Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

OUTONO

 

Hoxe 23 de setembro de 2010, día de Santa Tegra e festa local, ás 5 horas e 9 minutos, hora oficial peninsular, entrou o outoño no hemisferio Norte, según o convenio astronómico. Esta estación durará 89 días e 20 horas. O domingo día 31 de outubro terá lugar o cambio de hora (retrasando o reloxo 1 hora), recuperando o horario de inverno, que empezará o día 22 de decembro.

HUMOR: SANTIAGO

HUMOR: SANTIAGO

Estamos en Ano Santo e Santiago de Compostela énchese de xente de todo tipo, uns movidos polo turismo, outros polo camiño e outros pola relixiosidade. Todo ten cabida e os comerciantes frétanse as mans.

O único que parece descontento é o apóstolo Santiago que ten que sufrir os abrazos de tanta xente, independientemente da súa condición: reis, ministros, políticos, empresarios, obreiros, autónomos...

A verdade é que cada un leva unha petición tan dispar que non sei que vai facer o pobre apóstolo. Non sabemos realmente o que a xente pide, pero imaxinámolo.

Paciencia Santiago!

Este é o tema tratado na viñeta do xenial Forges no diario El País. Moi ilustrativo!

HUMOR: INMIGRACIÓN

HUMOR: INMIGRACIÓN

Estes días fálase moito dos xitanos expulsado de Francia, que ten certos tintes de racismo, aínda que dende ese país enmárcano dentro da regulación inmigratoria. Non é un problema novo o da inmigración. En España temos problemas cos procedentes de África fundamentalmente, aínda que tamén de paises latino-americanos e os de procendencia europea como os rumanos. Na época de vacas fracas todo sobra. Pero na época de bonanza son necasarios, pois hai traballos que non queremos facer e axudan a a rexuvenecer  a media da idade da poboación española.

Que pouca memoria temos! Os galegos que saímos polo mundo, por desgraza, eramos, na maioria dos casos, inmigrantes neses países de destino, deixando atrás familia, raíces...

Cumprese ese vello dito de que cando hai un conflicto económico, sempre, sempre, aparece un conficto social. Non é nada fácil casar ámbalas dúas situacións, pero nunca debemos de tomar o camiño máis facil, que por desgraza é que pague o máis débil.

A vineta de Erlich no xornal El Pais de onte, trata este tema satíricamente. Sen comentario.

HUMOR: PEAXES

HUMOR: PEAXES

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal corre perigo co entrada en vigor das peaxes do país veciño a partir do próximo 15 de outubro.
Este o tema escollido na viñeta de Pinto&Chinto do xornal La Voz de Galicia de hoxe.

Ilustrativa a viñeta!

OBRIGADO PORTUGAL

 

A crise busca recadación en todos os sitios. Aquela frase de "Menos mal que nos queda Portugal" xa non se  cumpre, polo menos no apartado de gratuidade nas autovias do outro lado do Miño.

A implantación a partir do 15 de outubro de peaxes automáticas nas autovías ata agora gratuítas do norte de Portugal está a causar contrariedade e malestar, non só polo pago, senón tamén polos procedementos de pago. No vídeo superior infórmase precisamente deses procedementos.

Esto seguramente repercutirá nas visitas ao país veciño, aínda que algunhas seran inevitables como a do aeroporto Sá Carneiro, xa que é máis competitivo e barato que os de Vigo e Santiago.

Obrigado Portugal!

RETRASO NO PROXECTO ABALAR

RETRASO NO PROXECTO ABALAR

A Consellería de Educación anuncia unha demora na entrega dos ordenadores do proxecto Abalar e solicita á adxudicataria unha rápida solución ao problema.

Este é o titular con que a Consellería de Educación deu onte a coñecer o parón no proxecto Abalar. Iniciado o curso, a piques de escomenzar as clases puco hai feito: material (o que temos xa), formación (foi un compromiso e aínda estamos a espera. Querena facer cando estemos a traballar? Faltando a clase? Ou perdendo tempo fóra do traballo?), contidos educativos (que deberían axudar, xa non digo suplir, aos libros de texto), armarios e material auxilar e recarga, miniordenadores,...

Como xa se comentou neste blog, na nosa localidade participan nesta implantación para o presente curso o centro concertado de "Carmelitas" e o IES "A Sangriña".

Se non se pode pois dicilo. As cousas apuradas nunca saen ben!

Este é o contido integro da información facilitada pola Consellería na súa páxina web:


A Consellería de Educación anuncia unha demora na entrega dos ordenadores do proxecto Abalar e solicita á adxudicataria unha rápida solución ao problema.
A empresa adxudicataria comunicou que ten dificultades para cumprir o prazo de entrega e alega problemas de fornecemento mundial.
Lun, 06/09/2010 - 12:31

A entrega de ordenadores aos alumnos dos colexios incluídos no programa Abalar non poderá realizarse no prazo previsto por problemas cos tempos de fabricación e abastecemento, que están sendo asumidos pola empresa adxudicataria. Aínda que as razóns alegadas pola citada compañía apuntan a terceiros responsables de orde internacional, a Consellería demandoulle unha rápida solución ao problema. En caso contrario veríase na obriga de esixir as responsabilidades pertinentes.

