Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE COLOMBIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é, aproximadamente, 1 millón de km2. Exactamente 1.141.748 km2. Para que teñas unha referencia, España ten 505.944 km2, Francia ten 675.417 km2 e Venezuela ten 916.445 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a poboación, aproximada, de Colombia?

- 41 millóns

- 51 millóns

- 61 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com  Imaxe: mapfrappe.com e noticiascaracol.com

#DígochoEu: Esther está copa!

Quedastes copos ou que? Non digas *anonadada!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? VII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Bogota, 2-Medellín, 3-Cali e 4-Barraquilla. A saber...

Bogota (Distrito capital-Departamento de Cundinamarca) con 8,035 millóns

Medellín (Departamento de Antioquía) con 2,62 millóns  

Cali (Departamento de Valle del Cauca) con 2,28 millóns 

Barranquilla (Departamento de Atlántico) con 1,33 millóns

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a extensión, aproximada, de Colombia?

- 500 mil km2

- 1 millón de km2

- 1,5 millóns de km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: gomezpinzon.com  e todacolombia.com

#DígochoEu: Non digas que a praia das Catedrais é *rocosa!

Termos con *rocosa, rochosa, *catedrales.. acláranolo Esther dende a Praia das Catedrais!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? VI

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é 32 departamentos e un distrito capital, a saber...

E imos coa pregunta de hoxe!
 

6. Estas son as 3 poboacións máis grande se Colombia: Barranquilla, Cali, Bogotá e Medellín. Establece a orde en función da poboación.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e opendemoracy.net

#DígochoEu: Non che é o mesmo un millón que un milleiro!

Non é o mesmo un millón de € que un milleiro de €!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? V

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é San Andrés. A illa de San Andrés, coñecida tamén como SAI, as iniciais de San Andrés Illa, está situada no mar Caribe. É a máis grande das illas que forman parte do arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina, cunha extensión total de 26 km², sendo así a illa máis grande do país.​ Estas illas foron obxecto de disputa territorial entre Colombia e Nicaragua. Con todo, o 19 de novembro de 2012, a Corte Internacional de Xustiza ditaminou a soberanía total de Colombia sobre o arquipélago, con concesións de espazo marítimo a Nicaragua.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Colombia divídese político-administrativamente en...

- 23 departamentos

- 30 departamentos e un distrito capital

- 32 departamentos e un distrito capital

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: google.es/maps e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE COLOMBIA? IV

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é Bogotá. Oficialmente Bogotá Distrito Capital, durante a época colonial española e desde 1.991 ata 2.000 chamada Santafé de Bogotá, é a capital dá República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está constituída por 20 localidades e é ou epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Do territorio insular de Colombia, cal é a illa de maior tamaño?

- Malpelo

- Gorgoña

- San Andrés

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e tripadvisor.es