Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ITALIA? XV

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1861-1946. O Reino de Italia foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo Estado xurdido tras a unificación nacional italiana (proceso que comezou en 1848) liderada por Víctor Manuel II que se coroou rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Saboya, reinante ata ese momento no Estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana. Tamén foron reis de Italia: Humberto I, que sucedeu a Víctor Manuel II en 1878, Víctor Manuel III, que sucedeu a Humberto I en 1900 e Humbreto II, que sucedeu a Víctor Manuel III en 1943. Por cero este último rei so estivo no trono 33 días, do 9 de maio ao 12 de xuño de 1946.

 E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é o Presidente da República italiana acualmente?

- Giorgia Meloni

- Ignazio La Russa

- Lorenzo Fontana

- Sergio Mattarella

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CiberEsther (Taxa de insulto)

 

Sabías que en ciberseguridade hai un termo chamado ‘taxa de insulto’? Descubre con #CiberEsther o seu significado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 0,49 km2. A Cidade do Vaticano ten unha extensión de 0,49 km² (49 hectáreas) e unha poboación, segundo a web oficial do Estado da Cidade do Vaticano, de 618, dos cales só 246 viven dentro das murallas, incluídos os 104 que son membros da Garda Suíza, polo que resulta un híbrido de cidade elevada ao rango de Estado independente, sendo ademais o máis pequeno do mundo.​ É tan pequeno que só a basílica de San Pedro é un 7 % da súa superficie; a basílica e a praza de San Pedro ocupan un 20 % do territorio, o que o converte no territorio independente máis urbanizado do mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Xa dixemos que Italía é unha República, pero tamén históricamente foi nalgúns momentos un Reino. En que etapa sucedeu?

- 1796-1815

- 1815-1861

- 1861-1946

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: vaticanstate.va e es.wikipedia.org      Imaxes: viajamdoporelmundomundial.com e elmundo.es

CANTO SABES DE ITALIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Adriático. Venecia está situada no nordés de Italia. É tamén a capital da rexión Véneta e da provincia de Venecia. O seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco,​ está situado nun conxunto de illas na lagoa de Venecia, no norte do mar Adriático. A cidade está construída sobre un arquipélago de 118 pequenas illas (se incluímos as illas de Murano, Burano e Torcello), case todas elas unidas entre si por 455 pontes, e inclúe seis distritos ou municipalità en terra firme (terraferma veneziana) onde vive a maioría da poboación: uns 60.000 habitantes no centro insular e 200.000 en terra firme.

 E imos coa pregunta de hoxe!

13. Como xa dixemos, o Vaticano, é un enclave dentro da cidade de Roma (Italia). Un dos sesi microestados europeos e o estado máis pequeño do mundo. Pero cal é a súa extensión?

- 0,49 km2

- 49 km2

- 149 Km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e banderasphonline.com

#DígochoEu: Non digas *apóstol

 

Nada de Fogos do *Apóstol! Fíxate ben nesta palabra e na explicación que che traemos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? XI

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Etna. É o volcán activo na costa este de Sicilia, no territorio da Cidade metropolitana de Catania, Italia. Ten ao redor de 3.357 metros de altura, aínda que esta varía debido ás constantes erupcións. É o volcán activo con maior altura da placa Euroasiática, o primeiro en referencia á Europa xeográfica e a montaña máis alta de Italia ao sur dos Alpes. Cobre unha área de 1.190 km², cunha circunferencia basal de 140 quilómetros.

 

 E imos coa pregunta de hoxe!

 

11. Cal é o maior lago de Italia?

- Garda

- Como

- Maior

- Iseo

- Scanno

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: paellachips.com  e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Gozando no Monte do Gozo

 

Esther goza no Monte do Gozo e de paso lembranos palabras correctas e incorrectas do noso idioma!

#DígochoEu

#DígochoEu: Onde se coloca o pronome cando hai un 'cada'?

 

Esther resolvenos esta dúbidasobre a colocación do pronome con ’cada’.

#DígochoEu