ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: "UN PEIXE CON CANA DE PESCAR"
O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.
Hoxe tócalle a iste feo peixe de apenas cinco centímetros, descuberto no Golfo de México nunha expedición para comprobar os danos provocados tras a catástrofe da plataforma petrolífera Deepwater Horizon. O peixe, "Lasiognathus dinema", pertence á orde dos Lophiiformes, ao que tamén pertence o rape. Destaca o apéndice sobre a súa cabeza, que actúa como un reclamo para engulir ás súas presas. Posúe, literalmente, unha cana de pescar.
FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia
0 comentarios