Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

ATOPAN UNHA LÚA PERDIDA DE NEPTUNO

ATOPAN UNHA LÚA PERDIDA DE NEPTUNO

Náyade, o punto de luz á esquerda de Neptuno, nunha imaxe do Hubble / SETI

A lúa máis interna de Neptuno , a pequena Náyade, de 100 km de ancho, foi descuberta polas cámaras da sonda Voyager 2 en 1989. Despois, perdeuse o seu rastro, oculta polo brillo do planeta. Agora, investigadores do Instituto SETI en Mountain View, California, conseguiron observala por primeira vez dende entón. Anunciárono na reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica Americana que se celebra estes días en Denver (Colorado, EUA).

Dende a Terra, Neptuno é 2 millóns de veces máis brillante que Náyade, e ambos os dous están moi xuntos, separados só por un segundo de arco. O equipo de astrónomos tivo que desenvolver novas técnicas para eliminar o cegamento de Neptuno ata que Náyade foi revelada finalmente, movéndose a través dunha secuencia de oito imaxes tomadas en decembro de 2004.

Estrañamente, Náyade parece terse desviado significativamente do seu curso. Os astrónomos están perplexos polo feito de que a lúa está moi por diante da súa posición orbital prevista. Pregúntanse se as interaccións gravitacionais con outra das lúas de Neptuno puideron causar a súa aceleración, aínda que os detalles seguen sendo un misterio. Os astrónomos recoñecen que se necesitan máis observacións para entender o movemento de Náyade.

Tamén anunciaron o descubrimento dunha pequena lúa de Neptuno en xullo. Esa lúa, que non ten máis de 20 km de ancho, recibe o nome provisional de S/2004 N.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

O OSÍXENO APARECEU NA TERRA MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

O OSÍXENO APARECEU NA TERRA MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

Composición do aire atmosférico / Imaxe:textoscientificos.com 

A data do primeiro sopro de osíxeno na Terra podería ter tido lugar entre 300 e 400 millóns de anos antes do que os científicos crían ata agora. Segundo se deduce das análises levadas a cabo con antigos sedimentos, os primeiros indicios da existencia de osíxeno na atmosfera terrícola retrocederían no tempo ata a data final de 3.000 millóns de anos.

Estes novos datos sitúan a presenza do osíxeno no noso planeta máis de 600 millóns de anos antes da Grande Oxidación, cando os niveis de osíxeno atmosférico eleváronse espectacularmente. Nos últimos seis anos, varios estudos xeolóxicos dataron a presenza de osíxeno nun arco de tempo de entre 2.600 e 2.700 millóns de anos. Os científicos cren que algúns microorganismos fotosintéticos como as cianobacterias foron as produtoras do osíxeno. Polo tanto, conseguir datar as primeiras mostras de osíxeno atmosférico ten implicacións tamén sobre como evolucionou a vida fotosintética no planeta.

Os científicos conseguiron facer os seus descubrimentos traballando con rochas dunha antigüidade de 3.000 millóns de anos, extraidas dunha profundidade de 1.000 metros baixo terra en Suráfrica. Esperaban, cando iniciaron o traballo, que os sedimentos revelasen a existencia dunha Terra carente de osíxeno. Pero en lugar diso, o equipo topouse coa evidencia máis antiga nunca encontrada da presenza de moléculas de osíxeno no noso planeta.

Os investigadores utilizaron unha técnica de alta sensibilidade para comparar formas estables do cromo (o cromo-52 e o cromo-53) coa que descubrir se nas rochas había signos de exposición ao osíxeno. Hoxe en día, o cromo-52 é máis abundante nos sedimentos da terra que o cromo 53, porque o osíxeno atmosférico oxida máis doadamente o cromo-53 ou as súas bandas de electróns. Cando se oxida, o cromo-53 disólvese en auga, polo que os ríos o arrastran ata o mar.

O traballo publicouse na
revista Nature  baixo o título "Atmospheric oxygenation three billion years ago".

