Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 10: Exame final, trabalinguas e João Simões

 

Rodrigo e Esther organizaron unha boa festa para pechar esta temporada do #ApuntamentoLusófono en Twitch! Cantaron, coñeceron a João Simões e ata fixeron unha proba final para saber quen aprendeu máis durante estes meses!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tormes. É un río, afluente do Douro pola súa marxe esquerda, que discorre polas provincias de Ávila, Salamanca e Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Nace no prado Tormejón, no municipio de Navarredonda de Gredos, en plena serra de Gredos. Desemboca ao río Douro entre os termos municipais de Fermoselle e Villarino de los Aires, na zona coñecida popularmente como Ambasaguas, tras un percorrido de 284 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Á vista da fotografía superior, cal é o nome diste río español?

- Odiel

- Negro

- Tinto

- Teleno

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *vecindario

 

Temos veciños pero non temos *vecindarios! Esther Estévez ten a solución galega neste novo capítulo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? XII

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río de Xaneiro. Oficialmente coñecidos como os Xogos da XXXI Olimpíada, ou máis comunmente como Río 2016, foi un evento multideportivo internacional, celebrado na cidade de Río de Xaneiro (Brasil) entre o 5 e o 21 de agosto de 2016, aínda que a fase de grupos do torneo de fútbol comezou o 3 de agosto na rama feminina e o 4 de agosto na rama masculina.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

12. Onde se celebrarán os próximos Xogos Olímpicos de verán 2024?

- Os Ánxeles (EE UU)

- París (Francia)

- Brisvane (Australia)

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: unotv.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XX

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Picos de Urbión (Soria-Castela e León). O Douro é o río máis importante do noroeste da península ibérica. Nace na ladeira sur do pico Urbión, a uns 2.160 m sobre o nivel do mar, e desemboca no océano Atlántico, no esteiro do Porto. Ten 897 km de longo, con 572 de percorrido en territorio español, 213 navegables por terras portuguesas (canle de navegación do Douro) e 112 km de carácter internacional, ao coincidir co seu curso a fronteira entre ámbolos dous países. Posúe a maior conca hidrográfica da península ibérica, ao ocupar 98.073 km², dos que 78.859 km² corresponden ao territorio español e 19.214 km² ao portugués.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Que río pasa por Salamanca?

- Pisuerga

- Guadiana

- Tormes

- Segura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Severn. É o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude. Nace a 610 msnm no monte galés de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra. Brevemente, o Severn é a fronteira entre Gales e o condado inglés de Shropshire. Atravesa a capital de Shropshire, Shrewsbury, e logo a vila de Telford, onde se atopa a primeira ponte de ferro fundido, o Ironbridge. Máis ao sur o Severn pasa por Bridgnorth antes de entrar no condado de Worcestershire. No norte de Worcestershire a vila de Stourport on Severn leva o seu nome. Tras Stourport o río pasa pola capital do condado, Worcester e dá o seu nome á pequena localidade de Upton on Severn. Cando entra no condado de Gloucestershire, pasa a carón de Tewkesbury, e despois pola capital condal Gloucester. O Severn desemboca na canle de Bristol a través do seu estuario no suroeste de Inglaterra.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Onde nace o río Douro?

- Picos de Europa (Asturias)

- Pico Tres Mares (Cantabria)

- Picos de Urbión (Soria-Castela e León)

- Porto (Portugal)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende o himno galego (segunda parte)

 

Tal como prometemos aquí está a segunda parte da letra do himno galego! É o noso!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende o himno galego (primeira parte)

 

Como? Aínda non sabes a letra do himno galego? Cantámoscho e explicámoscho nun minutiño!

Mañá a segunda parte!

 #DígochoEu