Blogia
vgomez

FOTOVERDE

IMAXES DA NATUREZA

IMAXES DA NATUREZA

 

As redes sociais poden ser unha boa ferramenta a favor do medio ambiente. Unha delas é Instagram, onde unha comunidade de persoas, tanto afeccionados como profesionais, ofrecen a todos os seus seguidores belas imaxes de paisaxes, animais, montañas, océanos, etc. Ao contemplar estas marabillas os seus autores incitan a que nos involucremos na conservación da natureza.

Imos coñecer hoxe un  deses autores:Joel Sartore

Joel Sartore (1962, Ponca City, Oklahoma, Estados Unidos) é un fotógrafo da revista National Geographic que puxo en marcha o proxecto Photo Ark, co que pretende retratar ás especies en perigo antes de que desaparezan, como a pantera de Florida, que vedes na parte superior.

Se queredes coeñcer máis fotos da súa autoría premede AQUÍ.

En próximos días seguire con máis fotógrafos.

FONTE: Revista Consumer/medioa Ambiente/Natureza

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: UMMA GUMMA

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: UMMA GUMMA

 

O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.

Este cabaliño do diaño de Gabón é unha das 60 novas especies descubertas no último ano por un mesmo grupo investigador en África. O seu nome en latín, “Umma gumma, homenaxea ao cuarto álbum de estudo da banda británica Pink Floyd, Ummagumma, que ademais é un termo empregado polos estudantes en Cambridge para referirse ao sexo.

FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: "UN PEIXE CON CANA DE PESCAR"

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: "UN PEIXE CON CANA DE PESCAR"

 

O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.

Hoxe tócalle a iste feo peixe de apenas cinco centímetros, descuberto no Golfo de México nunha expedición para comprobar os danos provocados tras a catástrofe da plataforma petrolífera Deepwater Horizon. O peixe, "Lasiognathus dinema", pertence á orde dos Lophiiformes, ao que tamén pertence o rape. Destaca o apéndice sobre a súa cabeza, que actúa como un reclamo para engulir ás súas presas. Posúe, literalmente, unha cana de pescar.

FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia

FOTOGRAFÍA SUBMARINA UPY LONDON 2016

FOTOGRAFÍA SUBMARINA UPY LONDON 2016

 

O prestixioso concurso de fotografía subarina UPY LONDON, deu a coñecer os gañadores da edición 2016.

De todas as categorías, a que máis me chamou a atención foi esta, na categoría de COMPORTAMENTO. A fotografía gañadora é “Tartaruga comendo medusas" d fotógrafo Richard Carey  (Tailandia).

A imaxe foi captada nas illas Similan. Unha tartaruga verde (Chelonia mydas) despois de alimentarse dunha augamar (Thysanostoma Thysanura).

Se queres ver o resto de fotografías paraticipantes e as gañadoras das respectivas categorías preme AQUÍ. Por ceto, despois preme sobre calquera fotografía para abrir o ábum e ter mellor panorámica.

Espectaculares!

FONTE: upylondon.com

MELLORES IMAXES DA NATUREZA 2015

MELLORES IMAXES DA NATUREZA 2015

 

A Royal Society elixe un ano máis as 10 imaxes máis cativadoras de natureza do ano 2015, que quere celebrar o poder da fotografía para informar sobre ciencia. Formarán parte dunha exposición na súa sede en Londres, xunto con outras que recibiron unha mención especial.

Esta é a fotografía gañadora: "Cágados por riba" de BERT WILLAER (BÉLXICA)

Se queres ver o resto de fotografías preme AQUÍ.

O ANIMAL MÁIS ENCANTADOR DO PLANETA VOA, PERO NON É UNHA AVE

O ANIMAL MÁIS ENCANTADOR DO PLANETA VOA, PERO NON É UNHA AVE

Pteromys momonga / 9GAG.COM

O esquío anano voador xaponés (Pteromys momonga) é un roedor adorable. Non supera os 15 centímetros de lonxitude nin os 200 gramos de peso, de media. Ten un ventre branco que contrasta coa cor pardo das súas costas. A súa cola plana permítelle saltar dunha árbore a outra, aínda que disten a bastante distancia, ou escapar dun depredador: pode planear uns 100 metros. Non hiberna, aínda que pode durmir varios días seguidos sen problemas. E desde o portal de noticias 9GAG.COM pregúntanse se non se trata do animal máis encantador do planeta. Podes atopalos nos bosques das illas Honshu e Kyushu. Son sociais (así que poden observarse varios exemplares -unicamente do mesmo sexo cando non é tempada de cría- xuntos sobre a mesma rama). Son vegetarianos: podes ofrecerlles noces e sementes, por exemplo.

FONTE: Xornal abc/natural

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (I)

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA DO ANO (I)

Fotografía finalista do Wildlife Photographer of the Year do español Francisco Mingorance / Imaxe: Xornal El país

O premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe (Wildlife Photographer of the Year) que desenvolve e produce o Museo de Historia Natural de Londres, darase a coñecer o próximo 13 de outubro.

Durante varios días mostrareivos algúns dos seus finalistas.

Para comezar, o fotógrafo español Francisco Mingorance captou os niños de tres parellas de cegoñas brancas nunha instalación do Museo Vostell Malpartida, preto de Cáceres. As aves aniñan nunha escultura do artista alemán Wolf Vostell que inclúe un avión ruso MiG-21, dous coches, pianos e pantallas de ordenador.

Espectacular!

CONCURSO FOTOGRÁFICO BMC ECOLOGY

CONCURSO FOTOGRÁFICO BMC ECOLOGY

“O paxaro palestino” / Mohamed Shebl

A revista "BMC Ecology" elixe as mellores fotografias que mostran a beleza e fraxilidade da biodiversidade da Terra. Nesta edición 2015 a gañadora é: “O paxaro palestino”. Nela unha Suimanga palestina apañándollas para esquivar as afiadas espiñas desta Echinops spinosissimus, cuxo nome o di todo, e chegar ata as súas flores. Para o xurado, esta bela imaxe mostra toda a grandeza da vida e é unha metáfora de como, a pesar de todo, sae adiante.

se queres coñecer o resto de fotografías seleccionadas preme AQUÍ.

FONTE: Xornal El País/Ciencia