Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Este domingo, día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz, coincidindo coa morte da líder internacional e espiritual da India Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), asasinada a tiros por un fanático hinduísta.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz. Neste día os colexios e outros centros convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. No noso centro, ao caer festivo terá lugar o próximo luns 31.

Dende aquí a miña aportación, que outras veces fixen nas miñas clases: unha reflexión a través do vídeo PUK E O MURO.

Puk e o muro, de forma simbólica invítanos a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsable frente ás situacións de violencia e inxusticia como medio para garantir a paz.

Espero que quitedes conclusións e sobre todo que as poñamos en práctica!

PRENSA DIARIA

PRENSA DIARIA

Quiosco de prensa / Imaxe:visiondeprofetas.blogspot.com

A información diaria é moi importante nos tempos que corren: noticias, sucesos,... Unha posibilidade de  ter acceso a todos os xornais de España, da nosa Comunidade e do resto do mundo é  mediante Kiosko.net. Alí atoparás a prensa de información xeral, a prensa deportiva, a prensa económica... En resumo 239 xornais de España e só con facer clic AQUÍ ou no enlace PRENSA DE ESPAÑA.

Agora xa non hai escusa. Estar informado só depende de ti!

HUMOR: TABACO

HUMOR: TABACO

A viñeta de Davila (Luís Davila, Pontevedra 1972), publicada onte, domingo, no xornal Faro de Vigo, plasma moi ben o problema dos fumadores e propietarios de locais coa nova lei antitabaquismo.

A imaxe de velos nas portas, nas terrazas de "inverno", pasando frío, dá lugar a situacións nas que vemos estufas tipo seta, baixo paraugas,...

Que todo sexa pola saúde!

AUTORIDADE "DE SEU"

AUTORIDADE "DE SEU"

A continuación plasmo, polo seu interese, o artigo de opinión de Manuel-Luís Casalderrey (Catedrático de Física e Química), publicado no xornal "La Voz de Galicia" do pasado día 6, sobre o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación, no referente a autoridade do profesor e o acoso escolar e outros comportamentos indebidos do alumnado.

A min gustaríame que os profesores fosen respectados pola sociedade, sen necesidade de que unha lei os converta en autoridade. A moi nobre profesión de ensinar e formar, aínda que encadrada no sector servizos, debería ter a consideración social que corresponde ás persoas que, xunto coas familias, estruturan as mentes, inculcan valores e hábitos de nenos e adolescentes que marcarán o camiño e o comportamento dos adultos do futuro. Non me gustaría que os profesores exercesen a súa autoridade con porra, esposas e pistola, como sintetiza Leandro no seu debuxo de La Voz. Gustaríame ser a autoridade á que os alumnos se dirixen respetuosamente e pola que se levantan cando entro en clase. Tamén á que as familias recoñecen pola contribución á formación dos seus fillos.

En canto á regulación por lei do acoso escolar e outros problemas de comportamento indebido dos discentes, só pido axilidade na resolución dos conflitos. Non é nada conveniente que un alumno expulsado da práctica totalidade das clases polo seu comportamento inadecuado siga no centro sine díe porque a superioridade paralizou o procedemento sancionador e cando chega a sanción xa non terá a ejemplaridad da inmediatez.

Outro aspecto ao que se refire o anteproxecto de lei é a vestimenta nos centros. Creo que, na maioría dos casos, é unha proxección de como vístese na sociedade. Non importa tanto o veo como os vaqueiros raídos, ata entre os docentes.

BORRADOR DA LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN

BORRADOR DA LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN

Imaxe: La Voz de Galicia 6-1-2011

A Consellería de Educación e O. U. fixó público na súa páxina web a seguinte información sobre o anteproxecto de Lei da Convivencia e a Participación:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén; presentaron o borrador do anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade educativa, un texto que, tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta,  ten como obxectivo “crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan acadar e manter un clima de convivencia, a través da restauración de certos valores e comportamentos e que, simultaneamente, dignifique a profesión docente”.

