Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Denario. Aquí tes as equivalencias destas moedas:

        EQUIVALENCIAS
 

Denario

Quinario

Sestercio

Ás

 

Denario (símbolo X)

1

2

4

10

Quinario (símbolo V)

1/2

1

2

5

Sestercio (símbolo IIS)

1/4

1/2

1

2,5

Ás (símbolo I)

1/10

1/5

2/5

1

E imos coa pregunta de hoxe!


13. Moitos emperadores coidábanse de non exercer o seu poder dun modo despótico, xa que os romanos sentían unha gran aversión pola monarquía. Pero houbo algúns que quixeron exercer un poder sen límites e por iso son lembrados como tiranos; un en particular mesmo quixo nomear cónsul ao seu cabalo preferido. De que emperador falamos?

- Calígula

- Caracalla

- Nerón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org          Imaxe: elespanol.com/cultura/historia

#DígochoEu: Na neve

 

#DígochoEu na neve ❄️☃️

#DígochoEu: Non digas *copos de neve!

 

Nada de *copos de neve en galego! Toma nota porque temos moitas formas de dicilo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XI

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Legado. Cada lexión, baixo o mando dun legatus, constaba de infantería e de cabalería. Inmediatamente baixo o seu mando había sete tribunos militares, dos cales seis eran oficiais procedentes do ordo equester, 5 tribuni angusticlavii con mando sobre dúas cohortes e un tribunus sexmestris ao mando da cabalería lexionaria, e un era membro do ordo senatorius como tribunus laticlavius, e era un novo senador que exercía de segundo do Legado. Por baixo, atopábase o Praefectus Castrorum, un antigo Primus Pilus que no canto de xubilarse ascendera a este posto e ingresado no ordo equester. Era o encargado da loxística, do mantemento do campamento e do mando da artillería e maquinaria de asedio en combate. A infantería constaba de dez cohortes, das que a primeira era especial. Estaba formada por cinco centurias de oitenta homes, cada unha delas baixo o mando dun centurión, sendo o centurión da primeira centuria chamado Primus Pilus, e por tanto o cuarto home da unidade, con acceso directo ao Legado. Ademais incluía un corpo de seiscentos homes que non participaba na batalla formado por escribanos e comerciantes. En total uns mil homes. As nove cohortes restantes eran iguais. Cada unha destas cohortes, de catrocentos oitenta homes, dividíase en seis centurias baixo o mando de senllos centuriones. A cabalería estaba integrada por uns cento vinte homes, en catro turmae de 30 xinetes ao mando de senllos centurións. Por baixo dos centurións atopábanse os suboficiais, chamados principais, de entre os que destacaban o optio ou lugartenente do centurión, o signifer ou porta estandare ou signum dunha centuria, o aquilifer, portaestandarte maior da Lexión, o tesserarius ou suboficial de seguridade, e outros moitos cargos especializados, como o veterinarius. Aínda por baixo estaban os inmunes, exentos de traballos pesados, formados por algúns especialistas e por todos os xinetes, con dobre paga ou paga e media. Por último, estaban os soldados rasos.

E imos coa pregunta de hoxe!


11. Destas moedas romanas, cal é a de maior valor?

- As

- Sestercio

- Denario

- Quinario

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Concurso (#DígochOLEu)

 

Como nos gusta escoitar as diferentes formas de falar! Na Fonsagrada teñen uns pronomes ben particulares e o alumnado do IES Plurilingüe Fontem Albei explícanolo así!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? X

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é 30. Nesta época o exército estaba formado por trinta lexións duns cinco mil trescentos homes cada unha. A lexión xa era un corpo permanente, podía variar en número e composición pero sempre existía, cada unha cos seus símbolos, historia e glorias particulares. Nelas había gran variedade de especializacións como soldados, zapadores, policía militar, corpo médico, etc.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Quen estaba ao mando dunha lexión?

- Centurión

- Tribuno

- Legado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: amodelcastillo.blogspot.com

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? IX

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é F (Falso). Xulio Cesar non foi un emperador romano. A transición da República ao Imperio Romano tívoo como principal protagonista a unha das figuras máis soadas da Antigüedad, cuxa fama perdurou ata os nosos días: Julio César (100-44 a.C.). Excepcionalmente dotado como estratego, político, orador e prosista, a súa carreira política e militar levaríao, tras dirixir a vitoriosa campaña das Galias e derrotar a Pompeyo na guerra civil (49-46), a impoñerse sobre as debilitadas institucións republicanas e a facerse co control absoluto do poder, desde o que se propuxo acometer reformas que posibilitasen manter a crecente influencia de Roma sobre o Mediterráneo. O complot que terminou coa súa vida dous anos despois impediulle ver realizados os seus proxectos; con todo, aquel a quen designara como o seu sucesor, Octavio Augusto, acabaría por converterse no primeiro emperador romano.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O exército do Imperio Romano era moi importante. As lexións eran fundamentais, pero cantas había nesta época da historia de Roma?

- 20

- 30

- 40

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: foliosdehistorias.files.wordpress.com

#DígochoEu: Podo dicir *fixo?

 

Hoxe Esther resolve se é correcto empregar o termo ’fixo’ cando queremos expresar seguridade sobre un feito.

#DígochoEu