Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 pares. As abellas teñen dúas ás en cada lado do seu corpo, as cales se manteñen xuntas por uns pequenos dentes en forma de peite chamados en conxunto hamuli. Estes dentes permiten que as dúas ás actúen como unha gran superficie e axudan á abella para crear un gran sustento cando voan. Ademais, teñen seis patas unidas ao tórax.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

4. As abellas empregadas na apicultura son as abellas europeas Apis mellifera. Non en balde, é a especie da que temos un maior coñecemento. Axúdannos a polinizar os cultivos e provennos do mel que consumimos. Pero, todas as abellas producen mel?

- Si

- Non, só as abellas solitarias

- Non, só as abellas  melíferas

- Non, só as abellas europeas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org   Imaxe: nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'granizo'?; 'vémosnos'?

 

Esther estévez resolve novas dúbidas dos nosos seguidores na conta de TikTok do #DígochoEu! Pódese dicir ’granizo’? E ’vémosnos’? A resposta, neste capítulo.

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 5. Unha abella ten 5 ollos: 3 ollos simples na parte superior da súa cabeza, sobre a fronte, e 2 ollos compostos, con numerosas facetas hexagonais, en cada lado da cara. 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

3. Cantos pares de ás ten unha abella? canto sabes sobre as abellas?

- 2 pares

- 3 pares

- 4 pares

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org   Imaxe: ingenieria.es 

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Himenópteros. unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos. O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

2. Cantos ollos ten unha abella?

- 2

- 3

- 5

- 6

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org    Imaxe: fundacionaquae.org

#DígochoEu: Que significa 'apedar'?

 

Esther Estévez mete nun apuro a Brais Doval preguntándolle que significa ’apedar’. E ti, sabes a resposta?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS?

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS?

Comezo hoxe unha nova serie adicada as abellas: CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos e igual que as formigas, atópanse en todos os continentes excepto na Antártida, e, como estas, adoitan formar sociedades complexas. Aínda que son cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

Propónoche por a proba os teus coñecementos sobre estas fascinantes criaturas. Anímaste? Pois comezamos!

1. As abellas son animais, artópodos, insectos, pero a que orde pertencen?

- Lepidópteros

- Hemípteros

- Himenópteros

- Coleópteros

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org   Imaxes: animalesextremos.com e animalgourmet.com

#DígochoEu: Non digas *transportín

 

Xa vos contamos que en galego hai palabras que terminan en -ín, pero *transportín non vale. É un castelanismo! Estrer Estévez sanos a alternativa!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *derrítese

 

*Derretir é incorrecto en galego! Esther Estévez explícanos a forma correcta e como conxugala!

 #DígochoEu