser reelixido.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o pico máis alto de Colombia?

- Nevado de Huíla

- Ritacuba Blanco

- Cristobal Colón

- Simmonds

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Penedoso? Pedregoso?

Esther acláranolo a diferencia!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? IX

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é, aproximadamente, 51 millóns de habitantes. Exactamente 51.609.000 habitantes. A modo comparativo, España ten 48.592.909 habitantes e 28.199.867 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é a forma de goberno de Colombia?

- Ditadura

- República

- Monarquía

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: datosmacro.expansión. com e es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Perexil ou pirixel?

Perexil ou perxel? Esa é a cuestión! Acláranolo Esther!

#DígochoEu