Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *soso nin *salado

 

Esther Estévez Casado fálanos hoxes do sabor da comida: nin *soso nin *salado son adxectivos correctos en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VI

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte: a gazapo era Cartago / Grecia. Cartago non se atopaba en Grecia. Cartago foi unha antiga cidade do norte de África, no actual Tunes (a uns dezasete quilómetros ao nordés da capital deste país), fundada por emigrantes fenicios de Tiro a finais do século IX a.C., segundo a datación moderna máis aceptada.

E Imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal dos seguintes obxectos non se consideraría un artefacto arqueolóxico antigo?

- O Partenón

- Unha ferramenta de pedra

- Un libro de texto moderno sobre medicina antiga

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 6)

 

Esther Estévez Casado tráenos un  novo episodio de fonética para continuar aprendendo regras sobre vogais abertas e pechadas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? V

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é No 196 a.C. É unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita e a súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. É unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos. Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 na vila exipcia do delta do Nilo denominada Rashid, chamado polos franceses de Rosetta, polo capitán francés Pierre-François Bouchard cando as tropas capitaneadas por Napoleón Bonaparte atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras do Exipto.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Atopa o gazapo respecto a estas cidades antigas e as súas localizacións.

- Cartago / Grecia

- Persépolis / Persia

- Troia / Asia Menor

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre gran, grao e grado

 

Estas tres palabriñas parécense moito pero teñen significados diferentes!? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto dicir caneca?

 

Hoxe Esther Estévez Casado resólvenos unha dúbida xurdida Malicia Noticias. A cousa vai de cuncas, canecas e canecos. Nada de *tazas, que iso si que o considera incorrecto a RAG!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? IV

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Máis de 8.000 figuras de guerreiros e cabalos. É unha colección de esculturas feitas en terracota (arxila modelada e endurecida ao forno) que representan aos exércitos de Qin Shihuang, o primeiro emperador da China. É unha forma de arte funeraria enterrada co emperador en 210–209 a. C. co propósito de protexer ao emperador na súa vida futura. Desde o ano 1987 está considerado por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A Pedra Rosetta é un dos artefactos máis famosos do mundo. Sabes en que ano foi tallada?

- No 1799

- No 453 a. C

- No 196 a. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixila muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? III

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Artefacto.  Un artefacto arqueolóxico é calquera material ou obxecto distintivo que se atopa nunha escavación arqueolóxica nalgúns dos estratos do chan (sepulto) ou na superficie da terra. Estes artefactos foron creados por persoas dunha época e lugar determinados para satisfacer unha necesidade ou facilitar a vida cotiá dun grupo concreto de humanos. Ademais, poden ser de diversas tipoloxías segundo as características para descubrir a que civilización pertenceron, que función tiñan no pasado, cal é o lugar onde se formaron ou para saber a data exacta en que se fixeron, segundo a composición química e mediante un proceso de datación.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Seguro que che soan os Guerreiros de terracota que se atopan no Mausoleo de Qin Shi Huang. Cantas estatuas representan este conxunto?

- Máisde 8.000 figuras de guerreiros e cabalos

- Máis de 10.000 figuras de guerreiros e cabalos

- Máis de 12.000 figuras de guerreiros e cabalos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org