Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XI

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mesopotamia. Do Mesopotamia ‘terra entre dous ríos’, árabe bilād ao-rā fidayn, tradución do persa antigo Miyanrudan ‘a terra entre ríos’, ou do siríaco ܒܝܬ ܢܗܪܝܢ beth nahrin ‘entre dous ríos’. É o nome polo cal se coñece á zona do Oriente Próximo situada entre os ríos Tigris e Éufrates, aínda que se estende ás zonas fértiles contiguas á franxa entre ambos os ríos, e que coincide aproximadamente coas áreas non desérticas do actual Iraq e a zona limítrofe do norte-este de Siria.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. No noso castro de Santa Trega, o primeiro descubrimento do que se ten constancia foi unha escultura de Hércules. En que ano aconteceu iste primeiro decubrimento?

- 1862

- 1950

- 1960

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA ? X

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Howard Carter. (1874-1939), foi un soado arqueólogo e egxiptólogo inglés mundialmente coñecido por descubrir en 1922 a tumba do faraón Tutankamón (Tut-Anj-Amón), no Val dos Reis, fronte a  Luxor, Exipto.

E Imos coa pregunta de hoxe!

10. Que rexión, fogar de moitas civilizacións antigas, tiña un nome que literalmente significa terra entre augas?

- Fenicia

- Babilonia

- Mesopotamia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *vado permanente

 

O sinal que poñen nas portas dos garaxes non pode ser un *vado en galego. Como se chama entón?  Esther Estévez Casado danos a solución!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *muelle

 

Nin hai *muelles nos portos nin nos colchóns! Esta palabriña é incorrecta en galego e  Esther Estévez Casado tráenos os termos polos que a debes substituír!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAQUEOLOXÍA? IX

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pezas de cerámica rotas. A cerámica pode sobrevivir durante moito tempo na maioría das condicións porque non se descompón facilmente. É menos probable que se atopen obxectos feitos de coiro, madeira, óso e tea.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Lembras o nome do exiptólogo que descubriu a luxosa cámara funeraria do faraón  Tutankamón?

- Auguste Mariette

- Howard Carter

- Jean-Philippe Lauer

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *agridulce

 

Esther Estévez Casado segue repasando sabores. Despois de saber que non temos nin *soso nin *salado, neste capítulo falamos do *agridulce, que tamén é incorrecto en galego!

 #DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VIII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 900. Os moáis son estatuas monolíticas humanoides situadas na illa de Pascua (Chile).​ Os máis de novecentos coñecidos  esculpidos polos antigos rapa nui están distribuídos por toda a illa. A maioría deles foron labrados en toba do cono volcánico Rano Raraku, onde quedan máis de catrocentos moái en diferentes fases de construción. O período histórico de todo o desenvolvemento das diversas técnicas construtivas estendeuse entre o 700 d.C e o 1600 d.C. Todo indica que a canteira foi abandonada repentinamente e quedaron estatuas a medio labrar na rocha. O significado dos moáis é aínda incerto, e hai varias teorías ao redor destas estatuas. A máis común delas é que as estatuas foron talladas polos habitantes polinesios da illa, entre os séculos IX e XVI, como representacións de antepasados defuntos, de maneira que proxectasen o seu mana (poder sobrenatural) sobre os seus descendentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cales son algúns dos obxectos máis comúns que se atopan nun sitio arqueolóxico?

- Roupa/tecidos

- Pezas de cerámica rotas

- Ósos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un libro moderno sobre medicina antiga. O escrito non contaría como un artefacto antigo, como comentamos na pregunta 3. Polo menos non ata que un libro de texto moderno poida ser considerado antigo, o que o convertería nun artefacto.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cantos moáis hai na illa de Pascua?

- 9

- 90

- 900

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org