Como ben é sabido, no marco do plan Abalar, proxectouse a adquisición de 15.000 ordenadores ultraportátiles (netbooks) para a dotación aos alumnos das aulas seleccionadas para esta primeira fase de implantación dun programa que persigue a transformación dos centros educativos tradicionais en Centros Educativos Dixitais.

O inicio dos trámites comezou o pasado 26 de marzo co envío ao Diario Oficial da UE do anuncio de licitación. O 12 de abril publicouse no DOG e no BOE a licitación do subministro de netbooks por un importe de 4.875.000 euros.

Basicamente, o netbook solicitado- cuns requisitos mínimos semellantes aos do resto do estado- era un equipo cunhas características mínimas de 1 mega de RAM, 120 GB de disco duro, wifi, autonomía de 300 minutos e unha pantalla de 10 polgadas. Entre os requisitos esixidos figuraba que o prazo de entrega era de 45 días dende a sinatura do contrato.

Ao peche do concurso, o 30 de abril, admitíronse 7 empresas; e a primeira mesa de contratación celebrouse o 10 de maio de 2010. Por resolución do 4 de agosto adxudicouse definitivamente á empresa a subministración de 15.000 netbooks por un importe de 4.611.918,10 (IVE incluído), asinándose o contrato dous días despois, polo que o prazo de entrega dos ultraportátiles quedaba automaticamente fixado para o 20 de setembro de 2010.

O pasado xoves, 26 de agosto, a empresa comunicou un calendario provisional de entregas que superaba o prazo límite máximo, polo que se convocou á dirección da empresa para o mércores dia 1 de setembro co obxecto de que aportase novos calendarios e as explicacións precisas.

O representante da firma adxudicataria alegou que o proceso de fabricación de equipos, destas características novedosas, que son feitos a medida ten unha maior duración e que ten feito tódolos esforzos posibles en presionar á cadea de produción da fabrica chinesa para adiantar os prazos de entrega. Referiuse tamén á ruptura dun stock mundial dun dos compoñentes do ordenador; a pantalla multitáctil, polo que entende que non parece posible facer as entregas en prazo, aínda que continuará a facer xestións de cara a acurtar os prazos de entrega.

Compre salientar que, efectivamente o equipo subministrado, é de última xeración e, por tanto, notablemente superior en características (pantalla táctil e maior resolución- equivalente a das pantallas de 11,6 polgadas- e posibilidade de ser utilizado como tablet PC) ao presentado polos outros subministradores. Tratase dunha ferramenta única no ámbito da aplicación das TIC no sistema educativo de todo o estado español e exclusivo da comunidade galega.

 Polo que se refire á formación do profesorado no uso e no aproveitamento didáctico das ferramentas do proxecto “Abalar”, así como a instalación de pizarras dixitais e canóns, a Consellería continuará os seus plans dentro do prazo previsto.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria.

HUMOR: ETA

HUMOR: ETA

A verdade é que o tema de ETA non é de chiste, é algo moi serio e que xa estamos tan fartos, que todos desexamos que dunha vez por todas remate este pesadelo do terrorismo e da chantaxe a que estamos sometidos neste país por parte destes asasinos.

Agora, e xa non é a primeira vez, plantexan unha nova tregua. Será verdade ou só un truco máis para armala de novo como a última vez? Precisamente nesta última vez, moitos, entre o que eu me inclúo, pensamos que sería o final e ao pouco tempo... o que só saben facer: matar.

A única solución é que definitivamente entreguen as armas e defendan ás súas "ideas" por medios políticos, non violentos.

Na viñeta de onte de Aguilera no xornal Faro de Vigo, plantexa este tema, indicando que si temos memoria e que non nos fiamos.

Veremos que pasa!

CICLOMOTORES: NOVO PERMISO AM

CICLOMOTORES: NOVO PERMISO AM

Hoxe entra en vigor a parte da reforma do Regulamento Xeral de Conductores que convirte a actual licencia de conducción de ciclomotores (ata 50 cm3) nun novo permiso de conducción, o AM  A idade para conducir estes vehículos  eleva dos 14 aos 15 años, aínda que o citado permiso non autorizará a transportar pasaxeiros ata que o seu titular teña 18 anos. Para obter o permiso AM os conductores deberán superar unha proba específica de coñecementos e outra práctica en circuíto pechado.

A medida levantou críticas da industria del ciclomotor e das asociacións de motoristas, que advierten que, ante a perspectiva de elexir entre un ciclomotor aos 15 años ou unha moto de ata 125 cm3 aos 16 años (obtendo previamente o permiso A1), moitos optarán por esperar un ano, reducindo drásticamente a industria do ciclomotor.

FONTE: El Mundo:motor.