Blogia
vgomez

DETECTADO UN NOVO SISTEMA PLANETARIO

DETECTADO UN NOVO SISTEMA PLANETARIO

Ilustración dos dous planetas descubertos por Kepler (NASA/AMES/JPL-CALTECH)

 A revista Science, publica esta semana o achádego dun equipo de astrofísicos norteamericanos, que detectaron un novo sistema planetario, no que habería dous astros (o Kepler-9b e  o Kepler-9c) do tamaño de Saturno orbitando en torno a unha estrela similar ao Sol, e un máis que, de confirmarse a súa existencia, tería unha masa similar á da Terra.

Neste traballo, os científicos empregaron os datos enviados polo telescopio espacial Kepler, da NASA, e que foron recollidos durante seis meses.

O Kepler-9b e o Kepler-9c terían un período orbital de 19,2 e 38,9 días, respectivamente, con lixeiras variacións. A posibilidade dun terceiro planeta sería só de 1,6 días  de período orbital (pensemos que o da Terra é dun ano), o que indicaría que estando tan pretos da estrela (a menos distancia que Mercurio do Sol) estarían moi quentes, e o terceiro, similar ao noso estaría queimándose, o que faría imposible a vida.

0 comentarios