Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

UNHA NOVA FORMA DE VIDA

UNHA NOVA FORMA DE VIDA
Bacteria do grupo Halomonas capaz de vivir do arsénico/ Science

 

A revista Science publica que científicos de EEUU, aínda que a autora principal é de procedencia cubana, atoparon unha nova forma de vida capaz de alimentarse e incorporar o Arsénico , un veleno para calquera ser vivo, o que rompe o paradigma actual da bioloxía.

Ata agora calquera forma de vida estaba composta por seis elementos principais que confiren as propiedades da vida: carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, xofre e fósforo.

A nova forma de vida é unha bacteria encontrada en Mono Lake, California (EEUU), pertencente ao xénero das Halomonas, unhas bacterias que viven en ambientes salinos. Trátase da primeira forma de vida capaz de vivir e incorporar nas súas moléculas vitais, tales como proteianas ou ADN, o arsénico no lugar do fósforo.

A investigación, levada a cabo por científicos da NASA, abre novas portas na búsqueda de vida fóra do noso planeta.

FONTE: El Mundo

DESPOIS DOS DINOSAURIOS, MAMÍFEROS XIGANTES

DESPOIS DOS DINOSAURIOS, MAMÍFEROS XIGANTES

Comparativa de tamaños/Science

De todos é coñecido a teoría da extinción dos dinosaurios hai 65 millones de anos, debido ao impacto dun meteorito sobre a Terra, o que fixo posible que os mamíferos conquistaran o planeta. Agora, nun estudo, no que participaron 20 investigadores de todo o mundo publicado na revista Science, revela que estes mamíferos chegaron a ser mil veces máis grandes do que foran no Xurásico e moito máis rápidamente do que se pensaba.

Este estudo, é o primero no que se demostra un patrón de crecemento no tamaño dos mamíferos, pero tamén confirma que o ecosistema foi capaz de reaxustarse con relativa velocidade. Así explíca que cando os dinosaurios desapareceron non había ninguén que comera a vexetación. Era unha fonte aberta de alimentación e os mamíferos comenzaron a aproveitala de forma eficiente, ata chegar a ser grandes herbívoros. Se os dinosaurios se extinguiron hai 65 millóns de anos, bastaron 25 millóns de anos para que animais de grandes dimensións volveran a ocupar o espazo que quedara baleiro.

Según os datos, os mamíferos, que non pesaban máis de 10 quilos cando compartían territorio cos grandes saurópodos, chegaron a pesar ata 17 toneladas. 

RHEA

RHEA

Rhea/NASA

Rhea é asegunda lúa máis grande de Saturno, despois de Titán.

A noticia sobre este satélite é que segundo publica a versión dixital da revista Science, ten unha atmosfera con osíxeno e dióxido de carbono.

O achadego poi posible grazas a sonda Cassini, que orbita Saturno.  Trátae dunha misión conxunta da NASA, a Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial de Italia (ASI).

Os científicos afirman que se trata dunha atmosfera extremadamente delgada. A densidade do osíxeno é moi inferior ao que hai na Tierra.

FONTE: El Mundo

ESTUDO DO ASTEROIDE ITOKAWA

ESTUDO DO ASTEROIDE ITOKAWA

A Axencia de Exploración Aeroespacial de Xapón (JAXA) enviou a cápsula Hayabusa (Falcón peregrino) ao espazo en maio de 2003 para recoller mostras do asteroide Itokawa, que orbita á Terra, e no que se posou en novembre de 2005, antes de comenzar en 2007 a súa longa viaxe de regreso. No pasado xuño chegou á Terra, despois de 7 anos.

O goberno nipón explicou que as análises determinaron que gran parte das 1.500 partículas atopadas no interior de Hayabusa pertenecen ao asteroide Itokawa.

Técnicos analizando la sonda japonesa ’ Hayabusa ’ tras su aterrizaje. | ReutersTécnicos analizando a sonda xaponesa ’ Hayabusa ’ desspois da aterraxe / Reuters

A JAXA ten previsto realizar próximamente outras análises das partículas do Itokawa, dun diámetro de 0,001 milímetros, en cooperación con varios científicos para investigar a orixe do Sistema Solar.

FONTE: El Mundo.

