Blogia
vgomez

MÚSICA

PREMIOS MTV EUROPE MUSIC AWARDS

 

Na pasada madrugada, celebrouse no Bilbao  Exhibition  Center a cerimonia dos  MTV  EMA, os premios da cadea estadounidense  MTV en Europa.

Karla Camila Cabelo Estrabao (Cuba, 1997) foi a gran triunfadora da noite. E é que a intérprete de Havana levouse os premios a mellor artista, mellor vídeo, mellor canción e mellor artista local de Estados Unidos.

Outros artistas gañadores foron:

Mellor artista pop: Dua Lipa

Mellor artista revelación: Cardi B

Mellor Look: Nicky Minaj

Mellor cantante hip-hop: Nicky Minaj

Mellor presentació en vivo: Shawn Mendes

Mellor banda de rock: 5 Seconds Of Summer

Mellor artista alternativo: Panic! At The Disco

Mellor artista de electrónica: Marshmello

Mellores fans: BTS

Mellor artista local España: Viva Suecia

Mellor escenario mundial: Alessia Cara MTV Spotlight – Hyperplay, Singapur 2018  

Mellor astista emerxente: Grace VanderWaal (decembro 2017)  

Parabén a tod@s!

CREAR MÚSICA PERSONALIZADA E LIBRE DE DEREITOS

 

A Bernard Herrmann debémoslle algunhas das mellores músicas da historia do cinema. Colaborador de grandes cineastas como Alfred Hitchcock, François Truffaut ou Martin Scorsese, o compositor neoiorquino caracterizouse sempre polas súas ideas arriscadas e o seu gusto pola experimentación. El foi, por exemplo, o creador dos  terroríficos acordes de violíns, violas e violoncelos que soaban en Psicose, ou da moi inquietante partitura dos paxaros, para a que contou co pioneiro da música electrónica Oskar Sala e a súa  trautonio, un peculiar instrumento que xeraba o son a partir de lámpadas de  neón.  Herrmann morreu en 1975, cando a intelixencia artificial estaba apenas en cueiros e non era un termo utilizado con frecuencia. Pero sen dúbida que lle gustaría contar coas ferramentas que a tecnoloxía actual pon ao servizo dos creadores. Quen sabe se mesmo se arriscou a crear algunhas das súas composicións utilizando a  plataformar que desenvolveu Jukedeck, empresa británica  pìonera na utilización da intelixencia artificial na música fundada por Ed Newton-Rex e Patrick  Stobbs.

Jukedeck permite crear bandas sonoras personalizadas e libres de dereitos para proxectos audiovisuais como películas ou videoxogos. A súa plataforma  online ofrece pistas  editables en varios estilos que poden modificarse na súa duración ou tempo para axustarse ás necesidades do usuario. Marco Selvi, graduado en computación científica e física pola universidade de Cambridge (ademais de violinista diplomado polo conservatorio de Pavía en Italia), é o responsable de aprendizaxe automática na compañía británica. A súa experiencia como investigador en intelixencia artificial e tamén como músico permítenlle entender en profundidade a composición musical, para adestrar redes neuronais e aplicar estes coñecementos en ferramentas que axuden á creatividade.  Selvi cre que esta forma de composición na que as máquinas teñen un papel importante será cada vez máis común no futuro, aínda que siga manténdose o factor humano. No propio blog de Jukedeck expresan a súa confianza nesta idea, ao asegurar que “a intelixencia artificial é máis poderosa cando se utiliza como unha ferramenta para complementar a creatividade humana”.

O mellor das composicións xeradas con Jukedeck é que non poden diferenciarse das que escribiría un músico humano en solitario. Así o puideron comprobar as 3.000 fans que asistiron o pasado mes de febreiro a un concerto en Seúl ofrecido por algúns dos grupos máis destacados en K-pop. Este fenómeno musical está aos poucos transcendendo as fronteiras do país asiático para conquistar todo o planeta, e a colaboración entre formacións como Spica ou Highteen con Jukedeck demostra a potencia da ferramenta. Un artigo publicado no diario Evening Standard resumíao afirmando que “a tecnoloxía le música e aprende que notas, acordes e combinacións funcionan para xerar boas cancións”. Talvez non tan boas como as de Bernard Herrmann… aínda.

FONTE: José Luis Álvarez/elpais.es

A MÚSICA DO MUNDIAL DE RUSIA 2018

 

Quedan 30 días para que comeze o Copa Mundial da FIFA Rusia 2018, que se celebrará do 14 de xuño ao 15 de xullo.

Pero este evento deportivo leva asociado, entre outras moitas cousas, a música. Por un lado está a Canción Oficial da FIFA ("Equipo 2018")de Polina Gagarina, Egor Creed e Dj SMASH e por outro lado a Himno Oficial da FIFA ("Colours") de Maluma.

Seguro que aínda saen máis!

GAÑADOR FESTIVAL EUROVISIÓN 2018

 

Netta Barzilai, de 25 anos, representando a Israel, foi a gañadora do Festival de Eurovisión 2018, celebrado onte, co tema Toy (xoguete), compuesto por Stav Bege e Doron Medalie.

O tema gañador ten unha mensaxe: un canto á independencia feminina, cunha letra na que se pode escoitar: “Muller marabillosa, nunca esquezas que es divina e son eles os que se arrepentirán”, ou “non son o teu xoguete, imbécil”.