FONTE: Xornal abc/ciencia

DENTRO DE 1.760 MILLÓNS DE ANOS A TERRA DEIXARÁ DE SER HABITABLE

DENTRO DE 1.760 MILLÓNS DE ANOS A TERRA DEIXARÁ DE SER HABITABLE

 A Terra, o noso planeta / Imaxe: ecoosfera.com

As condicións de habitabilidade da Terra durarán polo menos outros 1.750 millóns de anos, segundo conclúen astrobiólogos da Universidade de East Anglia, en Reino Unido. Os resultados da súa investigación, publicados o pasado xoves na revista "Astrobiology" , revelan o tempo de habitabilidade no planeta Terra, sobre a base da nosa distancia do sol e temperaturas ás que é posible que o planeta teña auga líquida.

O equipo de investigación observou as estrelas en busca de inspiración e, mediante o uso de planetas recentemente descubertos fóra do noso sistema solar (exoplanetas), como exemplos, analizaron o potencial destes planetas para albergar vida.

O director do estudo, Andrew Rushby, da Escola de Ciencias Ambientais da Universidade de East Anglia, detallou que se utilizou o concepto de zona habitable para facer estimacións. "É a distancia da estrela dun planeta na que as temperaturas son propicias para ter auga líquida na superficie".

"Utilizamos os modelos de evolución estelar para considerar o final da vida útil habitable dun planeta pola determinación de cando deixará de estar na zona habitable. Estimamos que a Terra deixará de ser habitable nalgún lugar entre 1.750 e 3.250 millóns de anos. Despois deste punto, a Terra estará na zona quente do sol, con temperaturas tan altas, que os mares se evaporarán. Haberá un evento de extinción catastrófica e terminal para todas as vidas", indicou.

Por suposto, as condicións dos seres humanos e outras formas de vida complexas volveranse imposibles moito antes, algo que está a acelerar o cambio climático antropoxénico. Os humanos terían problemas con mesmo un pequeno aumento na temperatura e, preto do final, só os microbios nalgúns lugares serían capaces de soportar a calor", adiantou o experto.

«Se algunha vez necesitamos movernos a outro planeta, Marte é probablemente a nosa mellor aposta. Está moi preto e manterase na zona habitable ata o final da vida do Sol. 6.000 millóns anos a partir de agora», conclúe Andrew Rushby. 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O METEORITO DE SUTTER MILL TRAE Á TERRA MOLÉCULAS ORGÁNICAS

O METEORITO DE SUTTER MILL TRAE Á TERRA MOLÉCULAS ORGÁNICAS

Fragmentos do meteorito de Sutter Mill / NASA

En abril de 2012, unha bóla de lume cruzou o ceo de California. Tratábase dun meteorito de gran tamaño ao que se denominou de Sutter Mill, polo lugar onde caeu, famoso por estar relacionado coa febre do ouro en California. Unha gran cantidade de fragmentos foi recollida pouco despois e algúns foron examinados por científicos da Universidade Estatal de Arizona. No laboratorio, os investigadores decatáronse de que esta rocha era diferente. O meteoritos poden ser ricos en compostos orgánicos, incluídos algúns importantes para a vida na Terra, o que sustenta as teorías que defenden a orixe extraterrestre da vida. Pero este en particular contén uns ingredientes completamente inesperados, moléculas orgánicas nunca antes vistas nestas rochas chegadas do espazo.

A detección do meteoro polo
radar meteorolóxico Doppler permitiu unha rápida recuperación do meteorito, de forma que os científicos puideron estudar por primeira vez un meteorito primitivo con pouca exposición aos elementos. Para coñecer a súa composición química, nun principio os investigadores utilizaron métodos tradicionais para a análise de rochas espaciais, nos que se empregan distintas solucións disolventes, pero os resultados foron moi ordinarios.