A Lei, explicou o conselleiro, recolle as aspiracións do profesorado de ver recoñecida debidamente a súa función pola sociedade e os poderes públicos. Deste xeito, serán considerados autoridade pública, e disporán protección xurídica e da presunción de veracidade necesaria para o mantemento da disciplina escolar. Ademais, estarán habilitados para requerir aos alumnos calquera substancia ou obxecto que porten e que non estea permitido polas normas do centro, ou sexa perigoso.

O texto, que Vázquez Abad cualificou de "innovador", ten como fin xerar un marco de convivencia que garanta o respecto nas aulas. Para iso, posibilitarase unha resposta xurídica inmediata e reeducadora a comportamentos que perturban un correcto clima nos centros educativos, introducindo ademais por primeira vez no plano lexislativo a figura do acoso con carácter preventivo e correctivo.

Doutra banda, a Lei busca instaurar a corresponsabilidade das familias a través da participación, polo que regulará tamén a consulta e a participación directa das familias no proceso educativo.

Dereitos e deberes

O articulado da Lei cuxo anteproxecto se presentou hoxe, e que será de aplicación nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, recolle tanto os dereitos como os deberes de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos dos centros educativos (P.A.S.). O obxectivo é enuncialos para acadar un clima de respecto mutuo nas aulas, a través da comunicación entre pais nais e docentes, da participación directa das familias na comunidade educativa, e do respecto destas á autoridade do profesorado. Pola súa banda, tanto profesores como P.A.S. deberán colaborar activamente na prevención e corrección do acosos escolar, mantendo a disciplina no centro educativo.

En canto ás alumnas e alumnos, recoñéceselles o dereito a recibir formación integral, respecto a identidade e dignidade, protección fronte a agresións e acoso; e o deber de respectar a autoridade, as normas e aos compañeiros, e de facer un bo uso das instalacións.

Normas de convivencia

Outro dos fins desta Lei é o de establecer as normas básicas de convivencia e de respecto nos centros educativos. Así, recoñécese ao profesorado a condición de autoridade pública, coa protección xurídica que tal consideración implica, ademais da presunción de veracidade no exercicio das súas funcións nos centros de ensino. Asemade, os profesores quedarán habilitados para requisar obxectos, produtos ou substancias perigosas ou prohibidas polas normas do centro, dentro do recinto escolar e durante a realización de actividades complementarias e extraescolares. Doutra banda, as normas poderán conter previsións sobre o atuendo do alumnado, , que deberá ser axeitado para axeitadas para o desenvolvemento das actividades docentes. Esta regulación quedará a criterio da autonomía da cada centro, en función da situación socioeducativa do mesmo.

Tal e como explicou o conselleiro de Educación, a norma tipifica as condutas graves e leves contrarias á convivencia, as ,medidas correctoras das mesmas e o procedemento para a súa aplicación. Ademais, modernízase e esténdese o ámbito de aplicación disciplinaria ás condutas desenvolvidas a través das novas tecnoloxías; e á difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa. Non en balde, esta Lei aborda, por primeira vez no plano lexislativo español, o tratamento de situacións de acoso escolar.

Para garantir que os prazos de aplicación das medidas correctoras non afecten á convivencia en colexios e institutos, a Lei dotará de inmediatez ao procedemento de imposición das sancións, sempre nun réxime garantista e perseguindo o carácter reeducador das medidas correctoras aplicadas. Neste mesmo sentido, a norma inclúe gradación na tipificación das condutas, con atenuantes como o recoñecemento espontáneo e a reparación voluntaria; e agravantes como a intencionalidade, a difusión mediante medios electrónicos ou a vulnerabilidade da vítima.

Outra das novidades do texto é a incorporación aos plans de convivencia dos centros docentes de protocolos para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar. Ademais a dirección do centro poderá designar un responsable personalizadode atención á vítima, ou fixar unha mediación profesional no caso de que a situación presente unha gravidade especial.

