Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE KENYA? III

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber...



E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a extensión aproximada de Kenya?

- 500.000 km2

- 575.000 km2

- 625.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE KENYA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Kenya, un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nairobi. Capital e cidade máis grande de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai (étnia de pastores e gandeiros) Enkare Nairobi, que significa lugar de augas frías, en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. A cidade recibe o sobrenome de Cidade Verde baixo o Sol.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Kenya

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org      Imaxes: tripadvisor.es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE KENYA?

Kenya é un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior. Corenta grupos étnicos, entre eles os Kikuyu, dedicados á agricultura, e os Masai, pastores e gandeiros, habitan as zonas rurais, que aínda hoxe en día albergan tres cuartas partes da poboación do país. O turismo constitúe un sector esencial para a economía de Kenya, que é un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

Este é o pais que a partir de hoxe trataremos de coñecer un pouco mellor. Comezamos!

1. Cal é a capital de Kenya

- Mombasa

- Makuru

- Nairobi

- Kisumu

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: gl.wikipedia.org e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a preguntar en galego

E logo, como se pregunta correctamente en galego? Explicámolo ben resumidiño no capítulo de hoxe.

#DígochoEu

LETRAS GALEGAS 2024

Hoxe, 17 de maio, coo todos oa anos desde 1963 (adicado a Rosalía de Castro), celebramos o día das nosas letras: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Iste ano adicaselle a Luísa Villalta Gómez. Nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. Para coñecer polo miúdo a súa biografía preme AQUÍ.

Aquí tes un dos seus poemas;

O ceu cobrou unha cor que facia pensar.
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horioznte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.

Ruído (Espiral Maior, 1995).

Para coñecer máis polo miúdo a súa obra preme AQUÍ.

Pero tamén adicouse á musica: violinista. A música foi a ocupación principal na mocidade, obxecto dos primeiros artigos e foco de moitas das reflexións ensaísticas posteriores. Será tamén base da articulación da obra literaria e trazo significativo da súa poética. Na común paixón musical xérase un dos vínculos importantes para a escritora. Formou parte da Orquestra de Santiago e posteriormente da Xove Orquestra de Galicia. 

Aquí a vemos xunto con Juan Fernán Vello, Paulino e Xosé Luís Pereiro, integrantes de Escaino, durante unha actuación en Cospeito (1980) / Xoan Piñon.

Feliz día a tod@s e poñamos en valor o soso idioma, o galego, todos os días do ano!

FONTE: academia.gal

DígochoEu#: Se en galego non hai *cosquillas, non mas podes buscar!

En galego non hai *cosquillas, sendo o correcto cóxegas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *friolero nin *friolera

*Friolero non é correcto en galego. Entón cal é a palabra correcta?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas chaleco *reflectante Nin *chaleque tampouco, claro!

Nada de *chaleque *reflectante! Esther dinos a forma correcta!

#DígochoEu