Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA LVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é un microestado. Foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, tiña unha poboación entre 1862 e 1864 de non máis de 1000 habitantes. Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ao castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano , que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España. Entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio (como o do sal, obxecto de estanco), liberdade de cultivos (como o tabaco, obxecto de estanco), liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes, e outros. Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómala e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores. Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España, en contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal os chamados pobos promiscuos. O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.

E imos coa pregunta de hoxe!

56. Cal destes escudos corresponde a cidade de Pontevedra?

- 1

- 2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es

CANTO SABES DE GALICIA LV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Astronomía. Comezou a súa afección á observación astronómica cun anteollos de 75 mm de apertura que lle regalara a súa avoa  cando era seminarista. A este primeiro instrumento engadiu un teodolito, tamén regalado. Estes foron os primeiros instrumentos que montou no observatorio que instalou na galería da súa casa. Con eles, e algún outro instrumento auxiliar como un cronómetro da Mariña, realizou as primeiras observacións sistemáticas de cosmos que chegaron a ser recollidas no Anuario do Observatorio de Madrid. En 1912 constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. Logo realizou unha serie de observacións xunto con estudos teóricos que foron publicadas na Revista da Sociedade Astronómica de España e América. En 1943 constrúese un observatorio na Universidade de Santiago onde trasladan os instrumentos de Lalín e en 1944 créase a Cátedra de Astronomía para el. O 30 de xuño de 1943 presenta a súa tese doutoral na Universidade de Madrid co tema Algunhas experiencias que convén realizar nas observacións de pasos por verticais e ese mesmo ano é nomeado Director do Observatorio Astronómico e edita Introdución á Astronomía, obra que viña preparando desde a súa mocidade. Amplía o observatorio cun telescopio de pasos que achegue o Consello Superior de Investigacións Científicas. En 1945 crea a sección de Astronomía Teórica e Matemáticas Durán Loriga xerme do que logo sería a Facultade de Matemáticas. Durante os anos 40 e 50 o observatorio atópase en pleno rendemento publicándose eses traballos en publicacións do observatorio de Santiago. Nese tempo é tamén cando se crea a cátedra de astronomía que dirixe Aller ata 1949 que é nomeado Catedrático extraordinario de astronomía. En 1948 é nomeado membro da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional de Zúric e publica o libro Astronomía a primeira ollada. hai que indicar que foi un gran matemático.

E imos coa pregunta de hoxe!

55. Á vista da imaxe superior, que sería O couto misto/O couto mixto?

- Un camino empregado para o contrabando entre Galicia e Portugal

- Un microestado.

-Un parque natural formado por teritorios galego e portugués.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Fabio Mendes/wikipedia.org

CANTO SABES DE GALICIA LIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Carballiño. Antonio Palacios, comezou as obras en 1943 coi idea dunha gran igrexa do tipo de peregrinación medieval, con xirola e capelas radiais, mesturando artes como o románico e o gótico. Con todo o arquitecto non viu nunca acabada a súa obra pois faleceu en 1945. A descomunal torre constrúese en 1949 acabándose en 1957, despois dun longo parón. Con todo o templo xa fora aberto ao culto uns anos antes, oficialmente o 17 de setembro de 1952, con motivo da celebración do patrón da vila, San Cibrán. Denomínase Igresa da Santa Cruz por que alberga un pedazo da reliquia da Cruz, que chegou desde Terra Santa ao Carballiño en 1901 como agasallo do Patriarca de Xerusalén.

E imos coa pregunta de hoxe!

54. Ramón María Aller Ulloa (Lalín-Pontevedra, 3 de febreIro de 1878-28 de marzo de 1966) foi un sacerdote católico, que como dato curioso estudou nos Xesuitas da Pasaxe (A Guarda). En que ámbito científico destacou?

- Xeoloxía

- Botánica

- Astronomía

- Medicina

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Retrato por Eulogia Merle/wikipedia.org

CANTO SABES DE GALICIA LIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1.Punta Estaca de Bares 2.Cabo Prior 3.Cabo Finisterra 4.Cabo Corrubedo.

E imos coa pregunta de hoxe!

53. Fíxate na imaxe superior. É un templo católico coñecido como “a igresa nova”, pasoulle algo parecido como A Sagrada Familia de Barcelona, unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, neste caso. Atópase na provincia de Ourense, pero en que concello?

- Ribadavia

- Ourense

- Carballiño

- Celanova

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: tripadvisor.es

CANTO SABES DE GALICIA LII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Mozárabe. É unha arte desenvolvida polos cristiáns hispánicos que viviron en territorio musulmán no período que abarca desde a invasión musulmá (711) ata finais do século  XI conservando a súa relixión e unha certa autonomía eclesiástica e xudicial. No caso que nos ocupa, a capela de San Miguel, presenta características do estilo mozárabe, con numerosos arcos de ferradura, moi pechados e con dovelas de eixo descentrado e rodeadas por  alfiz.  Iníciase a súa construción no 937 e finalízase no ano 942, é a xoia do conxunto e un dos edificios relixiosos máis singulares de España.

E imos coa pregunta de hoxe!

52. Identifica os cabos sinalados no mapa con 1, 2, 3 e 4.

- Cabo Finisterra

- Cabo Corrubedo

- Cabo Prior

- Estaca de Bares

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: es.educaplay.com

CANTO SABES DE GALICIA LI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Tiberio Claudio C. Augusto. Os personaxes das tres etapas foron: na 1ª Décimo Xunio Bruto, a 2ª Xulio Cesar e a 3ª Octavio Augusto. A dominación romana non foi fácil!

E imos coa pregunta de hoxe!

51. Na imaxe superior tedes a Capela de San Miguel, declarada Monumento Nacional no ano 1923. Atópase en Celanova (Ourense), situada tras a ábsida do templo monacal do Mosteiro de San Salvador e no que noutro tempo foi denominada a “horta do  noviciado”, e que constitúe actualmente un xardín. A que estilo arquitectónico pertence?

- Románico

- Gótico

- Barroco

- Mozárabe

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Los Gallegos Imaxe: viajarconelarte.blogspot.com

CANTO SABES DE GALICIA L

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Bimbastro. Hai zonas nas que tamén se lle chama cambón, pola vara longa chamada así. Aínda que se atribúe a orixe aos exipcios, datándose o inicio do seu uso durante o Imperio Novo (c. 1550-1070 a. C.), xa figuraba en relevos e selos cilíndricos de Mesopotamia (datados entre 2500 e 3000 a. C.). Tamén se atopa representado en Mohenjo-Daro, India (c. 2500 a. C.). Os romanos tamén o usaban, (en latín, tolleno).

E imos coa pregunta de hoxe!

50. A dominación romana de Galicia realizouse en tres fases. Atopa o cuarto personaxe que non participou nela:

- Octavio Augusto

- Caio Xulio Cesar

- Tiberio Claudio C. Augusto

- Décimo Xuñoo Bruto

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Los Gallegos Imaxe: empireonline.com

CANTO SABES DE GALICIA XLIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Ourense. En concreto en Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Está formado por un bosque puro duns cincocentos exemplares centenarios (algúns de máis de 25 metros de alto e, polas súas dimensións, poderían chegar aos mil anos).

E imos coa pregunta de hoxe!

49. Este aparello serve para extraer a auga de ríos e pozos pouco profundos. Consiste nun esteo no que descansa un pau longo que ten nun extremo un contrapeso e no outro unha corda ou cadea á que se engancha o caldeiro. Como se chama? Pista, en castelán chámanlle cigoñal.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e emigracion.xunta.gal Imaxe: Los gallegos