Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CINE: HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE (I)

CINE: HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE (I)

 

Hoxe estréase nos cines Harry Potter e as Reliquias da Morte, Parte I , que é a penúltima película da saga de Harry Potter.

Esta adaptación cinematográfica do séptimo e último libro de la saga foi dividida en dúas partes, ao parecer, para evitar a eliminación de aspectos importantes da trama, así que continuará en Harry Potter e as Reliquias da Morte, Parte II.  Este séptimo libro trata do mozo Harry Potter e a súa busca e destrución dos restantes Horcrux (partes da alma de lord Voldemort) para acabar dunha vez co mago escuro. A primera parte remata ao redor do capítulo 24, con Voldemort apoderándose da Variña de Saúco, unha das tres Reliquias da Morte que lle permiten ao portador conquistar a morte.

Esta é a súa ficha:

Título: Harry Potter e as reliquias da Morte: 1ª Parte
Título orixinal: Harry Potter and the Deathly Hallows: Part I
País: Reino Unido  
Productora: Warner Bros. Pictures
Director: David Yates
Guión: Steve Kloves
Reparto: Daniel Radcliffe, Rupert Grint, Emma Watson, Ralph Fiennes, Bill Nighy, John Hurt, Rhys Ifans, Helena Bonham Carter, Robbie Coltrane, Imelda Staunton, Jason Isaacs, Miranda Richardson, Warwick Davis, Alan Rickman, Maggie Smith, Brendan Gleeson, Ciaran Hinds, Timothy Spall, David Thewlis, Julie Walters, Tom Felton, Bonnie Wright, Jamie Campbell Bower, Richard Griffiths, Matthew Lewis, Evanna Lynch, Fiona Shaw, Helen McCrory, David O’Hara, Natalia Tena.

Arriba tedes o trailer da película. Que disfrutedes!

TEMPO DE CASTAÑAS

TEMPO DE CASTAÑAS

 

A viñeta de O Carrabouxo, no xornal La Región, fai referencia a unha festa galega de moita sona, que aparaca temporalmente os problemas da vida: O magosto.

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, convertíndose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e viño novo, entre outros.

O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do monte,  comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas. Hoxe en día séguese a facer nos fornos das casas, en asocicacións de veciños e en colexios.

Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

Unha festa popular que non debe perderse! Se queres coñecer algo máis sobre esta festa, a castaña, o castiñeiro e incluso xogar interactivamente pincha aqui:O MAGOSTO, eso si, dalle un chisco de tempo a que cargue.

HUMOR: MARROCOS

HUMOR: MARROCOS

A viñeta de O Carrabouxo (Xosé Lois) do xornal La Región, trata dun problema moi serio, que leva 35 anos dando guerra. Trátase dos territorios da ocupación española no Sáhara Occidental e que España deixou en novembro de 1975. Transpásase o groso da colonia a Marrocos e un tercio a Mauritania. En febreiro de 1976 o último representante español abandoa a zona. O Frente Polisario proclama a República Árabe Saharaui Democrática e declara a guerra a Marrocos. En 1991 entra en vigor o alto o fogo e a ONU crea a Minurso. Prevese a celebración dun referéndum en 1992. En 1997 o enviado especial da ONU, James Baker, anuncia o plebiscito para 1998. Baker será el encargado de entablar nuevas consultas. Dende aquela non houbo referendum e fracasan as negociacións. Hai uns días retomáronse as negociacións nunha reunión en Nueva York, entre o Frente Polisario e Marrocos, sen froitos, acordando volver a reunirse no mes de decembro e xaneiro. Precisamente Marrocos, para facer forza nesa citada reunión, tomou na mañá do luns o control do campamento saharaui levantado en Agdaym Izik, a uns 15 quilómetros de El Aaiún (Sáhara Occidental), poñendo fin á maior protesta desde que España se retirou do territorio hai 35 anos.De número de feridos, mortos e desaparecidos pouco sabemos. O que si sabemos é que a Comunidade Internacional mantense, incluída Esopaña, un pouco ao marxe.

Penoso!

HUMOR: O TEMPO

HUMOR: O TEMPO

O tempo está "tolo", tal como cita a viñeta de onte de Quesada no xornal Faro de Vigo. Hia uns días, un sol marabilloso, agora unha "cicloxénese". O pronostico é contundente: fortes ventos e chuvia. Veremos que pasa, pois outras veces...