BURBULLAS XIGANTES NA VÍA LÁCTEA

BURBULLAS XIGANTES NA VÍA LÁCTEA

Ilustración das dúas xigantescas burbullas de raios gamma no centro do plano da Vía Láctea / NASA-GODDARD SPACE FLIGHT CENTER

A revista The Astrophysical Journal acaba de publicar que o astrónomo Doug Finkbeiner e dous estudiantes de doctorado (Meng Su e Tracy Slatyer) descubriron dúas burbullas xigantes de raios gamma na Via Láctea analizando datos tomados polo telescopio "Fermi".

As dúas xigantescas burbullas, de 25.000 anos cada unha, exténdense dende o centro da Vía Láctea, ao Norte e ao Sur do plano galáctico. Non se detectaran ata agora e non se coñece a súa orixe, pero os científicos especulan que podería tratarse do remanente dunha erupción do entorno dun buraco negro supermasivo. As dúas burbullas poderían tamén haberse formado a partir do gas de procesos masivos de formación de estrelas xigantes preto do centro galáctico hai varios millóns de anos.

IMAXES DO COMETA HARTLEY 2

IMAXES DO COMETA HARTLEY 2

Fotografía do cometa Hartley 2 tomada pola sonda espacial Deep Impact / NASA

O pasado mércores, ao redor das 15 horas, a nave espacial Deep Impact , pasou a 700 quilómetros de distancia do núcleo do cometa Hartley 2, tomando fotografías e analizando a súa composición. Os datos recibidos, e contando con que tardarán moito tiempo en ser analizados a fondo, lograron, por primeira vez, asociar os numerosos chorros brillantes que emanan do núcleo con rasgos topográficos precisos da súa superficie. Pensar que se trata de chorros de dióxido de carbono principalmente.

 O núcleo do Hartley 2, de dous quilómetros de lonxitude máxima, cumple unha órbita ao redor do Sol cada seis anos e medio e agora está na fase de máxima aproximación á estrela, cuando perde material do seu núcleo (por efecto da radiación solar) que forma a envoltura gasosa (coma) e a cola.

Se queres ver as imaxes obtidas pola Deep Impact pincha AQUÍ.

FÓSIL: GOLFIÑO CON CABEZA DE BALÓN

FÓSIL: GOLFIÑO CON CABEZA DE BALÓN

Recreación do golfiño Platalearostrum hoekmani / Museo de Historia Natural de Rotterdam.

Un pescador holandés que faneaba nas augas do Mar do Norte en 2008 acadou unha imprevisible presa. Tratábase dun cráneo de golfiño cunha espectacular morfoloxía. O animal tiña unha cabeza que recordaba a un balón e medía uns seis metros de lonxitude. Os paleontólogos confirmaron que se trataba dunha especie descoñecida para a ciencia e foi bautizada como "Platalearostrum hoekmani" en homenaxe ao seu descubridor (Albert Hoekman).

Fósil del cráneo.

 

Os paleontólogos pensan que este animal habitou o Mar do Norte hai dous ou tres millóns de anos. Era un mamífero que pertencía á familia da que proceden os actuais golfiños.

O cráneo mostra unha cavidade excepcionalmente grande que contén seis dentes. Basándose nas análises de fósiles similares e de parentes parecidos, os investigadores pensan que se trata dunha especie descoñecida emparentada como a balea piloto (Globicephala melaena).

O fósil e unha maqueta do mesmo está exposto no Museo de Historia Natural de Rotterdam.

FONTE: El Mundo

PROBLEMAS NA ISS

PROBLEMAS NA ISS

Estación Espacial Internacional (ISS) / Imaxe: NASA

A Estación Espacial Internacional (ISS) realizou unha manobra de urxencia onte para evitar unha posible colisión da plataforma co lixo espacial.

Especialistas do Centro de Control de Voos Espaciais (CCVE) de Rusia tomaron a decisión de realizar unha manobra urxente de corrección da altura media da órbita da estación elevándoa en aproximadamente medio quilómetro, para evitar unha posible colisión da plataforma co lixo espacial. A manobra realizouse coa axuda dos propulsores do cargueiro Progress M-07M, enganchado ao módulo de servicio Zvezdá.

Habitualmente a altura promedio da ISS oscila entre os 360 e os 330 quilómetros, pero a plataforma perde entre 100 e 150 metros de altura cada día debido á gravitación terrestre, a actividade solar e outros factores, o que obliga a correxir de maneira periódica a súa órbita.