Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.2

 

No  #ApuntomentoLusófono de hoxe, primeiro estivemos con @carlapuntogal, unha rapaza do Uruguai que aprendeu galego mirando o Malicias Noticias, e logo con @galicianforbeginners, un rapaz que comezou a falar galego nun ámbito castelanfalante.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XVI

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-d, 4-b e 5-a. Todas as casas de baños romanas contiñan unha serie de habitacións que se quentaban progresivamente. A maioría contiña un apodyterium, unha habitación xusto dentro da entrada onde o bañista gardaba a súa roupa. A continuación, o bañista avanzaba cara ao frigidarium (baño frío) co seu tanque de auga fría, o tepidarium (baño tépedo) e finalmente o caldarium (baño quente), quentado por un brasero debaixo do piso oco, contiña concas de auga fría que o bañista podía usar para arrefriarse. Despois de tomar esta serie de baños, o bañista volvía ao tepidarium máis fresco para unha masaxe con aceites e un raspado final con implementos de metal. Algúns baños tamén contiñan un laconium (unha habitación seca e de descanso) onde o bañista completaba o proceso descansando e suando.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Durante máis de tres séculos, os cristiáns foron un dos colectivos máis perseguidos do Imperio Romano: aínda que polo xeral o Estado romano era moi tolerante cos cultos, a mensaxe cristiá tiña implicacións que podían facer perigar piares esenciais para a estabilidade do dominio romano, como o culto aos emperadores, un sistema político e económico que dependía da guerra e unha desigualdade clara entre clases, pobos e sexos. Pero houbo un momento no que un emperador romano convertería o cristianismo, a súa relixión, no único culto oficial do Imperio. En que ano sucedeu isto?

- Ano 280

- Ano 380

- Ano 480

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  beaire.com/es e  historia.nationalgeographic.com.es  Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XV

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é I a. C.. A integración de Galicia no Imperio Romano prodúcese durante o mandato do emperador César Augusto no século I a.C., formando parte da provincia Tarraconense baixo a autoridade do emperador e dun procurador designado para o territorio de Asturiae e Gallaeciae. Non será ata o século III d.C. cando o emperador Caracalla constitúa a Provincia Nova Citerior desde o Douro ata Cantabria, que será reformada no ano 305 por Diocleciano recibindo o nome de Gallaecia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. As termas romanas eran baños públicos da civilización romana, cuxo uso non era unicamente a hixiene, senón que tamén eran consideradas lugares de reunión e de actividades ximnásticas e lúdicas. Relaciona as seguiontes estancias coas actividades que nelas se realizaban:

1. Apodyterium         a. Unha habitación seca e de descanso

2. Frigidarium           b. Baño quente

3. Tepidarium            c. Habitación onde o bañista gardaba a súa roupa

4. Caldarium              d. Baño morno

5. Laconium               e. Baño fío

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historyofspain.es  e beaire.com/es      Imaxe: historiasdelahistoria.com

#DígochoEu: Non escribas *okupa

 

Non escribas *okupa con k! Presta atención á explicación de Esther.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XIV

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Marco Ulpio Trajano naceu o 18 de setembro de 53 d. C. na cidade de Itálica, a escasos quilómetros de Hispalis (Sevilla). Gobernou o Imperio, desde o  ano 98  ao 117 d.C.. Publio Elio Adriano tamén naceu en Itálica. Foi nomeado emperador polo seu tío Trajano,  ao que sucedeu. Gobernou o Imperio do ano 117 ao 138 d.C. O último dos emperadores romanos de orixe hispana foi Flavius Theodosius coñecido como Teodosio I o Grande, que naceu en Cauca (a actual Coca, na provincia de Segovia). Gobernou desde o ano 379 ao 395 d.C., primeiro como emperador de Oriente e despois de todo o Imperio Romano

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Galicia foi conquistada polos romanos, non de maneira fácil, en varias fases. En que século se integrou definitivamente no Imperio Romano?

- Século II a. C.

- Seculo I a. C.

- Século I d. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historyofspain.es   Imaxe: caminosconarte.com

#DígochoEu: Non digas *coach nin *pivot

 

No baloncesto hai moitos estranxeirismos que podemos evitar. Apunta!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XIII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Caligula. Caio Xulio César Augusto, máis coñecido como Calígula, foi o terceiro emperador romano, gobernando desde o ano 37 ata o ano 41. Foi un dos emperadores romanos con peor fama, era coñecido polo seu carácter errático e déspota, que finalmente o levou a ser asasinado. Tras a súa morte escribíronse numerosas historias sobre os seus caprichos e tolemias; unha das máis famosas, se nos fiamos das fontes romanas, sería a súa intención de converter a un cabalo en cónsul, unha das máximas magistraturas romanas. O animal en cuestión chamábase Incitato e era o cabalo preferido do emperador, que sentía verdadeira devoción por el. Tomaba parte nas carreiras de cabalos e Calígula durmía ao seu lado a noite anterior a unha competición; para que descansase ben se decretaba un silencio xeral e incumprilo supoñía a pena de morte. Na única ocasión na que Incitato perdeu unha carreira, Calígula ordenou executar ao auriga (o condutor do carro) o máis lentamente posible para alongar o seu sufrimento. O historiador Dion Casio describe algúns dos luxos dos que gozaba o animal, como unha alimentación a base de flocos de avea, marisco e pito; mantos de púrpura e xoiería; unha vila con serventes dedicados exclusivamente ao seu coidado; e unhas cortes de mármore con pesebres de marfil. En ocasións o cabalo comía na mesma mesa que o emperador e cando este facía brinde na súa honra, os demais comensais debían seguirlle o xogo se non querían acabar mortos. O emperador amaba ao seu cabalo coa mesma intensidade que desprezaba aos senadores romanos, aos que mostraba o seu desdén en cada ocasión que podía. Segundo o historiador Suetonio, en senllas ocasións anunciou a súa intención de nomear a Incitato sacerdote e cónsul, posiblemente para ridiculizar aos senadores e demostrarlles que o seu papel e dignidade importábanlle ben pouco e que un cabalo podía desempeñar perfectamente as mesmas funcións que eles.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. O peso da provincia de Hispania na política de Roma comezou coa colonización da península ibérica, polas súas riquezas minerais como o ouro e a prata, e agrícolas e gandeiras como o aceite, o viño e os cabalos. En tempos do Imperio Romano naceron en Hispania algún emperadores. Cantos exactamente?

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org  Imaxe: wikiwand.com/es

#DígochoEu: Un lago cuberto de...caramelo!

 

Viches algunha vez un lago cuberto de caramelo? Pois é máis común do que pensas, atende ben!

#DígochoEu