Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

NOVO SISTEMA PLANETARIO

NOVO SISTEMA PLANETARIO

Recreación do sistema planetario de Kepler-11/Nature-NASA

O telescopio espacial Kepler, da NASA, detectou un sistema planetario composto, polo menos, por seis planetas que orbitan ao redor dunha estrela (Kepler-11) similar ao Sol e cuns tamaños entre 2,3 e 13,5 veces a masa da Terra, considerados os máis pequenos descubertos ata agora.

Cinco dos novos planetas teñen órbitas anuais ao redor da súa estrela, que oscilan entre os 10 e os 47 días, menos que Mercurio, polo que os científicos estiman que a calor na superficie debe ser tan abrasadora como para que poida existir vida. O sexto, de maior tamaño, tamén estaría a unha distancia pequena da estrela, cunha órbita de 118 días, e sería similar a Neptuno ou Urano, aínda que non se coñece a súa masa.

A partir destes datos, un grupo de investigadores, publicaron na revista Nature un traballo onde especulan sobre a posible composición dos planetas. "Parece como se os dous máis cercanos á estrela estiveran constituídos principalmente de auga cunha fina cuberta de hidróxeno-helio-gas, os outros máis afastados teñen unha densidade menor que a da auga, o que indica que poderían estar constituídos dunha atmosfera de hidróxeno e helio".

Ao parecer este descubrimento pode aportar as claves sobre a formación e evolución do noso propio Sistema Solar.

FONTE: El Mundo

O QUILOGRAMO PERDE PESO

O QUILOGRAMO PERDE PESO

Quilogramo patrón / Imaxe:teleobjetivo.org

Todos estudiamos que o quilogramo é a masa que ten o prototipo internacional, composto dunha aliaxe de platino e iridio que se conserva na Oficina Internacional de Pesas e Medidas (BIPM) de Sèvres, preto de París (Francia).

Tamén sempre consideramos que un quilogramo eran 1.000 gramos. Pois ben, esa peza de platino iridio, fabricada en Londres en 1879 e que dende 1898 se atopa, tal como dixemos, en Sèvres, parece ser que nos últimos 100 anos variou de masa e peso. Para ser máis exactos variou aproximadamente 50 microgramos (o peso dun gran de area de 0,4 milímetros).

Esto que parece intrascendente, trae de cabeza aos científicos de todo el mundo que se deron cita esta semana na Royal Society de Londres para redefinir o quilogramo, a última medida do Sistema Internacional de Unidades (SI) que aínda ten como referencia un artiluxio material.

Veremos no que queda todo este asunto!

ETNA

ETNA

     O Etna é un volcán activo na costa leste da Illa de  Sicilia (Italia), entre as provincias de Mesina e Catania. Ten ao redor de 3.323 metros de altura. Atópase na Placa Euroasiática, cubrindo unha área 1.190 km2, cunhaa circunferencia basal de 140 quilómetros. A última erupción foi no ano 2008.

El Etna baña de lava su ladera sureste

A noticia é que o volcán entrou en erupción na madrugada do pasado xoves o que provocou a creación dun espectacular río de lava por unha das súas súas ladeiras, tal como se ve na fotografía de Reuters. Os expertos non descartan que a erupción veña acompañada dunha nube de cinsa volcánica que dificulte os voos aéreos.

OS ANEIS DE ANDRÓMEDA

OS ANEIS DE ANDRÓMEDA

A galaxia Andrómeda, fotografada en luz visible (esquerda), en raios XX co telescopio XMM-Newton (centro) e en infravermello, co Herschel. ESA / R: GENDLER

A Galaxia Andrómeda, ou M31, veciña da nosa Vía Láctea, atópase a 2,5 millóns de anos luz. É unha galaxia espiral barrada, como a nosa, pero ten un gran anel de po que rodea o seu centro, cun diámetro duns 75.000 anos luz.

A noticia está en que os astrónomos apuntaron nas últimas semanas dous potentes telescopios espaciais da Axencia Europea do Espazo (ESA) cara a citada galaxia, obtendo imáxes con gran detalle. Os dous observatorios son o XMM-Newton e o Herschel: o primeiro ve o ceo en raios X e o segundo, en infravermello. Pero agora o Herschel víu máis detalles, distinguindo polo menos cinco aneis concéntricos de po onde se concentra a formación de novas estrelas.

TORMENTA EN SATURNO

TORMENTA EN SATURNO

Imaxe da tormenta en Saturno que escintila máis que os aneis característicos do planeta / NASA

A nave espacial automática Cassini, en órbita ao redor de  Saturno, captou unha xigantesca tormenta nese planeta, distingíndose como unha gran mancha escintilante nas capas altas da atmosfera. Según os expertos, as tormentas son habituais en Saturno, pero esta, no hemisferio Sur, é enorme, e  brilla máis que os propios aneis.

SNR B0509-67.5

SNR B0509-67.5

Burbulla de gas captada polo "Hubble" na Gran Nube de Magallanes / ESA

O telescopio espacial "Hubble" localizou nunha serie de observacións feitas entre os anos 2006 e 2010 unha soprendente pompa de gas nunha galaxia anana veciña: a Gran Nube de Magallanes, que está a só 160.000 anos luz da Terra.

Esta enorme burbulla transparente e vermella, denominada como SNR B0509-67.5, formouse despois da explosión dunha Supernova hai catro séculos. A delicada burbulla parece flotar apaciblemente nas profundidades do espazo, pero según os astrónomos tras esa calma ocúltase unha gran axitación interna.

VOYAYER 1

VOYAYER 1

Recreación da estructura do Sistema Solar, coa nave "Voyager 1" / NASA

A nave espacial Voyager 1 da NASA, despois de 33 anos, acaba de chegar ao bordo do noso Sistema Solar.

Esta nave, lanzada ao espazo o 5 de setembro de 1977, chegou a unha zona na que a velocidade do gas quente ionizado, ou plasma, que emana directamente cara ao exterior desde o Sol, reducíuse a cero (O noso Sol emite unha corrente de partículas cargadas que forman unha burbulla conocida como Heliosfera, situada ao redor do noso Sistema Solar). As  estimaciones actuais dos científicos indican que a nave cruzará esa fronteira nuns  cuatro anos.

Estes datos déronse a coñecer na reunión  da AGU (American Geophysical Union) que se está a celebrar en San Francisco  (EEUU) entre o 13  e o 17 deste mes.

KOREACERATOPS

KOREACERATOPS
Recreación do Koreaceratops / Museo de Historia Natural de Cleveland

 

Koreaceratops é o nome co que foi bautizado o dinosaurio atopado, por un equipo internacional de investigadores surcoreanos, xaponeses e estadounidenses, en Corea do Sur no ano 2008.

Os osos atopados pertencen a un tipo de dinosaurio da familia dos ceratopsianos, ata agora descoñecido, que vivíu nesa zona hai 103 millóns de anos.

O dinosaurio, herbívoro e pertencente ao período Cretácico Inferior, ten protuberancias óseas e fauces similares ao peteiros das aves.

Según os resultados da investigación, publicados na revista científica alemana Naturwissenschaften, este dinosaurio foi un bípedo de ao redor de 1,5 m de lonxitude, cunha vida semiacuática, valéndosse dacola plana para moverse na auga.