Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'sale' e 'burro' #DígochoEu

 

Na conta de TikTok do #DígochoEu seguimos resolvendo as dúbidas dos nosos seguidores! Como se di ’sale’ e ’burro’ en galego?

#DígochoEu: Non digas *manzanilla

 

Non digas *manzanilla se o que queres é tomar unha cunca da famosa infusión! Esther Estévez danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXIV (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Arabia Saudita. É un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2.150.000km2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico. Ten, en 2021, unha poboación estimada de preto de 36 millóns de habitantes.

Non é o único país sen ríos, xa que outros 18 e outras dependencias e territorios de ultramar tampouco os teñen.

E así remato esta serie que espero que servise para que se pretendía como obxectivo: refrescar os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org e blog.redbus.pe

#DígochoEu Non digas *formigueo

 

Ese proído ou cóxegas que sentes nas extremidades non se chama *formigueo! Esther Estévez danos a alternativa!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico. Iste río é unha corrente de auga continua de Panamá que desemboca ao noroeste no mar Caribe. Está localizado entre as provincias de Panamá e Colón. No seu curso medio atópase a  represa de Gatún, coa cal formouse o lago artificial Gatún, que conforma a canle de Panamá. As súas augas por tanto desaguan en dous océanos distintos. Foi descuberto en 1502 por Cristóbal Colón, quen lle deu o nome de Río dos Lagartos polos crocodilos que alí atopou.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

23. Nesta lista hai un país que non ten ningún río. Cal é?

- Mauritania

- Tailandia

- Arabia Saudita

- Ecuador

Mañá a solución e temate da serie!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org         Imaxe: gifex.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tinto. É un pequeno río andaluz pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros. Circunscrito á provincia de Huelva, nace na Serra do Padre Caro, un dos cordais da Serra Morena, a 420 metros de altura, cerca de Nerva. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de Huelva, na beira dereita, e Palos da Fronteira, na esquerda, onde se lle une o río Odiel, que vén pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada ría de Huelva. O río é coñecido pola cor avermellada das súas augas, de aí o seu nome. A coloración ten a súa orixe na  meteorización de minerais que conteñen  sulfuros de metais pesados achados nos xacementos ao longo do río. Estes xacementos son depósitos hidrotermais compostos en gran medida por rocas de pirita (sulfuro de ferro II) e calcopirita (disulfuro de ferro e cobre).

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

22. Cal é o único río do mundo que, ademais de ser navegable, desemboca en dous océanos?

- Río San Lorenzo, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Mississipi, no océano Pacífico e Atlántico

- Río Negro, no océano Índico e o Pacífico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *telón nin *teloneiro

 

Xa vos contamos que non existe nin *telón nin *teloneiro en galego. Hoxe tocounos refacer un capítulo xa emitido, debido a un cambio de criterio da RAG con respecto á expresión ’cortina de aceiro’, que xa non considera válida.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? XIII (FIN)

 

Remato coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é París (Francia). Os Xogos Olímpicos de París 2024, oficialmente coñecidos como os Xogos da XXXIII Olimpíada, levaranse a cabo entre o 26 de xullo e o 11 de agosto de 2024 na cidade de París. Esta será a segunda cidade (ademais de Londres) en albergar tres veces as Olimpíadas, tras 1900 e 1924, ademais estes Xogos Olímpicos marcarán o centenario dos últimos levados a cabo en chan parisiense.

Alí nos veremos!

Así remato esta serie que só pretendeu recordar aspectos da historia deste evento multideportivo internacional.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org