Participación das familias

De acordo coas demandas da sociedade actual, a futura Lei regulará a participación das familias no proceso educativo, a través de mecanismos de consulta e participación directa. Así, habilítase expresamente á Administración educativa para que poida establecer os correspondentes procedementos dirixidos a facer efectiva a súa implicación no proceso educativo, empregando métodos telemáticos ou medios dos mesmos centros escolares.

En todo caso, o obxecto desta participación será sempre aspectos concreto do ensino, co que se garante a autonomía dos centro educativos en materia curricular e a liberdade docente e pedagóxica do profesorado.

Finalmente, o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa promove medidas oportunas para garantir a axeitada protección e asistencia xurídica dos profesores dos centros docentes; ao uso xeneralizado nos mesmos de medios electrónicos de comunicación, finalmente para estreitar a colaboración entre nais, pais e docentes; así como un mandato para a adecuación dos horarios dos equipos directivos dos centros docentes ás funcións, tarefas e responsabilidades que derivan da aplicación desta lei, e os plans de accións formativas específicas para o profesorado.

Coa presentación deste anteproxecto de Lei, a Consellería de Educación dá resposta ás demandas tanto da sociedade como da comunidade educativa de fixa unhas pautas para acada un clima de convivencia nos centros escolares, velando ao tempo pola seguridade do alumnado no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

A pesar de que outras Comunidades Autónomas teñen regulado parcialmente estes elementos, a Lei galega é máis ambiciosa, regulando integramente a materia da convivencia.

FONTE: Consellería de Educación e O.U.

Haberá que estar atentos ao contido deste borrador, que sera comentado neste blog.

HUMOR: AGASALLO MEDIOAMBIENTAL

HUMOR: AGASALLO MEDIOAMBIENTAL

Moi acertado, para as datas que estamos, a viñeta de hoxe de Erlich no xornal El Pais. Recibimos un gran agasallo: o noso planeta. Coidémolo, pois é único!

Como proposta para este ano que acabamos de comenzar é moi boa.

NOITE DE REIS

NOITE DE REIS

 

Chegou a noite de reis, a noite máxica para uns e para min, coma sempre, a "noite da ilusión".

De todos é sabido, pois sempre o dixen, que eu creo nos Reis. Si... certo que creo. De neno, como a maioría, tiña a ilusión dos agasallos que me esperaban ao día seguinte. Non eran moitos, pero eu quitáballe bo partido, pois coa imaxinación dun neno calquera xoguete era fantástico: os coches movíanse sen pilas, os indios falaban e atacaban, os xerifes detiñan a todos os culpables...

Hoxe sigo tendo esas mesma ilusión. Que sería de min sen ilusión? Que sería do meu traballo?, da miña familia? A ilusión é o que nos move a seguir ante as dificultades.

Penso que estamos perdendo a ilusión como persoas individuais e como país e así van as cousas. Uns exemplos: a lusión  no traballo fainos facelo con gañas, con entusiasmo e ser máis productivos; na nosa familia a ilusión fainos máis unidos, axúdanos a prosperar...

Por eso nesta noite  pídolle aos Reis ILUSIÓN. Seguramente esa ilusión materializarase en cousas que eu preciso e que todos necesitamos.

Afrontemos a vida con ilusión! Feliz noite de Reis.

VICTOR

O CINE VISTO DENDE A NASA

 

Varios membros da Axencia Espacial Estadounidense (NASA) reuníronse en California para charlar sobre as películas de ciencia ficción que máis se aproximan á realidade e tamén sobre as que teñen unhas tramas máis absurdas.

Entre as primeiras, as dun argumento máis plausible propoñen a mítica "Blade Runner" , da que tedes arriba o trailer en V.O. subtitulada. Tamén propoñen, aínda que menos coñecida, a "Gattaca". Tamén recibieron os parabéns dos expertos o clásico "Metrópole"  e a primeira entrega de "Parque Xurásico" .

Pola contra, no segundo grupo, as de argumento máis absurdo e rocambolesco atópanse "2012"  e "O Núcleo" .