Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARXENTINA? XVIII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é River Plate.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

 

18. Cal é a flor e a árbore nacional da Arxentina?

- Arayán (Luma apiculata)

- Pau santo (Bulnesia sarmientoi)

- Ceibo (Erythrina crista-galli)

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes:  e viveroalborada.com.ar

#Dígochoeu: #ApuntamentoLusófono 2.12

 

Vaia vacacións pasaron Márcia e Esther! Xa de volta tivemos a última competición dos oitavos de final dos Fofinhos, en que se enfrontaron Diego e Joselito. Ademais, para pechar un programa redondo conectamos con Digochiño para estrear o videoclip de ’Par ou limpar’.

#Dígochoeu

#DígochoEu: Apelidos con nome de animais

 

En Galicia temos moitos apelidos curiosos, pero... sabías que temos bastantes con nome de animais? Coñeces algún máis?

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARXENTINA? XVII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Millo. Os cultivos de maior importancia en Arxentina son a soia, o millo e o trigo; Arxentina é terceiro produtor mundial de soia, quinto de millo e decimo de trigo. No plano exportador posiciónase primeiro de aceite e fariña de soia.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. O fútbol en Arxentina é o deporte máis popular e o país é recoñecido como «futbolizado» porque forma parte da súa identidade nacional. É considerada como unha das grandes potencias do fútbol masculino internacional, sendo, a nivel de seleccións maiores, o país con máis títulos oficiais gañados da historia (22) e tamén con máis subcampeonatos (21). A nivel interno hai unha pelexa de 5 equipos pola liga: Defensa e Xustiza, Lanús, River Plate, San Lourenzo e Racing.

Cal é o equipo que encabeza a día de hoxe o campionato?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: veterinariadigital.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas si a todo

 

Unha das cousas chulas que temos no galego é que non temos por que dicir que si a todo. Hai outras fórmulas tamén moi galegas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARXENTINA? XVI

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alberto Fernández. (Buenos Aires, 2 de abril de 1959) é un avogado, profesor, e político arxentino, presidente da Nación Arxentina desde o 10 de decembro de 2019.​ É membro da coalición política Fronte de Todos.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é o principal cultivo en Arxentina?

- Trigo

- Xirasol

- Millo

- Soia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: elperiodico.com.es e ruralnet.com.ar

CANTO SABES DE ARXENTINA? XV

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Jorge Rafael Videla. Este militar arxentino ocupou de facto a presidencia do seu país entre o 1976 e o 1981. Chegou ao poder nun golpe de estado que derribou á presidenta María Estela Martínez de Perón, exercendo unha cruel ditadura. O seu mandato estivo marcado por violacións dos dereitos humanos e por un conflito fronteirizo con Chile, que estivo a punto de virar en conflito armado. Despois da restauración da democracia, foi xulgado e condenado a prisión perpetua e perda do rango militar por varios crimes cometidos durante o seu goberno. Lamentablemente non foi o único presidente de facto deste país!

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é o actual Presidente/a de Arxentina?

- Mauricio Macri

- Cristina Fernández de Kirchner

- Alberto Fernández

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: elperiodico.com/es

CANTO SABES DE ARXENTINA? XIV

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sede do Poder Executivo da República Arxentina. A Casa Rosada é a sede do Poder Executivo da República Arxentina, e está situada no centro-histórico da cidade capital federativa de Buenos Aires, na rúa Balcarce 50, no barrio de Monserrat, fronte á histórica Praza de Maio.​ Dentro da mesma atópase o despacho do presidente da Nación Arxentina e das súas distintas secretarías, e do Xefe de Gabinete de Ministros. Alberga ademais o Museo da Casa de Goberno, con obxectos relacionados cos presidentes do país. En 1942 foi declarada Monumento Histórico Nacional.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Na seguinte lista de presidentes arxentinos, hai un que foi presidente de facto durante as dictaduras arexntinas. Cal é?

- Juan Domingo Perón

- Jorge Rafael Videla

- Raúl Alfonsín

- Carlos Menem

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org