Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Samburiel. Tamén coñecido como río San Muriel ou río Navacerrada, é un dos principais afluentes do Manzanares, tributario, á súa vez, do Xarama e iste do Texo. Percorre a zona noroeste da Comunidade de Madrid, por terreos incluídos dentro do Parque Rexional da Conca Alta do Manzanares. Antigamente, nunha das súas versións transcritas, denominábase "río Samuril", segundo consta nun plano de 1724, conservado na Biblioteca Nacional.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Cal é o río máis grande de Gran Bretaña?

- Támesis

- Severn

- Trent

- Wye

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Missouri. É o río máis longo de Norteamérica, o afluente máis longo nos Estados Unidos e unha das principais vías navegables do centro dos Estados Unidos. Nace nas Montañas Rochosas, no oeste de Montana, da confluencia de tres ríos: Jefferson, Madison e Gallatin. Flúe cara ao leste e o sur, atravesando as Grandes Chairas do leste de Montana, Dacota do Norte e Dacota do Sur, marcando a fronteira entre Nebrasca e Iowa, e despois entre Kansas e Missouri, ata desaugar no río Mississippi ao norte da cidade de St. Louis (Missouri) tras percorrer 3.767 km. Cando se considera coa parte baixa do río Mississippi, o sistema Mississippi-Missouri alcanza os 6.275 km (o cuarto sistema fluvial máis longo do mundo) e drena unha conca de 2.980.000 km² (a sexta maior do mundo).

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Un, dos seguinte ríos, non pasa por Asturias. Cal?

- Río Nalón

- Río Samburiel

- Río Sella

- Río Narcea

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *cráneo

 

O que protexe o noso cerebro non é o *cráneo! Sabes como se di en galego? Esther Estévez cóntanolo neste episodio!

#DígochoEu!

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

Os tres gazapos da proposta de onte son Guadiaro, Guadalete e Eume. O río Guadiaro, pertence á vertente mediterránea e non á atlántica. O río Guadalete pertence á vertente atlántica e non á mediterránea. O río Eume pertence á vertente atlántica e non á cantábrica.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é o río máis longo de América do Norte?

- Río Mississippi

- Río Colorado

- Río Missouri

- Río Grande

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *esnifar

 

Nada de *esnifar. Temos unha palabra diferente en galego para referirnos a este verbo, e con máis significados!

 #DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Yangtzé. É o río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Nace a 5.405 m de altitude, no glaciar Gangjiajubu, sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Desemboca no Mar da China oriental formando un enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Alí érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Atopa os 3 cazapos sobre as vertentes hidrográficas da península ibérica.

- Vertente atlántica: Miño, Limia, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Guadiaro, Tinto e Odiel.

- Vertente mediterránea: Ebro, Ter, Turia, Xucar, Segura, Almanzora, Guadalhorce e Guadalete.

- Vertente cantábrica: Eume, Eo, Nalón, Narcea, Nervión, Deva e Bidasoa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org     Imaxe: cerebriti.com

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nilo. É o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países (Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Quenia, República Democrática do Congo, Sudán do Sur, Sudán, Exipto e Etiopía) ata desaguar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6.853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é o río máis longo de Ásia?

- Amarelo

- Yangtzé

- Mekong

- Brahmaputra

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *secta

 

*Secta é unha das palabras que pasou a ser incorrecta na última reforma da norma. Sabes cal é a forma correcta? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu