#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 19)
Traémosche outra recompilación de vídeos da conta de Tiktok do #DígochoEu, neste caso aprendendo galego coa gramática máis viral!
Traémosche outra recompilación de vídeos da conta de Tiktok do #DígochoEu, neste caso aprendendo galego coa gramática máis viral!
Resolvemos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Pódese dicir ’saltar un semáforo’? Como se di en galego ’tormenta de ideas’?
Remato coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 20 de maio. Designado en outubro de 2017 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, quere poñer en valor a súa importancia como axentes polinizadores, do mesmo xeito que bolboretas ou colibrís.

Ao instaurar este día, a ONU destacou "a necesidade urxente de abordar o problema da diminución da diversidade de polinizadores no mundo e os riscos que iso implica para a sustentabilidade da agricultura, os medios de vida do ser humano e a subministración de alimentos, recoñecendo a contribución e o papel fundamental que desempeñan as abellas e outros polinizadores na produción sostible de alimentos e a nutrición". Este día, o 20 de maio, coincide coa data de nacemento do esloveno Anton Jansa, pioneiro nas modernas técnicas de apicultura no século XVIII.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: muyinteresante.es
Fran Cañotas e Antonio Mosquera atrévense a adiviñar cal das catro palabras que lles propón Esther Estévez é a correcta para completar a oración: "non sei como vou saír deste problema, deste..." Serán quen de acertar? E ti?
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é China. Segundo a Honey Production by FAO Food and Agriculture Organizationm en 2020, China foio o primeiro produtor mundial con 446.900 toneladas, seguida de Turquía con 114.113 toneladas e de Arxentina con 79.468 toneladas.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Cando se celebra o Día Mundial das Abellas?
- 17 de maio
- 20 de maio
- 25 de maio
- 6 de xuño
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe:
Unha destas cinco oracións está mal e Fátima Pego o sabe. Será quen de adiviñar que contracción non está aceptada na escrita? E ti?
#DígochoEu
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Apicultura. A apicultura é a actividade dedicada á crianza das abellas e a prestarlles os coidados necesarios co obxectivo de obter e consumir os produtos que son capaces de elaborar e colleitar. O principal produto que se obtén desta actividade é o mel. O mel é un factor de beneficio para os humanos.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. O mel é ise fluído moi doce e viscoso producido por abellas do xénero Apis, principalmente a abella doméstica. Cal é o país maoior produtor de mel do mundo?
- España
- Arxentina
- Turquía
- China
Mañá a solución e ultima pregunta da serie!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: porque.es
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Avespa asiática (Vespa velutina). É unha especie de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase unha especie invasora en Galicia. Triplica en tamaño a abella europea, pois as raíñas chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chama a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas?
- Ornitoloxía
- Apicultura
- Lepideptoloxía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: xunta.gal