Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

ERUPCIÓN DE PLASMA NO SOL

ERUPCIÓN DE PLASMA NO SOL

 

NASA  distribuíu unhas imaxes (similares ás que podedes ver no vídeo superior e que corresponden a abril deste ano) tomadas polo  Solar Dynamics Observatory (SDO) que amosan a gran erupción de plasma na superficie do Sol. A erupción provocou unha radiación de raios ultravioleta descomunal, pero a Terra non se víu afectada por este fenómeno.

Se queres ver esas imaxes pincha AQUÍ.

PEPITO

PEPITO

Reconstrucción do dinosaurio "Concavenator corcovatus" / RAÚL MARTÍN

Pepito é o alcume que os científicos lle deron a un dinosaurio dun xénero e unha especie completamente descoñecidos ata  agora, descuberto en Cuenca, concretamente no Yacimiento de Las Hoyas .
Bautizado científicamente como Concavenator corcovatus, é unha especie carnívora que vivíu hai 125 millóns de anos. Cos seus seis metros de longo, o novo exemplar conquense, un animal adulto, era catro veces maior que os áxiles e temibles velocirráptores, así como moito máis antigo. 


Hallado un nuevo dinosaurio en Cuenca 
       Fósil do novo dinosaurio carnívoro "Concavenator" / SANTIAGO TORRALBA

 

Como dato relevante deste exemplar é a presencia dunha estraña chepa, que os científicos non saben moi ben para que lle posía servir (algúns destes animais prehistóricos tiñan unha estructura dorsal que podría ter unha función termorreguladora, como un radiador).

A prestixiosa revista  "Nature" publica un artículo firmado polos tres científicos españois que o atoparon e estudiaron: Francisco Ortega, Fernando Escaso e José Luis Sanz. 

FONTE: Elpais.es

CW Leonis

CW Leonis

CW Leonis / Imaxe: CSIC

Por primeira vez os astrónomos atoparon vapor de auga na atmosfera dunha estrela xigante vermella rica en carbono, un achádego que tira por terra a teoría de que nun astro deste tipo non poden coexistir moléculas de auga e moléculas de carbono.

O descubrimento, publicado na semana pasada na revista Nature, aportará pistas para comprender a orixe da vida. A investigación sobre a estrella "CW Leonis" (situada na Constelación de Leo, a 500 anos luz da Terra) foi levada a cabo co telescopio Herschel da Axencia Espacial Europea (ESA) e nela participaron investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A auga e o carbono son os principais elementos da vida na Terra e as estrelas como o Sol sintetízanos en grandes cantidades a medida que envellecen. Ao final das súas vidas, convírtense en xigantes vermellas.

CW Leonis emite 10.000 veces máis enerxía que o Sol.

FONTE: Elmundo.es

DRAGÓN ROBUSTO

DRAGÓN ROBUSTO

Garra da pata traseira do "Balaur bandoc"/ M. Ellison

A revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) acaba de publicar esta semana os detalles do achádego, en Rumanía, por parte dun grupo de  paleontólogos da Universidade de Bucarest e do Museo Natural de Historia de EEUU (AMNH), dunha especie descoñecida de dinosaurio.

Denominado "Balaur bondoc" ou dragón robusto, vivíu durante o Cretácico superior (un periodo que se extende desde hai 98 ata 66 millóns de anos), media ao redor de 2 metros e os investigadores pensan que podería estar emparentado co Velociraptor e algúns dinosaurios con plumas. O máis chamativo, as súas poderosas garras, que eran a súa arma máis eficaz.

DETECTADO UN NOVO SISTEMA PLANETARIO

DETECTADO UN NOVO SISTEMA PLANETARIO

Ilustración dos dous planetas descubertos por Kepler (NASA/AMES/JPL-CALTECH)

 A revista Science, publica esta semana o achádego dun equipo de astrofísicos norteamericanos, que detectaron un novo sistema planetario, no que habería dous astros (o Kepler-9b e  o Kepler-9c) do tamaño de Saturno orbitando en torno a unha estrela similar ao Sol, e un máis que, de confirmarse a súa existencia, tería unha masa similar á da Terra.

Neste traballo, os científicos empregaron os datos enviados polo telescopio espacial Kepler, da NASA, e que foron recollidos durante seis meses.

O Kepler-9b e o Kepler-9c terían un período orbital de 19,2 e 38,9 días, respectivamente, con lixeiras variacións. A posibilidade dun terceiro planeta sería só de 1,6 días  de período orbital (pensemos que o da Terra é dun ano), o que indicaría que estando tan pretos da estrela (a menos distancia que Mercurio do Sol) estarían moi quentes, e o terceiro, similar ao noso estaría queimándose, o que faría imposible a vida.

ANDALGALORNIS

 

A revista "PLoS ONE" acaba de publicar a descripción do Andalgalornis steulleti, ese primitivo e terrible animal coñecido como "ave do terror". Vivíu hai 6 millóns de anos en Sudamérica, medía 1,5 metros de altura e pesaba uns 40 quilos.  Tiña un enorme cráneo de 37 centímetros, cun peteiro-gancho como o dun falcón.

Vendo o vídeo podedes facervos unha idea das súas características.

ADEUS PANDEMIA DA GRIPE A

ADEUS PANDEMIA DA GRIPE A

Onte, 10 de agosto, a directora Xeral da OMS (Organización Mundial da Saúde), a xongkonesa Margaret Chan, levantou o nivel de alerta 6 pola gripe A, tras escoitar aos expertos do Comité de Emerxencia, pasando a unha fase de postpandemia.

Atrás quedan quedan 18.449 víctimas mortais en todo o mundo (271 delas en España), antivirales como o Tamiflu (moi rentable para o fabricante), aos porcos como primeiros culpables, protocolos...

O curioso é que agora o Ministerio de Sanidade de España debe destruír 6 millóns de vacinas, aínda que Chan di que a gripe A seguirá circulando como cepa común, que as vacinas almaceadas seguen sendo efectivas e recomenda que os grupos de alto risco sigan vacinándose como todos os invernos.

OMS calcula que entre o 20% e o 40% da poboación en todo o mundo infectouse co novo virus, o que lles confire certa protección para o futuro.

Dende hoxe os enlaces deste blog GRIPE A(H1N1)v GALICIA e GRIPE A  desaparecerán, espero que definitivamente.

MAPA MARCIANO

MAPA MARCIANO

Detalle da nova cartografía fotográfica de Marte. NASA/JPL/U.ARIZONA

A sonda  Mars Odyssey, lanzada ao espazo en abril de 2001 e que chegou a Marte en autubro dese mesmo año, en órbita ao redor do planeta vermello, realizou un total de 21.000 imaxes, feitas pola cámara de infravermellos Themis que leva a bordo.

Agora con todas esas imaxes, os expertos da NASA e da Universidade de Arizona, combináronas e encaixáronas unhas con outras, formando un gran mosaico que abarca toda a superficie marciana, é dicir un novo mapa global do planeta.

O interesante da noticia é que calquera pode acceder libremente a elas, navegar e ampliar nos puntos que a un lle interese, ata identificar detalles duns cen metros. Se che interesa pincha AQUÍ.