Entón, aos científicos ocorréuselles disolver os fragmentos en condicións que imitaban as da Terra primitiva, as circunstancias nas que supostamente puido xurdir a vida. E aquí é cando xurdiu a sorpresa. De súpeto, detectaron cunha técnica de espectrometría de masas que o meteorito contiña uns compostos orgánicos que nunca antes se encontraran nunha rocha espacial.

Este traballo, publicado na
revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias (PNAS)  , reforza a teoría de que cometas e meteoritos puideron golpear a nova Terra axudando á evolución molecular que precedeu ás orixes da vida.

FONTE: Xornal abc/ciencia

A VOYAGER 1 NO ESPAZO INTERESTELAR

 

A sonda automática  Voyager 1 partiu da Terra en 1977 e pasou preto de Xúpiter e Saturno. Logo tomou o rumbo de saída do Sistema Solar e afastouse xa da Terra ata unha distancia de seis veces a órbita de Neptuno, o planeta máis exterior, uns 19.000 millóns de quilómetros do Sol. Agora está "no abismo do espazo interestelar", como di Richard A. Kerr na revista  Science. E ao parecer leva xa un ano fóra da esfera de influencia do Sol, porque cruzou a fronteira en agosto do ano pasado. A noticia agora é que, despois de moitos debates sobre se efectivamente a Voyager 1 saíu ou non da denominada heliosfera hai un ano, os novos datos recibidos da sonda e as análises de rexistros anteriores da misión mostran que efectivamente, tal e como se anunciou, foi entón cando esta nave da NASA abandonou a burbulla de partículas cargadas, quentes, que rodea ao Sistema Solar e entrou no ámbito frío e escuro do espazo interestelar, explica Science. "É o primeiro obxecto construído polo home que saíu oficialmente ao espazo interestelar", anuncia a NASA.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

HEMISCYLLIUM HALMAHERA: A QUENLLA QUE CAMIÑA

 

Unha nova especie de quenlla que "camiña" foi descuberto fronte á costa da remota illa de Halmahera , en Indonesia. Bautizado como Hemiscyllium Halmahera, este estraño animal consegue avanzar en contacto co fondo mariño grazas ao movemento das súas aletas como remos.

Algúns investigadores cren que este animal pode dar unha idea de como os primeiros animais terrestres se arrastraron fóra dos mares prehistóricos, pero outros son máis escépticos ao respecto, segundo publica
NewScientist. Outras moitas estrañas especies de peixes tamén parecen camiñar, como o peixe sapo.

O "paseo" da quenlla, que podedes ver no vídeo superior, podería ser unha adaptación á vida nos arrecifes de coral, para poder coarse entre as gretas en busca de refuxio ou de comida, como pequenos peixes e invertebrados que caza de noite.

O Hemiscyllium Halmahera pode supera os 68 cm de lonxitude cando chega á idade adulta e non supón ningún perigo para o home, segundo a organización Conservation International.

A investigación aparece publicada en
Internacional Journal of Ichthyology   .

FONTE: Xornal abc/ciencia

3553 DON QUIXOTE: ASTEROIDE OU COMETA?

3553 DON QUIXOTE: ASTEROIDE OU COMETA?

A órbita do 3552 Don Quixote / JPL

Durante 30 anos, os astrónomos creron que un enorme obxecto próximo á Terra chamado 3552 Don Quixote, en honor ao famoso personaxe literario, era un asteroide. Non obstante, un equipo da Universidade de Tennessee en Knoxville (EUA) descubriu que esa non é a súa auténtica natureza. En realidade, segundo o novo estudo, trátase dun cometa e está activo. O achado, que podería ter implicacións para coñecer a orixe da auga na Terra, foi presentado no Congreso Europeo de Ciencia Planetaria que se celebra estes días en Londres.

3552 Don Quixote é o terceiro obxecto máis grande próximo á Terra (a maioría corpos rochosos ou asteroides) que orbitan o Sol na nosa veciñanza. Arredor do 5% destes obxectos son cometas "mortos" que derramaron todo a auga e o dióxido de carbono en forma de xeo que lles dan a súa coma, a nube que rodea o núcleo do cometa, e a súa cola.

