Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

NON TEÑEN PERDÓN!

NON TEÑEN PERDÓN!

 

A viñeta do humorista gráfico Davila no Xornal Faro de Vigo de hoxe plasma a situación de Galicia por mor dos incendios. Unha pena!

Eu vivino de primeira man onte cando regresaba de León pola tarde. Problemas na autovía a áltura de A Gudiña e para rematar dar a volta cara Ourense á altura da Cañiza, xa de noite. Hoxe retomei a viaxe e cheguei á casa, eso si, contemplando unha paisaxe desoladora: montes e casas queimadas, fume...

Non entendo que intereses pode haber detrás da vaga de incendios, salvo a sequía e a calor. Un atentado ecolóxico e unha perda de vidas!

Non teñen perdón!


CINE: "BLADE RUNNER 2049"

 

Esta fin de semana chega aos cines a esperada película Blade Runner 2049. Acontece despois de 35 anos do estreno da orixinal Blade Runner (1982). Conta cunha posta en escena fascinante, varios apartados técnicos sobresalientes e unha fotografía espectacular. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Blade Runner 2049

Título orixinal: Blade Runner 2049

Dirección: Ridley Scott, Denis Villeneuve

País: Estados Unidos

Año: 2017

Duración: 163 min.

Xénero: Ciencia ficción

Distribuidora: Sony Pictures Releasing de España

Produtora: Warner Bros. Pictures / Scott Free Productions / Thunderbird Films / Alcon Entertainment

Guión: Hampton Fancher, Michael Green

Produción: Andrew A. Kosove, Broderick Johnson, Bud Yorkin, Cynthia Sikes, Ridley Scott

Música: Hans Zimmer, Benjamin Wallfisch

Fotografía: Roger Deakins

Reparto: Harrison Ford, Ryan Gosling, Robin Wright, Dave Batista, Ana de Armas, Sylvia Hoeks, Mackenzie Davis, Carla Juri, David Dastmalchian, Hiam Abbass, Lennie James, Jared Leto

Sinopse: Trinta anos tras os eventos da primeira película, un novo Blade Runner, o oficial K do departamento de policía dos Ánxeles, saca á luz un segredo oculto que ten o potencial de conducir o que queda da sociedade ao caos. O descubrimento de K lévalle a unha procura para atopar a Rick Deckard, antigo Blade Runner do departamento de policía dos Ánxeles que leva desaparecido trinta anos.

Algo máis que unha película de ciencia ficción!

O QUE ME FALTABA POR VER!

O QUE ME FALTABA POR VER!

 

O humorista gráfico Davila de Faro de Vigo, trata na viñeta de hoxe un tema que parece máis un chiste, pero que é unha realidade, ao parecer: a visista de inspectores de traballo nas leiras para esixir contrato de traballo as persoas, que sen ser propietarios, están axudando a recoller patacas, uvas...

Na miña terra, sempre se fixeron traballos colaborativos: recollidase de froitos, malla... Na última vendima eu e a miña muller axudámoslle aos meus pais e aos meus sogros. Preciso un contrato? A quen se lle conte!

A onde imos!

HUMOR REAL: SATURACIÓN

HUMOR REAL: SATURACIÓN

Viñeta de Davila, no xornal Faro de Vigo do 26/09/2017

Lamentablemente é práctica común nos nosos fogares: hai que colocar ao rap@z como sexa, que non teña tempo perdido! E eu pregúntome, cando ten tempo para xogar? Si, xogar cos seus bonec@s, cos seus compañeiros, ir ao parque... Está moi ben que teña unha actividade que complemente a súa formación coma música ou calquera deporte, por exemplo, pero esto non pode condicionar todo o tempo que un rapaz ten.

O estudo é formación e calquera actividade complementaria axuda nesa formación  persoal, pero nunca pode saturala, do contrario aparecera o aburrimento e a desidia. As cousas non se fan por que si, fanse por algún motivo que vai máis alá do simple "están ocupados e eu máis tranquilo". E cando estamos os pais con eles? Cando falamos ou facemos unha actividade con eles? Contestación: os fins de semana.

Temos que procurar compartir máis momentos con eles!


NON TEMOS MEDO

NON TEMOS MEDO

 

O xenial Davila (Luis davila, Pontevedra-1972) toca na súa viñeta diaria do xornal Faro de Vigo un sentimento, compartido por min, que é a mostra de cariño e afecto polas victimas dos atentados de Barcelona e Cambrils.

Ante a barbarie hai que ter a coraxe de oporse coa fortaleza que da a unidade de todos, como onte se viu na Praza de Cataluña: "Non temos medo ".


HUMOR: OS IDIOMAS ABREN PORTAS

HUMOR: OS IDIOMAS ABREN PORTAS

 

A viñeta de hoxe do xornal Faro de Vigo, do xenial Gogue (José Angel Rodríguez López, O Grove, 1953), trata o tema do dominio dos idiomas para o traballo. Nestas datas son moitos os que se atopan no estranxeiro adquirindo ou mergullandose neles. Bo acerto!

Pero contestando á viñeta, non se se abrirá portas, pero polo menos non as pecha!

O AMOR SEN PALABRAS: IN A HEARTBEAT

 

Para contar unha historia, en ocasións non fan falta palabras. Así o demostra a curtametraxe In a Heartbeat, producido polo mexicano Esteban Bravo e a estadounidense Beth David.

O vídeo de catro minutos mostra a historia de Sherwin, a quen literalmente se lle saéselle o corazón para perseguir a Jonathan dentro das instalacións da súa escola. Ao longo do curto, o neno loita para tratar de conter a un riseiro e incansable corazón co perigo de que Jonathan decátese dos seus sentimentos.

A idea os autores busca romper o paradigma do amor entre dous nenos do mesmo xénero.

FONTE: Verne/Xornal El País

CINE: "DUNKERQUE"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película, basada en feitos reíais: “Dunkerque”, un relato do exercicio da supervivencia nun conflito bélico. Esta é a súa ficha técnica.

Título: Dunkerque

Título orixinal: Dunkirk

País: Francia, Reino Unido, EEUU

Ano: 2017

Duración: 107 min.

Xénero: Bélico

Dirección: Christopher Nolan

Distribuidora: Warner Bros. Pictures de España

Produtora: Studio Babelsberg, Syncopy, Marc Platt Productions, Cross Creek Pictures, RatPac-Dune Entertainment

Guión: Christopher Nolan

Música:  Hans Zimmer

Fotografía:Hoyte Van Hoytema

Reparto: Tom Hardy, Fionn Whitehead, Mark Rylance, Kenneth Branagh, Harry Styles, Cillian Murphy

Sinopse:  A película relata a Operación Dinamo, tamén coñecida como o milagre de Dunkerque, unha complicada operación de evacuación do destacamento aliado en territorio francés que tivo lugar a finais de maio de 1940, en plena Segunga Guerra Mundial. Esta operación permitiu o rescate de máis de 200.000 soldados británicos e máis de 100.000 franceses e belgas.

Suspense contido e moi boa música!