Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARXENTINA? XIII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Xoán Díaz de Solís. Os europeos chegaron por primeira vez ao actual territorio arxentino en 1516, coa expedición de Juan Díaz de Solís polo Río da Prata. Posteriormente a expedición de Fernando de Magallanes en 1520 fondeou as súas naves na Baía de San Xulián, hoxe provincia de Santa Cruz. O forte Sancti Spiritus foi o primeiro asentamento europeo, instalado en 1527 a beiras do río Paraná. A primeira exploración do noroeste e centro do país foi a entrada de Diego de Rojas en 1543. As cidades de Asunción (1537),​ Santiago do Estero (1553), Córdoba (1573) e Buenos Aires (1536/1580) foron as bases do establecemento colonial que se impuxo na metade norte do actual territorio arxentino, suxeito á autoridade da Coroa Española (a Gobernación do Río da Prata).

E imos coa pregunta de hoxe!

 

13. Fíxate na fotografía supeior. Este Monumento Histórico Nacional arxentino, coñecido como a casa Rosada é tamén…

- Sede do Poder Executivo da República Arxentina

- Sede do Poder Lexislativo da República Arxentina

- Sede do Poder Xudicial da República Arxentina

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: okdiario.com es.wikipeid.org

CANTO SABES DE ARXENTINA? XII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Do latín argentum que significa "prata". A conquista e colonización española de Arxentina refire ao período entre o século XVI e principios do século XIX no cal unha parte do actual territorio da Arxentina foi conquistado e colonizado polo Imperio español. Neste período aparece por primeira vez a expresión Arxentina (país da prata) para denominar unha área sen límites definidos que se estendía do Río da Prata cara ao noroeste.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Os primeiros europeos chegaron por primeira vez ao actual territorio arxentino en 1516 da man da expedición de…

- Xoán Díaz de Solís

- Fernando de Magallanes

- Diego de Rojas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: humanidades.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Concurso (O galego de Cangas)

 

Estivemos no IES Monte Carrasco, onde nos ensinaron as particularidades da fala de Cangas. Entenderíalos sen tradución? 

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARXENTINA? XI

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Iguazú. As Cataratas do Iguazú localízanse 80% no Parque Nacional Iguazú (Arxentina) e 20% no Parque Nacional do Iguazú, (Brasil). O Parque creouse en 1939 co propósito de administrar e protexer o manancial de auga que representa esta catarata e o conxunto ambiental que hai ao seu arredor. Como o propio nome xa di, as cataratas están formadas polas augas do río Iguazú. Historicamente, as Cataratas do Iguazú foron descubertas en 1542 por Álvar Núñez Cabeza de Vaca.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A que fai referencia o nome de Arxentina?

Pista: Fíxate ben na referencia latina.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxes: atrapalo.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CiberEsther: 'QRshing' multa de tráfico

 

Os cibercarrachos son cada vez máis creativos coas súas ideas! Sabes a nova sobre as multas de tráfico?

#DígochoEu

#DígochoEu: #DígochoWHAT (Want, can, please and thank you / Querer, poder, por favor e grazas)

 

Esther ensínalle hoxe a Christina os verbos querer e poder, e tamén lle mostra como pedir as cousas por favor e a dar as grazas!

Today Esther teaches Christina two important verbs in Galician: ’querer’ (want) and ’poder’ (can). Besides, Christina learns how to say ’please’ and ’thank you’.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARXENTINA? X

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Brasil e Paraguai.  Nace da confluencia do río Paranaíba e o río Grande (Brasil), flúe en dirección suroeste delimitando a fronteira entre Paraguai e Brasil e Paraguai e Arxentina e continúa por Arxentina ata desembocar no río da Prata, onde forma un enorme delta.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

10. Cales son as cataratas máis importantes de Arxentina?

- Niágara

- Iguazú

- Santo Anxo

- Kaieteur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orga   Imaxes: es.wikipedia.org e billiken.lat

CANTO SABES DE ARXENTINA? IX

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Arxentino. Situado no suroeste da provincia de Santa Cruz, é o maior e máis austral dos grandes lagos patagónicos. Pola súa superficie de 1.560 km2, é o lago máis grande da República Arxentina e o terceiro en Sudamérica.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O grande río de Arxentina, o segundo de América do Sur, despois do Amazonas, é o río Paraná. Pero este río discorre tamén por outros países limítofes, que son…

- Brasil

- Brasil e Uruguai

- Brasil e Paraguai

- Brasil, Paraguai e e Uruguai

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orga   Imaxes: alltrails.com