Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XV

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Burgos. Atapuerca é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Neste municipio e no de Ibeas de Juarros atópase a Zona Arqueolóxica Serra de Atapuerca, con excepcionais achados arqueolóxicos e paleontolóxicos. Foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Zona Arqueolóxica o 19 de decembro de 1991.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. As covas cántabras de Altamira conservan un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Europa. Descuberta en 1868, conserva no seu interior a chamada Sala dos polícromos, cuxo teito contén un magnífico ciclo de pinturas que é coñecido como a capela sixtina da arte cuaternario. Sabes que animais son os máis representados nel?

- Cabalos

- Rinocerontes lanudos

- Bisontes europeos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Non digas *pezón

 

Ata nos peitos hai castelanismos! En galego non temos a palabra *pezón. Como se di entón?  Esther Estévez Casado danos a solución!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XIV

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é No outeiro de  Hissarlik, preto do estreito dos Dardanelos, en Turquía. Tras obter os permisos pertinentes do goberno turco para escavar, en 1870, o prusiano Heinrich Schliemann (1822-1890) empezou os primeiros traballos en Hissarlik que o levarían ao descubrimento definitivo de Troia. O inglés Frank Calvert (1828-1908) realizara escavacións preliminares sete anos antes da chegada de Schliemann, e suxeriulle que o outeiro de Hisarlik era o emprazamento da mítica cidade. Posteriormente, Schliemann minimizaría nos seus escritos o papel que realmente tivera Frank Calvert no descubrimento.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Os xacementos arqueolóxicos da Serra de Atapuerca, albergan restos fósiles do último millón e medio de anos, incluíndo restos de 5 especies de homínidos. Pero en que provincia se atopa?

- Cuenca

- Burgos

- Zaragoza

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea  orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: elmundo.es

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cabezón do Trega. Trátase dunha cabeza antropomorfa labrada en pedra na que aparecen perfectamente definidos nariz, ollos e orellas, ademais dunha liña de relevo na parte traseira que parece  delimitar un casco ou o cabelo. Rafael Rodríguez, director da escavación, aventura unha posible función protectora desta cabeza de guerreiro de entre o século I a. C. ao I d. C. que depositada no exterior da muralla, ofrece protección aos habitantes en  analogía coas têtes coupés, cabezas cortadas da Galia.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Heinrich Schliemann foi o descubridor da mítica cidade onde o poeta Homero sitúa a acción da súa epopea, a Ilíada. Pero sabes onde se atopan as ruínas de Troia?

- Nas ladeiras do monte Ida, en Creta

- No outeiro de Hissarlik, preto do estreito dos Dardanelos, en Turquía

- Na península do Peloponeso, aos pés do monte Taigeto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 7)

 

Esther Estévez Casado continúa coa serie de episodios sobre vogais abertas e pechadas!

#DígochoEu

#DígochoEu: O festival dos sentidos

 

En anteriores capítulos falamos de sabores, lembras?  Pois no de hoxe Esther Estévez Casado explícanos os sentidos! Non a perdas de vista...

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1862. Esta escultura de Hércules, feita en bronce, foi atopada por uns canteiros que traballaban preto da ermida. Curiosamente a escultura foi roubada do museo na década de 1970.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Iste é o achado máis emblemático das escavacións realizadas entre 2015-2016 atopado no barrio de Mergelina, na citania do Trega, en concreto o 24 de outubro de 2015. Por que nome é coñecido esta peza?

- Guerreiro do Trega

- Cuncheiro

- Cabezón do Trega

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: saltaconmigo.com

#DígochoEu: Aprende a falar de fútbol con xeito

 

 Antonio Mosquera bótalle unha man a Esther Estévez Casado para aprender algunhas palabriñas relacionadas co fútbol!

#DígochoEu