De calquera xeito consulta o tempo pinchando AQUÍ.

HUMOR: POLÍTICOS

HUMOR: POLÍTICOS

Temos que acostumarnos de aquí en diante á palabrería dos políticos, pois moi pronto, antes do próximo verán, haberá eleccións municipais e incluso antes eleccións autonómicas en varias Comunidades Autónomas, se non pasa nada grave primeiro a nivel nacional.

En fin, moi pronto empezarán a prometer o ouro e o mouro e despois pouco ou nada feito. Por eso, cada vez somos máis os desencantados. A política que debía ser o arte de facer posible o imposible (e refírome a buscar solucións reais aos problemas) covertíuse en facer imposible o posible (creando división, desconcerto, problemas engadidos).

Esta problemática é tratada pola viñeta de Quesada, no xornal Faro de Vigo, do pasado domingo, onde vemos a forma de actuar dos políticos: moita cousa durante a campaña e despois olvido ata a próxima.

Esperemos que as xeracións vindeiras, que hoxe están nas aulas, sexan do primeiro grupo e se preocupen máis pola xente que por eles mesmos.

A GALICIA PROFUNDA: ENSINO

 

Moito cambiou Galicia en tódolos aspectos, pero sobre todo no campo da educación. Alá a finais dos anos 70, cando din eu as primeiras clases de mestre, había un programa da TVE que levaba por título VIVIR CADA DÍA. O vídeo superior corresponde a un deses programas no que se ofrecía a imaxe dos nenos de aldea (eu tamén o fun) que acudían ás primeiras concentracións escolares polo incipiente transporte escolar. Alí tamén comían. Despois volta a aldea e... a traballar: axudando nas labores da casa, traballando no campo...

Xeograficamente corresponde a Friol (Lugo).

Sabedes que mal o pasaban coas dificultades para expresarse en castelán, cando o seu idioma diario era o galego? Paradoxas do destino, hoxe o castelán ou outro idioma da emigración  presume, o galego segue a ser de aldea.

Quero con este vídeo que valoremos moitas cousas: o que temos e disfrutamos hoxe en día, o esforzo que xa se perdeu, as vocacións daqueles mestres, a valoración do noso idioma...

Gardar o positivo e o resto... QUE NON VOLVA!

HUMOR: CELTA

HUMOR: CELTA

Nesta sociedade actual, onde o sistema de valores está en mínimos, só triunfa o éxito inmediato, polo que a FIDELIDADE desaparece rapidamente cando os logros non chegan. Así nos vai!

Un político, un músico, un amigo, incluso a parella ou compañeiro de matrimonio corre perigo cando non acompaña o éxito. Non hai paciencia, nin tempo  que perder, acabouse. Eso si, se por algunha circunstancia volven ventos favorables, entón... xa volven ser dos meus. Que pena!

Este tema é tratado na vineta de Davila, do xornal Faro de Vigo de onte. O Celta, lider da segunda división, que volve polos seus fueros e entón, moitos dos renegados, dos que olvidaron o equipo galego, agora si poñen a camiseta, cantan a rianxeira e presumen de equipo.

Un pouquiño máis de fidelidade, por favor!

CINE: SEMPRE AO MEU LADO

CINE: SEMPRE AO MEU LADO

Esta fin de semana estréase a película SEMPRE AO MEU LADO que se pode encasillar no xénero drama-romántico, onde un mozo ve de xeito distinto o mundo despois de sobrevivir a un accidente.

Argumento: Charlie St. Cloud (Zac Efron) é un experto mariñeiro. A súa nai Claire (Kim Basinger) e o seu irmán pequeno (Charlie Tahan) adórano. Conseguíu unha beca que o levará lonxe do seu pobo natal situado na zona norte da costa do Pacífico. Un futuro prometedor esvaécese cando unha traxedia leva por diante todos os seus sonos.

A ficha técnica é:

Sempre ao meu lado (Charlie St. Cloud)

Nacionalidade: USA   Ano: 2010  Estreo:01/10/2010

Productora:Universal Pictures Spain

Director:Burr Steers

Guión: Burr Steers, Craig Pearce, James Schamus & Lewis Colick

Reparto: Zac Efron, Amanda Crew, Charlie Tahan, Kim Basinger, Dave Franco, Donal Logue, Tegan Moss, Julia Maxwell, Ray Liotta

Maís información sobre a película pinchando AQUÍ.

Merce a pena vela!