Pero resulta que Don Quixote non é nin unha cousa nin outra. É, de feito, un cometa activo, polo que é probable que conteña auga xeada e non só rochas. "Don Quixote sempre foi recoñecido como un bicho raro.  A súa órbita achégao á Terra, pero tamén o leva por Xúpiter. Esa inmensa órbita é similar á dun cometa, e non á dun asteroide, que tende a ser máis circular, polo que pensábase que era un deses cometas que derramara todos o seu depósitos de xeo", maniestan os autores do estudo.

Utilizando o
Telescopio Espacial Spitzer  operado polo Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, o equipo volveu examinar as imaxes de Don Quixote a partir de 2009, cando se encontraba na parte da súa órbita máis próxima ao Sol, e descubriu que tiña unha coma e unha débil cola.

De igual forma, os investigadores volveron examinar as imaxes a partir de 2004, cando a rocha estaba na súa maior distancia ao Sol, e determinouse que a súa superficie componse de po de silicato, que é similar ao po de cometa. Tamén determinouse que Don Quixote non tiña coma nin cola a esa distancia, o cal é común para os cometas, xa que necesitan a radiación do Sol para formar a coma e as partículas solares cargadas para formar a cola. Os investigadores tamén confirmaron o tamaño de Don Quixote e a baixa reflectividade da súa superficie, parecida á dos cometas.
 

Este achado pode ter implicacións sobre o que sabemos acerca da orixe da auga na Terra, na medida que os cometas poden ser a fonte de polo menos parte dela. A cantidade de Don Quixote representa ao redor de 100.000 millóns de toneladas de auga, máis ou menos a mesma cantidade que se poden encontrar en lago Tahoe, en California.

FONTE: Xornal abc/ciencia

O VOLCÁN MÁIS GRANDE DO MUNDO, NO FONDO DO PACÍFICO

O VOLCÁN MÁIS GRANDE DO MUNDO, NO FONDO DO PACÍFICO

Imaxe achegada no artigo sobre o Macizo Tamu, un volcán submarino no Pacífico, no que se compara o seu tamaño co do Monte Olimpo, en Marte. 

Un equipo de xeólogos asegura ter descuberto o volcán máis grande do mundo no fondo do océano Pacífico. Macizo Tamu, de 310.000 quilómetros cadrados, podería competir en tamaño con outros do Sistema Solar, segundo un estadio publicado en  Nature Geoscience.

O volcán é parte de Shatsky, unha meseta profunda no chan do Pacífico situada a uns 1.600 quilómetros ao leste de Xapón e consta dunha soa e inmensa cúpula redondeada en forma de escudo, formado por lava endurecida procedente dunha erupción de hai aproximadamente 144 millóns de anos. Cobre ao redor de 310.000 quilómetros cadrados (unha área equivalente a Reino Unido e Irlanda) e alcanza en altura de 3,5 quilómetros baixo o nivel do mar. "Compite co Monte Olimpo, en Marte, o volcán máis grande do Sistema Solar", asegurasen os investigadores. E engaden: "A pesar de que o Monte Olimpo parece ser xigante, xa que ten máis de 20 quilómetros de altura, o seu volume é dun 25 por cento máis grande. O Monte Olímpo, ademais, ten raíces pouco profundas, mentres que Tamu se interna uns 30 quilómetros na codia terrestre".

Os investigadores creran ata agora que o Macizo Tamu era un vasto sistema de varios volcáns, do tipo que existe nunha ducia de lugares en todo o planeta.

A constatación de que se trataba dun só volcán de tamaño verdadeiramente xigantesco só saíu á luz cando o equipo da Universidade A & M de Texas, realizou unha revisión. Reuníronse datos de mostras de rochas, tomadas dun proxecto de perforación do chan oceánico, e un plano do fondo do mar proporcionado por escáneres sísmicos de alta profundidade a bordo dun barco de investigación.

FONTE:Xorbal El País/Ciencia