Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 18)

 

Traémosche outra recompilación de vídeos da conta de Tiktok do #DígochoEu, neste caso aprendendo galego cos filtros máis virais!

#DígochoEu: Cal é a forma verbal incorrecta?

 

Cal é a forma verbal incorrecta? Patricia Santana pon a proba os seus coñecementos lingüísticos.

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Trátase dunha avespa. Á vista das imaxes podemos distinguilas fácilmente. As avespas, por exemplo, son negras ou marrón escuro e amarelas, e dependendo da variedade poden ser case escuras por completo, como no caso da avespa asiática. As abellas en cambio son de cor parda máis ou menos escuro e dourado, non amarelo brillante. As avespas posúen a súa característica “cintura”, unha zona moi estreita que separa o tórax do abdome, mentres que no caso das abellas o estreitamento non é tan notable. Ademais, a abella ten aparencia peluda, pois presenta peliños de queratina en tórax, cara, abdome e patas, mentres que a avespa non.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Unha especie invasora, que chegou a Galicia en 2011, ataca as abellas melíferas europeas (Apis mellifera), podendo acabar con gran parte dunha colmea en pouco tempo e minguar a súa produtividade. Como se chama esta especie invasora?

- Abesouro (Bombus hortorum)

- Avespa asiática (Vespa velutina)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: cadenaser.es

#DígochoEu: Non é un sinónimo de 'serpe'

 

Retamos a Rodrigo Vázquez a que adiviñe cal das seguintes palabras non é un sinónimo de ’serpe’. Ti sabes a resposta?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Vermello. Hoxe sabemos que mentres que o ser humano percibe as cores con tres tipos de fotorreceptores en forma de cono (azul, verde e vermello), nas abellas o espectro de cores está desprazado cara ao ultravioleta en detrimento do vermello, cor que non poden ver. Iso repórtalles un beneficio: pois orientan o seu voo en función da posición do sol ou segundo a polarización da luz do ceo. As plantas con flor aproveitan este feito no seu beneficio: depositan pigmentos que reflicten a luz ultravioleta, invisible ao ollo humano pero  detectable para estes insectos. 

 E imos coa pregunta de hoxe!

10. Unha destas imaxes non é dunha abella. Cal é?

- 1

- 2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: mieladictos.com

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é A súa lingua. As abellas absorben coa súa longa ligua ou proboscis (composta de varias partes) o néctar das flores e introdúceno no bucho melario que teñen na rexión torácica, regresando á colmea onde o entregan ás obreiras novas. Despois, volven saír en busca de máis néctar.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

9. Que cor é imperceptible polas abellas?

- O azul

- O verde

- O vermello

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Un par de dúbidas: planetas e cas Pepe

 

Resolvemos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Como é o nome dos planetas en galego? É correcto dicir ’cas Pepe’?

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 230 veces. A diferenza doutros insectos voadores, que baten as ás formando un ángulo de entre 145 e 165 graos, o das abellas é menor a 90 graos, pero fano a moita máis velocidade cunha frecuencia de 230 veces por segundo. Esta rapidez é a que ocasiona o seu característico son ao voar.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

8. Que usan as abellas para colleitar o néctar das flores?

- As súas patas

- A súa lingua

- As súas ás

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: fundacionaquae.org