Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

RECORTES

RECORTES

Esta viñeta de Erlich, de onte no xornal El País, é o motivo do meu comentario. Mañá, hai Consello de Ministros, e parece ser que nel anunciaranse os RECORTES, aínda que algúns xa transcenderon: conxelación do salario mínimo interprofesional (641,40€, o máis baixo despois de Portugal), conxelación dos salarios dos funcionarios (o ano pasado xa foron rebaixados no 5%), paralización de infraestructuras (estarán entre elas o AVE a Galicia?), servizos de atención  a Dependencia e Domiciliaria, servizos Médicos e Farmacéuticos, Becas, Educación,... E esto será a solución?

Seguramente a eles coincidiranlle as contas, pero vai ser similar ao paso de Atila e os hunos pola estepa. A curto prazo será "a solución", pero a medio e longo prazo será "un retroceso".

Posiblemente hai que axustar a relación ingresos-gastos xa que vivimos ou consentimos vivir por riba do que realmente podiamos, pero un "paron" deste tipo vai poñer a economía a cero ou a relentí moito tempo, todo o contrario do que o goberno parece pensar.

De calquera xeito, mellor que me trabuque!

BO NADAL

BO NADAL

Desexo, a tódolos seguidores deste blog, que pasedes unhas boas festas, nestas datas tan entrañables.

Bo Nadal!

Víctor.

HUMOR: ANTE A REUNIÓN DE DURBAN

HUMOR: ANTE A REUNIÓN DE DURBAN

A viñeta de hoxe de Ramón no diario El País, faise eco da chamada "Cumbre do Clima" que estase a celebrar en Durban, e onde tanto nos estamos xogando sobre un problema enquistado como é o cambio climático.

Como a viñeta indica, todo o que sube baixa, traendo consecuencias.Veremos como remata esta cumbre!

HUMOR: VOTACIÓNS

HUMOR: VOTACIÓNS

 

O día das votacións chegou, pero tal como recolle a viñeta de El Roto (Andrés Rábago García) no xornal El País, servirán para certificar un "cadaver político" asociado a un  dos partidos maioritarios que previsiblemente perderá as eleccións. Ao día seguinte asistiremos ao seu "funeral". O gañador pagará un alto prezo pois terá por diante un traballo inmenso que provocará a contestación social ante os recortes previsibles que terá que aplicar.

Que Deus nos pille confesados!

O PLAN

O PLAN

 

A cousa está moi chunga, pero que moi... E o peor e que non se ve a solución desta situación da nosa economía, que forma parte dunha máis global. Así o amosa o xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo,  Madrid-1942) na súa viñeta de onte no xornal El Pais. Levan intentado moitas cousas, pero ningunha funciona tal como foi deseñada e os resultados non son os previstos. Algúns claman ao ceo, o mesmo que outros clamamos para que veña a choiva, pero eles é para que outros (e estoume refirindo aos que non están a gobernar) tomen o testigo e propoñan novos plans.

Sera esa a solución? Non o teño moi claro, pero sexa quen goberne vaino ter moi, pero que moi complicado!


CARTOS AO COLCHÓN

CARTOS AO COLCHÓN

 

As cousas están cada día peor na economía do noso país, ou eso parece polas información dos xornais. É moita xenta a que á vista do que sucede coas caixas, pensa en quitar os cartos e levalos para o "colchón",  é dicir para a casa e escondelos alí, xa que non se fían e pensan que calquera día temos outro "corralito" como o de Arxentina de hai anos. E non é para menos, pois xa en Galicia a "nosa caixa" está NACIONALIZADA, eso si cartos para os directivos que se marcharon si había, pero para os créditos da xente non. Pensamos que era unha entidade potente, ou así nolo venderon, e resultou que nada de nada.

Imos de guatemala a guatepeor!

A viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo, do pasado martes, trata precisamente este tema dunha forma xenial.

 

 

CABANA DE BALIEIROS

CABANA DE BALIEIROS

 

Hai uns días, unha compañeira de traballo, Olga, deixoume este libro. Nun primeiro momento pareceume, polo seu formato, un comic, pero cando escomencei a lelo mudei totalmente de opinión. "CABANA DE BALIEIROS" é o título da primeira novela gráfica de Tokio (Alfredo López Fernández, Vigo 1964, o ano dos xogos olímpicos de Toquio).

Cabana de Balieiros é unha vila imaxinaria, sen dúbida inspirada non nunha senón en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que aínda quedaban baleas nos nosos mares. Esta vila e das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.
Unha historia que, con certa intriga, achéganos ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.

Merece a pena lela e vela!

CINE: A ÁROBRE DA VIDA

CINE: A ÁROBRE DA VIDA

 

A pasada fin de semana estreouse en España a película "El árbol de la vida" do gran director Terrence Malick. Como di un famoso crítico, esta película é "pura poesía, unha sinfonía sublime; unha celebración da vida".Esta é a súa ficha:

Título: El Árbol de la Vida

Título OriXinal: The Tree of Life

Xénero: Drama, Fantasía

Nacionalidade: USA

Ano: 2011

Director: Terrence Malick

Guión: Terrence Malick

Producción: Dede Gardner, Sarah Green, Grant Hill, Brad Pitt e William Pohlad.

Música: Alexandre Desplat.  

 Distribuidora: Tripictures. 

Reparto: Brad Pitt, Sean Penn, Jessica Chastain, Fiona Shaw, Crystal Mantecon, Joanna Going, Jackson Hurst, Dalip Singh, Kimberly Whalen, Kari Matchett, Brenna Roth, Jennifer Sipes, Zach Irsik, Brayden Whisenhunt, Danielle Rene, Tamara Jolaine, Hunter McCracken.

Sinopse: É unha historia de tres irmáns durante os anos 50 e de como o maior deles vive a pérdida da inocencia. Vese a evolución dun neno, Jack, de 11 anos, do Medio Oeste. Ao principio todo é marabilloso aos seus ollos, obtendo dos seus pais dúas imaxes moi distintas do mundo: mentres a súa nai representa os camiños do amor e a compaixón, o seu pai intenta ensinarlle o duro da vida, a sobrevivir e a superarse. Ámbolos dous loitarán pola súa atención e Jack debe combinar ámbalas dúas ensinanzas. Todo empeza a cambiar cando experimenta por primeira vez a enfermidade, o sufrimento e a morte. O mundo, ata entón limpo e luminoso, convírtese en escuro e frustrante. Esta historia compaxínase coa do Jack adulto, unha alma perdida no mundo moderno, que tratará de atopar entre as esceas da súa infancia aquelo que permanece inalterado, o plan eterno do que todos formamos parte. Cando descobre todo o que se lle escapou polo camiño aprenderá a valorar máis as cousas que lle quedan por vir. Jack, cunha nova visión do mundo, é capaz así de perdoar ao seu pai e dar por primeira vez os seus propios pasos pola vida.

Merece a pena vela!