Israel acadou 529 puntos, fronte aos 436 conquerido por Chipre, segundo clasificado. España quedou no posto 23 con 61 puntos.

O festival, na súa 63ª edición, celebrouse en Lisboa (Portugal). O próximo ano, o festival terá lugar en Xerusalén (Israel).

Parabéns á gañadora!

A FORMA SONORA DA AUGA

 

Os violíns, os profundos tons dos contrabaixos, e moi especialmente os instrumentos de vento personificaban entón para min toda a forza das horas do crepúsculo. Vin todas as miñas cores na miña mente, estaban ante os meus ollos. Liñas salvaxes, case toleadas debuxáronse fronte a min”. Así describía Vasili Kandinsky o que experimentou durante unha representación da ópera Lohengrin de Wagner. A descrición non responde só á poética que adoitaban desprender as palabras do artista, senón a que o xenial pintor ruso era sinestésico.

A sinestesia é unha estraña capacidade sensorial (só a ten ao redor do 1% da poboación, aínda que a cifra non está determinada con exactitude) que permite asimilar de forma conxunta ou diferida varios tipos de sensacións, de diferentes sentidos, nun mesmo acto perceptivo. É dicir, un sinestésico pode ver un son literalmente. Non no imaxina ou utiliza a expresión como metáfora: é completamente real. Os estudos neurolócicos non explicaron aínda porque se produce, aínda que hai científicos que aseguran que todos nacemos sinestésicos, aínda que despois perdemos esta capacidade. O que si se demostrou, en cambio, é que se trata dunha característica que ten maior incidencia en mulleres e que pode ter compoñentes hereditarios.

O descoñecemento que acompaña a esta peculiaridade sensorial non foi obstáculo para que dese orixe a unha figura retórica utilizada mesmo na linguaxe popular (quen non describiu algo como de cor amarela chillón?). En literatura denomínase sinestesia para o efecto de atribuír unha sensación a un sentido que non lle corresponde. Os exemplos son numerosos, aínda que algúns deles, pola súa potencia imaxinaria, resultan máis elocuentes que outros; así cando William Faulkner escribe no ruído e a furia “Caddy abrazoume e xa nos oía a nós e á escuridade, e a algo que se podía cheirar”, o lector case pode oír a escuridade como o protagonista da novela. A metáfora adquire aquí unha forza descritiva imposible de lograr cunha simple enumeración de percepcións.

A obsesión do artista Ricky van Broekhoven por inducir novas sensacións a quen se achega ás súas obras podería, aínda que non exactamente, catalogarse tamén dentro da sinestesia. Á fin e ao cabo, a súa pretensión é converter o son en algo tanxible. “En todos os proxectos que fixen, o son como enerxía foi o tema central”, afirma Van Broekhoven, formado como deseñador e arquitecto de interiores na escola Sandberg de Amsterdam. As súas propostas sitúanse na intersección entre a tecnoloxía, a arte e o deseño, centrándose sempre nas posibilidades expresivas do son e, máis concretamente, na súa tanxibilidade. En Fluíde Resonance, unha das súas últimas obras, busca “unha nova forma de interactuar e comunicarse con outros sen usar as palabras” cunha instalación na que varios sensores permiten manipular un líquido a través de ondas sonoras. En Somos Ignitia, outro dos seus traballos, a música aviva ou suaviza os distintos focos de lume, facendo que varíe a potencia da chama e a calor que desprende. Menos efémera é a súa proposta Solid Vibration, na que unha canción ou un son modifican a impresión 3D dunha peza de cerámica, “ encapsulando un pedazo de tempo para sempre”. A idea de van Broekhoven coas súas obras é conseguir que o son se “converta en cousas”, un paradoxo sinestésica que emocionaría a Kandinsky.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/xornal El País

VIDEOCLIP OFICIAL DE EUROVISIÓN 2018

 

Aquí tes o videoclip oficial de "A túa canción", o tema co que representarán a España no certame musical europeo que se celebrará en Lisboa o próximo 12 de maio, interpretado por Amaia e Alfred.

A peza audiovisual está dirixida polo realizador Gus Carballo e reflicte o "espírito" da canción composta por Raúl Gómez, "unha historia de amor focalizada na maxia dos dous artistas e na calidade vocal de ambos", egundo RTVE.

FONTE: farodevigo.es


FESTIVAL EUROVISIÓN 2018

 

Amaia (18 anos e natural de Pamplona-Navarra) e Alfred (20 anos e natural de Prat de LLobregat-Barcelona) convertéronse onte nos representantes de España en Eurovisión. "A túa canción" será o tema que levarán ao festival, que se celebrará entre o 8 e o 12 de maio en Lisboa. Unha balada que compuxo para eles o cantante Raúl Gómez.

Parabéns e sorte!

PREMIOS GRAMMY 2018

 

Os Premios Grammy 2018 celebraron na pasada madrugada a súa 60ª edición no Madison Square Garden de Nova York, proclamaban a Bruno Mars como o gran gañador cos galardóns a Canción do ano por "That' s What I Like", Gravación do ano por "24 K Magic" e álbum do ano polo disco que leva o mesmo nome.
Parabéns!