Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? II

Continúo coa serie, que onte comezei, adicada a Gran Bretaña. É unha illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Gran Bretaña está formada por Inglaterra, Escocia e Gales, mentras que o Reino Unido comprende Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Non confundir con Irlanda (República de Irlanda).

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Relaciona coas súas capitais:

1. Inglaterra                         a. Edimburgo      

2. Escocia                             b. Belfast

3. Gales                                 c. Dublín

4. Irlanda do Norte              d. Londres

5. República de Irlanda       e. Cardiff

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA?

Comezo hoxe una nova serie adicada a Gran Bretaña. É unha illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, a novena maior do mundo (despois dr Xava-Indonesia e Honshu-Xapón) e é a terceira máis poboada do planeta.

Anímaste a coñecer polo miudo á Gran Bretaña? Si?

Pois empezamos!

1. Aclaremos de principio unha cousa. E o mesmo Gran Bretaña, Reino Unido e Inglaterra? E que pinta aquí Irlanda?

Pista: Fíxate ben no mapa superior

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: mapamundi.online/europa

CANTO SABES DE ITALIA? XVIII (FIN)

Remato coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

1- Pompeia: Entrada á basílica no Foro de Pompeia. A basílica era a sede da administración de xustiza e, xunto co Foro, constituía o edificio máis importante da cidade. Tiña cinco portas que abrían cara ao Foro, que daban paso a tres naves internas. A época da fundación calcúlase cara ao 120 a. C.

2- Panteón de Agripa. Ou Panteón de Roma, é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade.

3- A Fontana di Trevi.  É unha fonte barrocas erixida en 1762 na cidade de Roma por Nicola Salvi. Segundo a actual división administrativa do centro de Roma, está situada no rione de Trevi. Ten unha altura de 26,3m e un ancho de 49,15m, é a meirande das fontes barrocas da cidade e unha das máis famosas do mundo.

4- A Capela Sistina.  É unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.  É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais. A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como veñen descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura.

E así acamabos! Seguro que vos decatariades que non falei da Roma e o imperio romano. A explicación: xa adiquei no seu momento unha serie.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: É correcto usar os signos ¿¡ en galego?

 

Estes signos só se poden usar en galego nun caso concreto!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? XVII

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

 

1- O Coliseo (Roma), orixinariamente coñecido como Anfiteatro Flavio, ou simplemente como Amphitheatrum, é un anfiteatro da época do imperio romano construido no século I, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Podía acoller 50.000 espectadores, sendo usado, principalmente, para espectáculos de loitas de gladiadores. O edificio forma unha elipse de 527 m de perímetro, con eixes que miden 188 m x 156 m. A "arena" interna mide 86 m por 54 m, cunha superficie de 3.357 m². A altura actual acada 48,5 m, mais en orixe chegaba a 52 m.

2- A Torre de Pisa (Pisa), é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical. A torre ten 8 andares, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos.

3- A catedral de Milán (Milán) sitúase na praza central desta cidade, na Lombardía, no norte de Italia. É a sé da arquidiocese de Milán e unha das máis célebres e complexas edificacións en estilo gótico de Europa. Trátase dunha catedral inmensa, con 157 m de lonxitude e 109 m de largura. O interior ten cinco naves cunha altura que chega aos 45 metros, divididas por 40 piares. Posúe un transepto con tres naves. O estilo gótico da catedral é único (gótico flamíxero).

 E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

17. Poderías identificar este lugares de Italia?

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE:  es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org 

CANTO SABES DE ITALIA? XVI

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sergio Mattarella.  Nado en Palermo, o 23 de xullo de 1941. Xurista e político, presidente da República Italiana desde 2015 e reelecto en 2022. Os outros cargos importantes da república italiana son:

 E imos coa pregunta de hoxe!

16. Poderías identificar este lugares de Italia?

Mañá a solución e última pregunta serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e elconfidencial.com

#DígochoEu Non digas 'teño *hipo'

 

En galego non temos *hipo! Hoxe contámosche que formas tes para dicilo ben en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *brilar

 

Ollo con este hiperenxebrismo! En galego hai grilos pero non hai *brilos. Non perdas a explicación completa, que hoxe traemos algo que nos chamou bastante a atención.

#DígochoEu