Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Como se di no teu idioma?

 

No #DígochoEu preguntámoslles aos nosos seguidores como se din algunhas palabras no seu idioma e nós contámoslles como se din na nosa lingua!

#DígochoEu: A preposición 'de' non contrae con...? #DígochoEu

 

A preposición ’de’ non contrae con...? Laura Franco dubida, pero acerta! E ti?

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é É a materia prima coa que as abellas constrúen a colmea. A cera non é unha produción vexetal, senón unha secreción animal que as abellas voluntariamente segregan sempre que a necesitan a través das glándulas ceríferas das obreiras novas. As escamas de cera saen de entre os aneis do abdome, de onde, por medio das súas patas posteriores lévanas á súa mandíbula e as  mastican, impregnándoas de saliva e engadindo pequenas cantidades de pole e propóleo, volvéndoas máis maleables. Así, as laminiñas de cera transfórmanse nesa marabilla de regularidade que é o panal.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

7. Cantas veces baten as abellas as súas ás por segundo?

- 145 veces

- 160 veces

- 180 veces

- 230 veces

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org      Imaxe: fundacionaquae.org

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Raíña, zánganos e obreiras. A raíña é a única femia sexualmente fértil e cada colonia ten soamente unha raíña. O propósito principal da raíña é reproducirse. A raíña aparéase só unha ou dúas veces na súa vida (pero con múltiples zánganos), e ten lugar durante os seus primeiros días. Despois de aparearse no aire cos zánganos, almacena o esperma deles nunha área especial do seu corpo e pode poñer ovos polo resto da súa vida (3-5 anos). O segundo propósito da raíña é organizar e motivar (a través de feromonas) ás obreiras para completar a carga de traballo da colmea. As obreiras (femias sexualmente infértiles) son responsables de case todo o traballo pesado requirido da colmea. Isto significa protexer a colmea, construír panais, coidar á raíña, limpar, puír, alimentar á cría, almacenar, colleitar néctar, pole e auga, masticar o néctar e transformalo en mel a través de encimas, axustando a temperatura dentro da colmea por medio da ventilación coas súas ás e moitos máis. Os zánganos son abellas machos e proceden de ovos sin fecundar. O seu único propósito é fertilizar ás raíñas virxes. Estes non teñen aguillón, así que mesmo non poden coidar a colmea de intrusos. Non participan en ningunha outra operación da colonia que non sexa o apareamento con raíñas virxes. A raíña é máis grande en tamaño que o zángano e dobre en tamaño que as obreiras.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

6. O mel serve ás abellas de alimento. Pero, para que serve a cera?

- É a materia prima coa que as abellas constrúen a colmea

- As abellas úsana como suplemento alimentario

- As abellas úsana para controlar a temperatura das colmeas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org     Imaxe: nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 17)

 

Na conta de Tiktok do #DígochoEu estamos contando cousas ben interesantes e resolvendo dúbidas dos nosos seguidores. Velaquí un resumo do máis viral!

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non, só as abellas melíferas. Non todas as abellas producen mel. As máis coñecidas son as abellas melífera, que só engloban nove das 20.000 especies documentadas. A estrela do xénero é, como dixemos, a abella europea Apis mellifera, responsable da produción dunhas 30.000 toneladas de mel ao ano só en España. Son abellas eusociais, organizadas nunha estrutura xerárquica na que impera a distribución do traballo. E non só producen mel, que lles serve de alimento, tamén fabrican cera.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Unha colonia de abellas ou colmea podémola considerar como un grupo de insectos  emparentados e organizados de forma cooperativa. Os animais son independentes se os consideramos individualmente, pero son interdependentes e non poden sobrevivir sen a cooperación cos seus compañeiros de colonia. Cales son os tres tipos de abellas que se atopan nunha colonia?

- Rei, plebeos e obreiros

- Rei, raíña, e zánganos

- Raíña, zánganos e obreiras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org     Imaxe: askabiologist.asu.edu

#DígochoEu: Cal non é unha parte do corpo?

 

Preguntámoslles aos creadores de @GalegoTwitch cal das opcións non é unha parte do corpo. Pero só unha das participantes foi quen de adiviñar a resposta!

 #DígochoEu 

#DígochoEu: Cal é a incorrecta?

 

Retamos a Alba Mancebo a que adiviñe cal é a palabra incorrecta das catro opcións expostas. Ti sabes cal é?

#DígochoEu