Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Sabes o que é óioo?

 

En galego temos palabras con catro vogais! E óioo é unha delas. Sabes o que é? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas 'Onte *comimos patacas'

 

Non *comimos nin patacas, nin tortilla, nin pementos nin nada! *Comimos é incorrecto en galego! Esther Estévez Casado danos a forma correcta.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? II

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Arqueoloxía prehistórica e histórica. A arqueoloxía prehistórica refírese ao estudo da prehistoria humana, ou o período da historia humana antes de que existisen os rexistros escritos (a maior parte do noso pasado). A arqueoloxía histórica refírese aos estudos con rexistros escritos, o que achega unha vantaxe na investigación. Tamén existen moitos subtipos como a arqueoloxía submarina, a urbana ou a etnoarqueoloxía.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a palabra que empregan os arqueólogos para referirse a un material distintivo dunha escavación ou xacemento?

- Elemento

- Obxecto

- Artefacto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *San Antón

 

Xa falamos de gran, que pode ser a apócope de grande. Pois Esther Estévez Casado séeguenos a falar de apócopes!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA?

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA?

 

A arqueoloxía (do grego ἀρχαιολογία (archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber") é a ciencia que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais. A través da análise dos obxectos e aquelas obras construídas polos pobos antigos, esta ciencia pode arribar a conclusións ao redor da súa cultura e as súas formas de vida.

As persoas que se dedican a estudar o pasado enmarcados nesta ciencia coñécense como arqueólogos. O seu traballo consiste en reconstruír a vida de poboacións antigas a partir das manifestacións materiais que deixaron.

A arqueoloxía é unha mestura de descubrimentos de restos materiais, a súa intervención con metodoloxía rigorosa, xunto ao paciente traballo de analistas científicos, e xunto á etapa de interpretación, que permite entender que significaron os elementos descubertos ou explorados na historia da humanidade. En consecuencia, a arqueoloxía é tanto unha actividade física de campo como unha procura e exploración intelectual no laboratorio.

Queres ver cuánto sabes sobre os descubrimentos arqueolóxicos e o seu campo?

Anímaste? Ben, pois empezamos!

1. Cantos tipos principais de arqueoloxía existen?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: aprendum.com

#DígochoEu: Aprende os países europeos co Festival de Digochovisión

 

Esther Estévez Casado  vai de festival para explicarnos os nomes dos países europeos e os seus xentilicios!

#DígochoEu

#DígochoEu: Cinco palabras do Samaín

 

Para que dicir ’ghalogüín’ se temos o noso Samaín? Velaquí cinco palabras que nos trae Esther Estévez Casado e que teñen que ver con estas datas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Onde se fala galego máis

 

Esther Estévez Casado foi ata o lugar en que se fala o galego máis parecido ao estándar! Se premes AQUÍ tamén comprobarás o grao de similitude do galego da túa zona. Algunha sorpresa has levar! 

#DígochoEu