Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

TABACO

TABACO

Imaxe:sinvivirenmoto.blogspot.com

Outra novidade neste ano que acabamos de escomenzar é a nova normativa sobre o tabaquismo que dende o pasado día 2 se empezou a aplicar. O tabaco non só é nocivo, adictivo e prexudicial para a saúde, tamén é molesto para a xente que rodea ao fumador.

Ante esta situación, salta de súpeto a palabra LIBERDADE. Pero onde comenza a liberdade do fumador e a do non fumador?. Eu penso que esta lei segue a permitir fumar, restrinxindo os lugares para facelo en beneficio do deireito e a liberdade dos que non queren soportar obrigatoriamente os fumos dos fumadores.

Por outra banda, é igual o momento de plantexarse deixar de fumar en favor da saúde e do peto, pois a crise segue apretando.

Se queres coñecer o texto integro desta nova normativa pincha AQUÍ.

 

HUMOR: DOPING

HUMOR: DOPING

 

A viñeta que hoxe (O Carrabouxo, xornal La Región, 12-12-2010) sérve para unha reflexión que ten moito "aquel", é dicir dá moito que pensar.

A nivel da rúa metemos no mesmo saco aos que acuden ao doping no deporte coas drogatas, e non é o mesmo. O doping non é en si mesmo unha drogodependencia, ao non ser os productos dopantes, ao menos a maioría, drogas xeradoras de dependencia. O doping é unha conducta inmoral e de tramposos, que o contra el espíritu do deporte. O doping defínese como o consumo de substancias co único fin e propósito de conseguir un aumento artificial do rendimento deportivo.

Se non chegaba coa operación Puerto, chegou a operación Galgo e queda aínda algo pendente: O futbol. O triste de todo esto é que por uns poucos imos meter no saco a todos os deportista. E despois? Que mesaxe imos transmirlle aos nosos fillos? Igual que na TV, que todo vale? Que o importante é triunfar e conseguir o que se pretende sexa como sexa?

Penso que temos que pararnos a meditar. Non todo vale!

INFORME PISA

INFORME PISA

O alumnado galego mellorou os seus resultados no último informe PISA  (Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos), realizado pola OCDE (Organización para  a Cooperación e o Desenvolvementoarro Económico) en 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.

Deste xeito, tal e como se desprende dos resultados feitos públicos o pasado martes, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta principal competencia analizada, e respecto das demais Comunidade Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, coa que se sitúa no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademais, neste eido o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por riba da media de España e 5 puntos superior da media da OCDE. En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

Aínda queda moito por mellorar!

Resultados por comunidades autónomas. A primeira columna corresponde á comprensión lectora; a segunda, ás ciencias; e a terceira, ás matemáticas:

 

 

THE BLUE SWEETS

THE BLUE SWEETS

THE BLUE SWEETS (Os caramelos azuis) é o nome do blog (de blogger) que está na rede dende o mes de agosto pasado, da autoría dunha estupenda alumna miña que firma como PERVINCA.

O blog desta muller, aries, é eminentemente intimista, adicado fundamentalmenta á transmisión de vivencias a través la palabras, ou como ela mesma dí "Pequeña bruja de la Oscuridad, hermana gemela de Vainilla, hija de los Periwinkle, novia de Grisam y escritora en pruebas".

Dende aquí deséxolle o mellor nesta nova andaina de escritora, á que prometo seguir e á que animo a que sigades vós tamén pinchando AQUÍ ou no enlace co nome de BLOG DE IRIA-THE BLUE SWEETS.

Boa sorte!

HUMOR: AUGA

HUMOR: AUGA

 

Vai tempo que temos: Primeiro sol, logo frío, para min incluso nevaradas e finalmente augaaaaa... Ou cambia ou vainos pasar algo parecido ao que suxire a viñeta de Quesada que hoxe publica o xornal Faro de Vigo.

Parece que para a próxima fin de semana mellora. Esperemos!

CINE: AS CRÓNICAS DE NARNIA (3ª ENTREGA)

CINE: AS CRÓNICAS DE NARNIA (3ª ENTREGA)

 

Hoxe estréase a 3ª entrega da adaptación da saga literaria creada por C.S. Lewis: As crónicas de Narnia: A travesía do viaxeiro da alba.

Aquí tedes a súa fícha técnica

Título Orixinal: The Chronicles Of Narnia: The Voyage Of The Dawn Treader

Xénero: Aventuras, Fantasía

Nacionalidade: USA

Ano: 2010

Director: Michael Apted

Guión: Christopher Markus, Stephen McFeely, Richard LaGravenese, Michael Petroni

Reparto: Ben Barnes, Skandar Keynes, Georgie Henley, Will Poulter, Eddie Izzard, Peter Dinklarge, Laura Brent, Simon Pegg, Gary Sweet, Arthur Angel, Tony Nixon, Shane Rangi, Colin Moody, Terry Norris, David Vallon, Bruce Spence, Bille Brown, Liam Neeson, Roy Billing, Anna Popplewell, William Moseley, Arabella Morton, Zack Kibria, Neil Young, Steven Rooke, Mirko Grillini, Greg Poppleton, Rico Lescot Jr.

Sinopse:  Lucy e Edmund Pevensie volven a Narnia co seu curmán Eustace onde se reencontrarán co antigo príncipe que agora é o Rei Caspian. Xuntos embarcaranse na búsqueda dos 7 desaparecidos señores de Narnia tal e como lle prometeron a Aslan. Esta será unha viaxe que os levarán a cruzar os mares a bordo da embarcación “O viaxeiro da alba”. No camiño encontraranse con dragóns, ananos, illas máxicas e unhna banda de guerreiros perdidos, antes de chegar a fin do mundo.

HUMOR: XENTE DA CAPITAL

HUMOR: XENTE DA CAPITAL

Viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo, onde se parodia á xente da capital "castelán" falante, que se leva sorpresas no rural cos "galego" falantes.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o  DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Neste día preténdese facer un chamamento á cidadnía para erradicar esta "lacra".

O vídeo superior está feito con fotos da exposición do Instituto da Muller "18 Segundos". O fotógrafo Iván Hidalgo, coa dirección artística de Alejandro Marcos, retrataron a 18 actrices, comunicadoras, deportistas e personaxes de amplo recoñecemento público.

Non a violencia contra a muller!